Saltar ao contido

José Ogea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Ogea

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de agosto de 1845 Editar o valor en Wikidata
Cortegada, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de decembro de 1909 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Cortegada, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, político Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX1163126 BUSC: ogea-jose-1845-1909

José Ogea Otero, ás veces José Ojea Otero, nado en Cortegada o 16 de agosto de 1845 e finado no mesmo concello o 3 de decembro de 1909,[1] foi un político e escritor galego, membro numerario da Real Academia Galega desde a súa fundación.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
De pé, de esquerda a dereita, Uxío Carré Aldao, Florencio Vaamonde Lores, Francisco Tettamancy e Eladio Rodríguez González. Sentados, José Ogea, Manuel Murguía, Manuel Curros Enríquez e Andrés Martínez Salazar, na Coruña, en outubro de 1904.

Militou no Partido Republicano e participou en pronunciamentos e movementos políticos en favor da Primeira República Española. Foi deputado no Congreso polo distrito de Bande (1873-1874). Ao caer a República, foi perseguido e tivo que exiliarse en Portugal. Co reinado de Afonso XII puido regresar á súa casa de Cortegada onde se dedicou a escribir.

Foi amigo dos grandes intelectuais do Rexurdimento como Manuel Curros Enríquez (ao que lle escribiu o prólogo de Aires da miña terra) e Manuel Murguía (que prologou a súa obra Célticos. Cuentos y leyendas de Galicia).

Entre outras:

  • La visión dantesca. Vigo: Imp. de M. Fernández Dios, 1882.
  • Céltigos. Cuentos y leyendas de Galicia. Ourense: Imp. por Antonio Otero, 1883. Prólogo de Murguía.
  • El mundo rural. Cuadros de costumbres. A Coruña: Andrés Martínez, 1890. Reedición na Biblioteca Gallega de Martínez Salazar.
  • Olas rugientes: estudio dramático-filosófico. Ourense: Imp. de El Miño, 1898.[2]
  • No seminario da Habana, La Tierra Gallega, dirixido por Curros Enríquez, publicou a novela “Regalo de la vida”, que comezou a saír no nº 60 (1895).
  • No semanario En Marcha, da mesma capital, viu a luz en 1906 a novela “Gentes sencillas”.
  1. "José Ogea Otero". Real Academia Galega. 
  2. Ogea, José (1898). Olas rugientes estudio dramático - filosófico. Galiciana. Biblioteca dixital de Galicia. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]