Saltar ao contido

Lei de Siebs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A lei de Siebs é unha regra fonolóxica protoindoeuropea que recibe os eu nome do lingüista alemán Theodor Siebs.

Segundo esta lei se un s móbil se engade a unha raíz que comece cunha oclusiva sonora ou aspirada, esa oclusiva enxordece. Siebs propuxo esta lei en Zeitschrift für vergleichende Sprachforschung auf dem Gebiete der indogermanischen Sprachen, como Anlautstudien (Berlín 1904: 37.277-324).

Oswald Szemerenyi rexeitou esta regra, explicando que é insostíbel e cita a contradición presente no avéstico zdī do protoindoeuropeo *s-dʰi "se!" como contraexemplo (Szemerenyi 1999: 144). Con todo, a forma protoindoeuropea reconstrúese máis precisamente como *h₁s-dʰí e así a lei de Siebs semella demandar que a sibilante e a oclusiva aspirada sexan adxacentes e tautosilábicos, algo que se sabe que só ocorre en posición inicial de palabra en protoindoeuropeo de todas formas.

Compárese:

  • protoindoeuropeo *bʰṛHg- > latín fragor, pero protoindoeuropeo **s-bʰṛHg- > protoindoeuropeo *spʰṛHg- > sánskrito sphūrjati. (os asteriscos dobres indican unha forma non testemuñada).

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • N. E. Collinge (1985): The Laws of Indo-European. John Benjamins Publishing Co. ISBN 978-0915027750.
  • Oswald Szemerenyi (1999): Introduction to Indo-European Linguistics. Oxford University Press. ISBN 978-0198238706