Kunlun
(zh) 昆仑山 | ||||
Tipo | cordilleira | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | cinturón alpino | |||
Localización | ||||
Continente | Asia | |||
División administrativa | República Popular da China | |||
| ||||
Características | ||||
Altitude | 7.167 m | |||
Dimensións | 3.000 () km | |||
Punto máis alto | Liushi Shan (pt) (7.167 m ) | |||
Historia | ||||
Período de tempo | Carbonífero | |||
Kunlun (en chinés: 昆仑山, tradicional: 崑崙山, Kūnlún Shān; en mongol: Хөндлөн Уулс, Khöndlön Uuls; en uigur: كۇئېنلۇن تاغ تىزمىسى) é unha das máis longas cadeas montañosas de Asia, estendéndose ao longo de máis de 3000 km.
Corre ao longo do bordo occidental da China, cara ao Sur, á beira da cordilleira do Pamir, curvándose logo cara ao leste para formar a fronteira norte do Tíbet. Esténdese ao sur do que se denomina a conca do Tarim, o Taklamakan ou deserto das "casas soterradas na area" e o deserto de Gobi. A cordilleira ten preto de 200 picos de altura superior aos 6000 metros. O tres picos máis altos son o Kongur Tagh (7719 m), o Dingbei (7625 m) e o Mutzagata (7546 m). Estes picos atópanse na cordilleira Arkatag dentro do complexo de cordais.
Cara ao sur, unha rama das montañas Kunlun dá lugar á zona de captación das concas dos dous ríos máis longos da China, o Yangtzé e o río Amarelo.
A cordilleira formouse no lado norte da placa india durante a súa colisión a finais do Triásico, coa placa eurasiática, dando lugar ao peche do océano Paleo-Thetys.
Extensión
[editar | editar a fonte]A definición exacta da cordilleira varía. Unha fonte antiga emprega Kunlun para identificar o cinto de montañas que cruzan o centro da China,[1] é dicir, Kunlun en sentido estreito: Altyn Tagh xunto coas montañas Qilian e Qin. Outra fonte recente[2] considera que o Kunlun forma a maior parte da cara sur da conca do Tarim e logo continúa polo leste e o sur de Altyn Tagh. Sima Qian (Rexistros do Grande Historiador, rolo 123) di que o emperador Wu de Han enviou homes a atopar o nacemento do río Amarelo e deu o nome de Kunlun ás montañas da súa fonte. O nome parece que se orixinou como un lugar semimítico no texto clásico chinés Clásico das Montañas e dos Mares.
Mitoloxía
[editar | editar a fonte]As montañas Kunlun son moi coñecidas na mitoloxía chinesa, e considérase que encerran o paraíso taoísta. O primeiro en visitar este paraíso foi, segundo a lenda, o rei Mu (1001-947 a.C.) da dinastía Zhou. Supostamente descubriu o Palacio de Xade de Huangdi, o mítico emperador amarelo, e atopou a Xiwangmu, a Raíña Nai do Oeste, que tamén ten o seu mítico refuxio nestas montañas.
Na cultura popular
[editar | editar a fonte]As montañas Kunlun (escritas como "Kuen-Lun") descríbense como o lugar no que está o mosteiro de Shangri-La na novela de 1933 Lost Horizon do inglés James Hilton.
As montañas son a localización da cidade ficticia de K'un Lun na banda deseñada de Marvel Comics Iron Fist e na serie de televisión homónima.[3]
No Kunlun ambiéntase unha misión do videoxogo de 2013 Battlefield 4 en que aparece unha prisión chinesa de alta seguridade situada nas montañas. O mapa multixogador Operation Locker tamén inclúe o lugar.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Richard, L. (1908). Comprehensive Geography of the Chinese Empire. OCLC 2281016.
- ↑ National Geographic Atlas of China, 2008
- ↑ Young, Sage (16 de marzo de 2017). "What Is K'un-Lun In 'Iron Fist'? The "Lost City" Has A Mystical History". www.bustle.com. Bustle Digital Group. Consultado o 19 de novembro de 2018.
It's located in the Kunlun Mountains in Tibet, which is a real Chinese mountain range.
- ↑ Whitehead, Dan (31 de outubro de 2013). "The Maps of Battlefield 4". Eurogamer (en inglés). Consultado o 24 de setembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kunlun |
A Galipedia ten un portal sobre: China |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Munro-Hay, Stuart Aksum. Edimburgo: University Press. 1991. ISBN 0-7486-0106-6.