Saltar ao contido

Inocencio IV, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Inocencio IV»)
Modelo:BiografíaInocencio IV, papa

(década de 1200) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Innocentius PP. IV Editar o valor en Wikidata
Biografía
NacementoAntes de 1190 Editar o valor en Wikidata
Xénova, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte7 de decembro de 1254 Editar o valor en Wikidata
Nápoles, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Nápoles (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
180º Papa
25 de xuño de 1243 – 7 de decembro de 1254
← Celestino IVAlexandre IV →
Cardeal presbítero San Lorenzo in Lucina (pt) Traducir, São Lourenço em Lucina (pt) Traducir
18 de setembro de 1227 – 25 de xuño de 1243
Roman Catholic Bishop of Albenga-Imperia (en) Traducir
1225 – 1226
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Parma (pt) Traducir
Universidade de Boloña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbispo católico (1243 (Gregoriano)–), sacerdote católico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Boloña Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiUgo Fiesco, Count of Lavagna Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX976929 Find a Grave: 6926282 Editar o valor en Wikidata

Inocencio IV, nado en Xénova cara ao 1185 e finado en Nápoles o 7 de decembro de 1254, foi o Papa nº 180 da Igrexa católica.

De nome Sinibaldo Fieschi, foi o último representante da teocracia pontificia. Formouse en Parma e Boloña, sendo profesor de dereito canónico nesta última cidade. O 23 de setembro de 1227 foi nomeado cardeal-párroco de San Lourenzo en Lucina; o 28 de xullo de 1228, vice-chanceler de Roma; en 1235 bispo de Albenga e legado no norte da Península Itálica. Foi elixido Papa o 25 de xuño de 1243, tras máis de ano e medio coa sede vacante trala morte de Celestino IV.

Con ocasión da celebración do conclave para elixilo Papa, Federico II controlaba os arredores de Roma, sendo de facto quen dominaba os Estados Pontificios. Con esta situación pretendeu controlar a elección papal, ó que a maioría dos cardeais se opuxo. Elixido Inocencio IV, Federico II enviou emisarios para acodar a paz. Federico II fora proscrito por Gregorio IX e buscaba a toda costa un acordo coa Igrexa, pero sen renunciar ó seu poder e influencia nas decisións eclesiásticas. Pola súa parte, Inocencio era un home convencido de que o poder da Igrexa, e en concreto da figura papal, debía estar por riba dos gobernantes e os reis.

Nesta situación, Inocencio esixiu de Federico o recoñecemento do dano que causara á Igrexa. Finalmente chegaron a un acordo o 31 de marzo de 1244. Nel restituíanse á Igrexa as súas posesións, especialmente os Estados pontificios, e liberábase ós prelados favorables ó Papa que mantiña presos o emperador. Aínda que firmara a paz con el mercede á mediación do rei de Francia, sentiuse incómodo en Italia pola presenza da milicia imperial, e decidiu refuxiarse en Lión co apoio dos xenoveses. Convocou o 3 de xaneiro de 1245, nada máis chegar á cidade, o Concilio de Lión I pese á oposición do emperador. Sentíndose forte, Inocencio procedeu a realizar novas acusacións durante a celebración do concilio contra o emperador e terminou por excomungalo o 17 de xullo por non organizar unha nova cruzada, e ditou a bula Agni sponsa nobilis para declarar o poder supremo da Igrexa fronte ós gobernantes. Federico organizou tropas para enfrontarse ó papado; Inocencio, pola súa parte, pretendeu organizar unha cruzada contra o propio emperador mobilizando ós príncipes alemáns. Nese camiño pretendeu a elección de Henrique Raspe e, aínda que foi proclamado emperador o 22 de maio de 1246, nunca foi recoñecido como tal. Ó mesmo tempo provocou o alzamento contra o emperador de moitas cidades do norte de Italia, obtendo a vitoria as tropas papais o 26 de maio de 1249.

Morto Federico II en 1250, continuou a súa loita contra Conrado IV, fillo e sucesor daquel, propoñendo para os alemáns a Guillerme de Holanda. Recuperou o Reino de Sicilia para o papado, ofrecéndoo sucesivamente a Ricardo de Cornwall, irmán de Henrique III de Inglaterra, ó seu fillo Edmundo o Chepudo e a Carlos de Anjou. Todos o rexeitaron, mentres Conrado IV e Manfredo (bastardo de Federico II) controlaban pola forza das armas Nápoles e Sicilia. Á morte de Conrado, a posición do seu fillo Conradino era tan precaria que negociou co Papa. Por un tratado firmado en setembro de 1254, Apulia pasou a ser propiedade papal. O gobernante de Apulia, Manfredo, sospeitou da conduta do pontífice ó visitar a súa nova terra, polo que fuxiu cos sarracenos, que o axudaron a derrotar ás tropas papais en Foggia o 2 de decembro de 1254. Inocencio, enfermo, faleceu en Nápoles o 7 de decembro, como consecuencia do efecto que a noticia da derrota tivo na súa desastrada saúde.

Ademais dos seus enfrontamentos coa dinastía Hohenstaufen, interveu na política de Inglaterra (protexendo a Henrique III), na de Austria, Hungría e Portugal.

As profecías de San Malaquías refírense a el como Comes laurentius (O conde de Lourenzo), facendo referencia ó título nobiliario que ostentaba ó ser elixido pontífice, Conde de Lavagne de San Lourenzo.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.