Janet Gardner
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de marzo de 1962 (62 anos) Juneau, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Bridgeport |
Actividade | |
Ocupación | cantante, compositora, guitarrista |
Período de actividade | 1983 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Hard rock |
Instrumento | Guitarra e voz |
Janet Patricia Gardner, nada en Juneau (Alasca) o 21 de marzo de 1962, é unha música e compositora estadounidense, coñecida popularmente por ser a vocalista da banda de glam metal Vixen.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É filla de Rulon B. Gardner, enxeñeiro civil que traballou durante anos no Servizo Forestal dos Estados Unidos en Alasca e Utah, pero na súa gran maioría en Bozeman (Montana), onde Janet creceu.[1] A súa nai Margaret era unha pianista dunha igrexa dos Santo dos Últimos Días.[2] Desde moi pequena uniuse a varios coros escolares, onde ademais aprendeu a tocar o piano e a guitarra.
Iniciou a súa carreira en 1980 cando foi convidada pola guitarrista Jan Kuehnemund a unirse a Vixen, logo de vela cantar nun pub.[3] Ao ano seguinte fixo a súa primeira aparición xunto a Vixen na película Hardbodies, personificando á banda de ficción Diaper Rash.
En 1988 e logo de asinar co selo EMI Music, alcanzou a fama xunto á banda grazas aos seus discos Vixen e Rev It Up, pero ao pouco tempo separáronse por diferenzas musicais. En 1997 e xunto a Roxy Petrucci reformaron a agrupación e gravaron Tangerine, pero ao non posuír a autorización de Jan disolvéronse en 1999.
En 2004 participou na reunión de Vixen para o programa de televisión Bands Reunited da canle VH1. Anos despois e xunto a Share Pedersen, Roxy e Gina Stile decidiron crear unha nova versión de Vixen chamada simplemente VXN, pero para non ter problemas con Jan por asuntos de dereitos de autoría, cambiárono a JSRG. En decembro de 2013 xunto a Roxy, Share e Gina refundaron Vixen, como unha maneira de manter o legado de Jan, que faleceu de cancro dous meses antes. Doutra banda, en 2017 publicou até agora o único disco de estudo epónimo da súa carreira en solitario.[4] O 16 de xaneiro de 2019, publicou en Facebook que a súa retirada de Vixen quedou definitiva.[5]
En 2005 titulouse como hixienista dental na Universidade de Bridgeport.[6] Vive en Trumbull (Connecticut) a canda seu home Justin James.[4] Antes casara con Andy Katz, un técnico de son e guitarrista, con que ten un fillo que se chama Ryan.
Discografía
[editar | editar a fonte]con Vixen
[editar | editar a fonte]En solitario
[editar | editar a fonte]- Janet Gardner (2017)
- Your Place in the Sun (2019)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Rulon Bowen Gardner (1923-2006) - Fins a grave Memorial".
- ↑ "In Memory of Margaret Afton Gardner".
- ↑ "Vixen - Metaladies". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2020. Consultado o 17 de abril de 2018.
- ↑ 4,0 4,1 "VIXEN Vocalist JANET GARDNER Signs With PAVEMENT ENTERTAINMENT; Debut Solo Album Due In August".
- ↑ "Entrada en Facebook o 16 de xaneiro de 2019".
- ↑ "Original Vixen singer Janet Gardner issues update".