Saltar ao contido

Xoán Airas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Johan Airas»)
Modelo:BiografíaXoán Airas
Biografía
Nacemento1250 ↔ 1300 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XIV Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor en Wikidata

BUSC: johan-airas-burgues-de-santiago

Xoán Airas[1][2] ou Johan Airas foi un trobador galego do século XIII.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Procede dunha familia burguesa de Santiago de Compostela, segundo el mesmo manifesta nalgunha das súas composicións. Da súa obra dedúcese que estivo activo na corte de Afonso X e que tamén compuxo en tempos de Sancho IV.[3] Ten algunha composición ambientada na cidade de Santiago de Compostela.[4]

É autor de 81 textos: 21 cantigas de amor, 45 cantigas de amigo[5], 2 sirventeses morais, 10 cantigas de escarnio e maldicir e 2 tenzóns. Seu estilo literario difire do resto dos compositores de cantigas de amigo, xa que non recorre ao simbolismo típico do xénero, senón que semella buscar unha renovación empregando recursos supostamente autobiográficos e refráns populares da súa época.[5]

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-18. 
  2. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-18. 
  3. "Johan Airas de Santiago | Real Academia de la Historia". Consultado o 2021-01-09. 
  4. "Siempre Compostela" (en castelán). Consultado o 2021-01-16. 
  5. 5,0 5,1 Rip Cohen. 500 Cantigas d’Amigo, edição crítica/critical edition. Porto: Campo das Letras, 2003

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]