Saltar ao contido

Lee Ranaldo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLee Ranaldo

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de febreiro de 1956 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Glen Cove, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Binghamton (pt) Traducir
Oyster Bay High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Nova York Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónguitarrista, cantautor, músico, artista visual, director de fotografía, produtor musical, cantante, compositor, poeta, artista de instalacións Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1980 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoRock alternativo e indie rock Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra, voz e instrumento musical electrónico Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoMatador Records
Drunken Fish Records (en) Traducir
Neutral Records Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeLeah Singer Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteUbuWeb Editar o valor en Wikidata
Sitio websonicyouth.com… Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0007145 Rottentomatoes: celebrity/lee-ranaldo
Twitter: leeranaldo Bandcamp: leeranaldo1 Spotify: 4tXPSo0qk91VMP3wFxL0Fo Musicbrainz: 6eb1f3f8-5c5a-41c2-a390-f397a2b824a3 Songkick: 548203 Discogs: 40978 Allmusic: mn0000813019 Editar o valor en Wikidata
Ranaldo's Moonlander,Yuri Landman, 2007

Lee M. Ranaldo, nado on 3 de febreiro de 1956 en Glen Cove, Nova York, é un músico, escritor, produtor e artista visual estadounidense coñecido por ser vocalista, guitarrista, compositor e cofundador da banda de rock alternativo Sonic Youth. No ano 2004 a revista Rolling Stone elixiu a Ranaldo e ao seu compañeiro Thurston Moore o 33 e 34 mellores guitarristas de todos os tempos respectivamente.[1] No mes de maio de 2012 a revista Spin publicou unha lista dos 100 mellores guitarristas, e Ranaldo e Moore quedaron situados no número 1.[2]

Ranaldo ten tres fillos, Cody Linn Ranaldo, Sage Ranaldo e Frey Ranaldo, e está casado coa artista experimental Leah Singer, coa cal ten feito moitas performances en directo con música improvisada.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Ranaldo naceu en Glen Cove, Long Island, Nova York. Medrou escoitando discos dos Rolling Stones, The Kinks, Cream, Led Zeppelin, Talking Heads e Television, e graduouse na Binghamton University. Ten tres filos, Cody, Sage e Frey, e casou dúas veces, primeiro con Amanda Linn en 1981 da que se divorciou, e agora coa artista experimental Leah Singer.

Mentres estaba na universidade tocou nunha banda experimental de punk rock chamada Fluks.[3] En 1979 trasladouse a Brooklyn onde intentou revivir Fliks e onde se uniu a diversos proxectos como Guitar Trio con Rhys Chatham[3] e Plus Instruments.[4] A través de Chatham coñecería ao compositor Glenn Branca e uniuse á súa orquestra de guitarras eléctricas.[5] Un ano máis tarde Thurston Moore oganizou o Noise Festval na galería de arte White Columns e convidouno a formar parte do seu grupo, no que tamén estaba a súa moza Kim Gordon, nacendo así Sonic Youth. Ao pouco tempo uniríaselles o batería Richard Edson.

Ademais da súa actividade con Sonic Youth, Ranaldo vén sendo unha figura moi activa na escena musical de Nova York, gravando e colaborando con numerosos artistas, producindo discos, e publicando varios libros.[5]

Entre as gravacións en solitario de Ranaldo atópanse Dirty Windows, unha colección de textos falados con música; Amarillo Ramp (For Robert Smithson), pezas para guitarra; e Scriptures of the Golden Eternity. Escribiu tamén libros, moitos dos cales inclúen imaxes e fotografías da súa muller, como Bookstore, Road Movies e Jrnls80s.

Discografía en solitario

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo Notas
From Here to Infinity 1987 SST Records, Blast First
Scriptures of the Golden Eternity 1993 Father Yod, Drunken Fish Records
Dirty Windows 1999 Barooni
Amarillo Ramp (For Robert Smithson) 2000 Starlight Furniture Co.
Outside My Window The City Is Never Silent - A Bestiary 2002 Chocolate Monk, Hell's Half Halo
Music for Stage and Screen 2004 Les Disques Du Soleil Et De L'Acier
Ambient Loop for Vancouver 2006 Important Records
Maelstrom from Drift 2008 Three Lobed Recordings
Between the Times and the Tides 2012 Matador Records
Last Night on Earth 2013 Matador Records con The Dust
Acoustic Dust 2014 El Segell con The Dust
Electric Trim 2017 Mute Records

EPs e sinxelos

[editar | editar a fonte]
  • A Perfect Day EP (1992)
  • Broken Circle / Spiral Hill EP (1994)
  • Countless Centuries Fled Into The Distance Like So Many Storms EP (2008)

Recompilatorios

[editar | editar a fonte]
  1. https://www.rollingstone.com/music/lists/100-greatest-guitarists-of-all-time-19691231/lee-ranaldo-19691231
  2. "SPIN's 100 Greatest Guitarists of All Time .". spin.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2013. Consultado o 03 de febreiro de 2014. 
  3. 3,0 3,1 "Maximum Drama: Lee Ranaldo's 13 Favourite Albums". The Quietus (en inglés). 2017-11-08. Consultado o 2024-10-20. 
  4. "79/80, by Plus Instruments". DMR (en inglés). Consultado o 2024-10-20. 
  5. 5,0 5,1 Billboard (ed.). "Biografía en Billboard". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2016. Consultado o 18 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.