Saltar ao contido

Ifixenia de Etiopía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIfixenia de Etiopía

Imaxe na catedral de Tui.
Biografía
NacementoSéculo I
Etiopía
MorteSéculo I
Etiopía
RelixiónCristianismo
Actividade
Ocupaciónmonxa cristiá Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa21 de setembro Editar o valor en Wikidata


Ifixenia de Etiopía[1] é unha santa da Igrexa copta e da Igrexa católica. Foi unha das responsables do espallamento do cristianismo en Etiopía. A súa festividade é o 21 de setembro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ifixenia era filla do rei etíope Egipo a principios do século I. Tiña un irmán maior, chamado Efronio.[2] Aos oito anos da Ascensión de Xesús, chegou San Mateu á terra dos nubios, ou sexa, Etiopía. Alí buscou a aquel eunuco etíope bautizado polo diácono San Filipe, que xa regresara á súa terra e esperaba apóstolos de Cristo. Este eunuco introduciu na corte a Mateu. Mateu predicou, derrotou aos magos pagáns Arfaxad e Zoroes, expulsou demos e converteu as xentes. Decatado o rei, tomou partido neutral, permitiu a predicación do cristianismo, pero continuou preferindo a relixión anterior. Con todo, Ifixenia abrazou rotundamente o cristianismo, e buscou a maneira de facelo vir ao palacio para que instruíse o seu pai. Como non o lograba, enfermou de tristura.

Foi dedicada a Deus por San Mateu. Cando Hirtaco sucedeu o rei, prometeulle ao apóstolo a metade do seu reino se persuadía a Ifixenia a casar con el. Mateu convidou o rei a unha misa onde lle explicou que Ifixenia xa estaba consagrada ao Señor. Enfurecido, Hirtaco mandou os seus homes matar a Mateu ao pé do altar, converténdose en mártir da fe cristiá.

Unha lenda conta que ao non inclinar a Ifixenia ao seu desexo, Hirtaco tratou de destruír o seu fogar con lume. Con todo, o apóstolo apareceu e protexeu a casa das chamas, dirixíndoas cara ao palacio real. O fillo do rei foi tomado por diaño e o rei mesmo contraeu lepra, eventualmente matándoo. A xente entón escolleu o irmán de Ifixenia como o seu rei, quen reinou por 70 anos, deixando o seu reino ao seu fillo que construíu varias igrexas cristiás en Etiopía.[3]

Cóntanse 76 imaxes desta santa entre Portugal, España e as súas excolonias.[4] En Galicia, soamente se atopa na catedral de Tui e no convento de San Domingos de Betanzos.[4]

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-01. 
  2. The Golden Legend of Jacobus de Voragine, trans. and adapted by Ryan, Granger and Helmut Ripperger. (Arno Press: Longmans, Green & Co) 1941. pp. 561-566.
  3. "St Matthew the Apostle from The Golden Legend". Arquivado dende o orixinal o 18 de noviembre de 2012. Consultado o 17 de octubre de 2009. 
  4. 4,0 4,1 Castañeda García, Rafael; Vincent, Bernard (2021-10-02). "Las representaciones de santa Ifigenia en las monarquías ibéricas, siglos XVII-XVIII". Atlante. Revue d'études romanes (en castelán) (15). ISSN 2426-394X. doi:10.4000/atlante.8669.