Lontra mariña
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Lontra mariña | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Enhydra lutris | |||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
En perigo | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Enhydra lutris (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||||||||||
Distribución da lontra mariña
|
A lontra mariña (Enhydra lutris) é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos mustélidos. É a única especie existente do xénero Enhydra. Habita no Pacífico Norte, dende o norte do Xapón até Baixa California, en México. Os adultos desta especie pesan entre 14 e 45 quilogramos, sendo o máis pesado dos mustélidos, e ó mesmo tempo, un dos máis pequenos mamíferos mariños. A diferenza doutros mamíferos mariños, esta especie ten como principal forma de illamento unha capa de pelaxe moi grosa, a máis densa de tódolos mamíferos. Malia que pode saír a terra firme, a lontra mariña vive case exclusivamente no mar. Habita preto das costas onde se mergulla até o leito mariño para facerse con comida. Aliméntase principalmente de invertebrados mariños como ourizos, moluscos, crustáceos e algúns peixes. Os seus costumes alimenticios son notables en varios aspectos. En primeiro lugar, o emprego de rochas para abrir as carapas dalgunhas das súas presas convérteo nun dos poucos mamíferos que usa ferramentas. Por outro banda, na meirande parte da súa área de distribución, é unha especie chave polo control que exerce sobre a poboación de ourizos de mar, os cales doutro xeito ocasionarían un dano extenso nos ecosistemas de bosques de algas mariñas. A súa dieta inclúe peixes de valor comercial para a industria pesqueira, propiciando un conflito entre as lontras mariñas e os pescadores.
A poboación da especie, cuxo número orixinal roldaba entre os 150 000 e os 300 000 animais, foi cazada intensamente, por mor da súa pel, entre 1741 e 1911, até reducirse nun momento dado soamente a 1000 ou 2000 exemplares. Unha prohibición internacional da súa caza, esforzos de conservación e programas de reintrodución contribuíron ó aumento da poboación. Malia isto, a especie ocupa aproximadamente unha terceira parte da súa área de distribución orixinal. A recuperación da lontra mariña considérase un fito importante na conservación mariña, pero a poboación das illas Aleutianas e de California recentemente diminuíu ou tense estancado no seu crecemento.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lontra mariña |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Lontra felina, a londra mariña de Suramérica
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Kenyon, Karl W. (1969). The Sea Otter in the Eastern Pacific Ocean. U.S. Bureau of Sport Fisheries and Wildlife (Washington, D.C.). ISBN 0486213463.
- Love, John A. (1992). Sea Otters. Golden, Colorado: Fulcrum Publishing. ISBN 1-55591-123-4. OCLC 25747993.
- Nickerson, Roy (1989). Sea Otters, a Natural History and Guide. San Francisco, California: Chronicle Books. ISBN 0-87701-567-8. OCLC 18414247.
- Silverstein, Alvin; Silverstein, Virginia e Robert (1995). The Sea Otter. Brookfield, Connecticut: The Millbrook Press, Inc. ISBN 1-56294-418-5. OCLC 30436543.
- Middleton, John (2001). Maritime Activities And Their Perception Today. California Academy of Science lecture.
- Farris, Glenn (2007). Mains'l Haul, a Journal of Pacific Maritime History, Vol 43. San Diego: Maritime Museum of San Diego. ISSN 1540-3386.
- Mathes, Michael (2008). The Russian-Mexican Frontier. Fort Ross Interpretive Association, Inc. (Jenner, California). ISBN 978-1-60643-951-7.
- VanBlaricom, Glenn R. (2001). Sea Otters. Stillwater, MN: Voyageur Press Inc. ISBN 0-89658-562-X. OCLC 46393741.
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |