Saltar ao contido

Lingua zazaki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zazaki
Zaza, Zazaki, Kirmanjki, Kirdki e Dimli
Falado en: Turquía
Rexións: Tunceli, Bingol, Erzincan, Sivas, Elazig, Erzurum, Malatya Provincia de Gümüşhane, Provincia de Şanlıurfa e Varto, Porvincia de Adıyaman
Total de falantes: 1,6 millóns (1998)
Familia: Indoiraniano
 Iraniano
  Iranio occidental
   Iranio noroccidental
    Zaza-gorani
     Zazaki
Escrita: Latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: zza (B)--- (T)
ISO 639-3: zza
Mapa
Status

O zazaki está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

A lingua zazaki, tamén chamada zaza, kirmanjki, kirdki e dimli, é unha lingua indoeuropea falada principalmente no leste de Turquía polos zazas. A lingua forma parte do grupo occidental das linguas iranias, e pertence ó grupo dialéctico zaza–gorani.[2] O zazaki comparte moitos trazos, estruturas e vocabulario co gorani. O zazaki tamén ten algunhas semellanzas co talysh e outras linguas caspias.[3] Segundo o Ethnologue (que cita [Paul 1998]),[3] o número de falantes está entre 1,5 e 2,5 millóns (incluíndo todos os dialectos). Segundo Nevins, o número está entre 2 e 4 millóns.[4]

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Encyclopædia Iranica Con todo, as linguas conservaron moitas isoglosas que os separan dos dialectos da rexión do Caspio meridional, e a súa asignación correspóndese claramente co grupo de dialectos do Caspio do iranio do noroeste.
  3. 3,0 3,1 "The Position of Zazaki Among West Iranian languages by Paul Ludwig" (PDF). Consultado o 24 de decembro de 2013. 
  4. Anand, Pranav; Nevins, Andrew. Massachusetts Institute of Technology, ed. "Shifty Operators in Changing Contexts" (PDF). p. 17. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de maio de 2005. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]