Lois II de Francia
Nome orixinal | (fr) Louis II le Bègue |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1 de novembro de 846 |
Morte | 10 de abril de 879 (32 anos) Compiègne, Francia |
Lugar de sepultura | Compiègne |
Monarca da Francia Occidental | |
6 de outubro de 877 – 11 de abril de 879 ← Carlos II o Calvo – Lois III de Francia, Carlomán II → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Outro | |
Título | Rei dos francos (877–879) Rei de Aquitania (867–877) |
Familia | Dinastía Carolinxia |
Cónxuxe | Adelaide de Paris (875 (Gregoriano)–) Ansgarda de Borgonha (862 (Gregoriano)–) |
Fillos | Gisela der Franken () Ansgarda de Borgonha Lois III de Francia () Ansgarda de Borgonha Carlomán II () Ansgarda de Borgonha Ermentrude of France () Ansgarda de Borgonha Carlos III de Francia () Adelaide de Paris |
Pais | Carlos II o Calvo e Ermentruda de Orleáns |
Irmáns | Lothar the Lame Carlos, a Criança Carloman Drogo Pepino Carlos Rothilde Judite de Flandres Ermentrude Hildegarda Gisla Rotruda |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica |
Lois II de Francia[1] ou Luís II de Francia, chamado o Tatexo (en francés: Louis II le Bègue), nado o 1 de novembro de 846 e finado en Compiègne en 879, foi un rei carolinxio, fillo máis vello de Carlos o Calvo. Foi rei de Aquitania desde o 867 e sucedeu ao seu pai como rei de Francia en 877[2].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do emperador Carlos II o Calvo e da súa muller Ermentruda de Orleáns, naceu o 1 de novembro de 846.
Revoltouse contra o seu pai en 862 e aliouse con Pipino II de Aquitania e cos bretóns rebeldes, pero foi rapidamente sometido e foi perdoado. Morto o seu irmán Carlos o Neno o 29 de decembro do 866, o seu pai designouno novo rei de Aquitania e coroouno a mediados de Coresma no 867 nun palacio real nas beiras do Loira chamado Bellus Pauliacus. Os señores de Aquitania recoñecérono e o seu pai dispuxo para o seu servizo varios oficiais, entre eles Bernardo Plantapilosa, conde de Auvernia, aínda que Lois permaneceu ao seu carón sen poder ir a Aquitania xa que non se fiaba.
Na asemblea de Servais na pascua de 872, Carlos o Calvo regulou, entre outras cousas, os asuntos do Reino de Aquitania e decidiu enviar a Lois ao reino e confiarlle a administración pero para se asegurar de que non faría nada conta el adxudicoulle un ministro de plena confianza do que dependía totalmente. Este posto foi conferido a Bosón de Vienne, o seu cuñado, que xa era duque de Lión, e ao que nomeou camareiro e mestre de uxieres (magister hostiariorum). Como pago deste traballo de confianza déuselle o condado de Bourges ou Berry, que antes fora propiedade dun tal Xerardo[3], pero ao que o rei Carlos desposuíra. Para a administración de Aquitania Bosón tivo como adxuntos a Bernardo de Gotia e a Bernardo Plantapilosa do condado de Autun aos que lle deu o condado de Auvernia (quizais debido á morte do fillo Guerino, conde como neto do último Bernardo I de Auvernia, cuxa filla e nai de Guerino era a esposa de Bernardo Plantapilosa, e Bernardo xa debía ser o rexente e administrador). Carlos enviou a Lois acompañado de Bosón a Bourges, a capital do reino.
Á morte do seu pai no 877, foi coroado rei dos francos, polo arcebispo Hincmaro de Reims o 8 de decembro de 877 en Compiègne, pero non emperador. No 878, pouco despois da súa coroación, aliouse con Bosón, conde de Vienne, e con Hugo, marqués de Neustria, conde de Tours, de Angers e de Auxerre, abade laico de Saint-Germain de Auxerre, de Saint-Julien de Auxerre, Saint-Aignan de Orléans, Saint-Riquier, Saint-Bertin, Saint-Martin de Tours, Saint-Vaast de Arras e Sainte-Colombe de Sens, e arcebispo de Colonia en 864, contra o rebelde Bernardo de Gotia a quen conseguiu someter. Bernardo foi privado das súas honras que lle foron dadas a outros nobres. Guifredo o Piloso, conde de Cerdaña e Urgell, recibiu os condados de Barcelona e Xirona (con Besalú), e o seu irmán Mirón o Vello, conde de Conflent, recibiu o Rosellón.
Lois II morreu en Compiègne o 10 de abril do 879 e sucedérono os seus dous fillos maiores.
Familia
[editar | editar a fonte]Nupcias e descendentes
[editar | editar a fonte]En 862 casou con Ansgarda de Borgoña coa que tivo dous fillos, Lois III de Francia e Carlomán II, e tres fillas Xisela, Hildegarda e Ermentruda.
Separado da súa muller, no 878 casou con Adelaida de Friúl, coa que tivo, postumamente, ao futuro Carlos III o Simple.
Devanceiros
[editar | editar a fonte]16. Pipino o Breve | ||||||||||||||||
8. Carlomagno | ||||||||||||||||
17. Bertrada de Laon | ||||||||||||||||
4. Lois I o Piadoso | ||||||||||||||||
9. Hildegarda | ||||||||||||||||
2. Carlos II o Calvo | ||||||||||||||||
10. Welf | ||||||||||||||||
5. Xudite de Baviera | ||||||||||||||||
11. Hedwig de Baviera | ||||||||||||||||
1. Lois II o Tatexo | ||||||||||||||||
6. Odón I de Orleáns | ||||||||||||||||
3. Ermentruda de Orleáns | ||||||||||||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-07.
- ↑ Armengol, Montse (outubro 2012). "El fundador de la nissaga catalana" (núm. 121). Barcelona. ISSN 1695-2014.
- ↑ Non podería ser Xerardo de Auvernia morto en 841, e dificilmente Xerardo de Rosellón, retirado e morto uns dous anos despois con máis de 60 anos, se cadrar 70; no se puido identificar a súa familia
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lois II de Francia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Luís". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. pp. 1259–1260. ISBN 978-84-8288-942-9.
Nome de dezaoito reis de Francia...
- Devic, Claude & Vaissette, Joseph (1872): Histoire générale de Languedoc (en francés). Tolosa: Editora Edouard Privat (Ver outras edicións en Google Books Vol. 1 (1840), Vol. 2 (1840), Vol. 3 (1841), Vol. 4 (1749), Vol. 5 (1842), Vol. 6 (1843), Vol. 7 (1843), Vol 8 (1844), Vol 9 (1845).