Jailbreak de iOS
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
O jailbreak de iOS é a forma de evitar as limitacións impostas por Apple en dispositivos que usen o sistema operativo a través do uso de kernels modificados. Foi desenvolvido por Jay Freeman (saurik). A primeira persoa en conseguilo foi George Hotz (Geohotz). Tales dispositivos inclúen o iPhone, iPod Touch, iPad e a Apple TV de segunda xeración. O jailbreak permite aos usuarios acceder ao sistema de arquivos do sistema operativo, permitíndolles instalar aplicacións adicionais, extensións e temas que non están dispoñibles na App Store oficial. Un dispositivo con jailbreak pode seguir usando a App Store, iTunes e as demais funcións normais, como por exemplo realizar chamadas.
O jailbreak é necesario se o usuario quere executar software non autorizado por Apple. O tethered jailbreak require que o dispositivo estea conectado a un ordenador cada vez que se inicie o sistema, un untethered jailbreak permite ao dispositivo iniciar sen ningunha asistencia adicional e por último existe o semitethered jailbreak que consiste en executar o jailbreak a través dunha aplicación porque, ao reiniciar o sistema, eliminase o jailbreak.
O Digital Millennium Copyright Act ditamina que facer jailbreak a dispositivos Apple é legal nos Estados Unidos por agora, pero Apple anunciou que tal práctica invalida a garantía.
A ferramenta de Jailbreak está dispoñible en dispositivos con iOS 9.1/9.2/9.3.3 como máximo e con procesadores de 64bits, quedando fóra da posibilidade de “Hackeo” iDevices como iPod Touch 5G, iPhone 4S e iPhone 5, posto que, aínda que soporta iOS 9.3.3, o seu procesador é de 32bits. Pangu foi o encargado de realizar este Jailbreak, que se diferenza do resto de Jailbreaks publicados por esta compañía pola complexidade á hora de realizalo e a "caducidade" do mesmo, que require de renovación a licenza tras unha semana ou tras un ano de uso, dependendo do método utilizado.
Actualmente xa está dispoñíbel o jailbreak para as versións de iOS, 10.x ~ 10.2.1, coa axuda dunha ferramenta chamada "Yalu102" desenvolvida por Luca Tudesco.