Humphry Davy
Humphry Davy, nado en Penzance en 1778 e finado en Xenebra en 1829, foi un químico córnico. Foi profesor da Royal Institution of Great Britain dende 1801, foi tamén presidente da Royal Society (1820-1827).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1800 Alessandro Volta presentou a primeira batería eléctrica e Davy empregouna para separar sales nun proceso coñecido hoxe como electrólise, con varias baterías en serie conseguiu separar o potasio e o sodio en 1807 e calcio, estroncio, bario e magnesio en 1808. Davy tamén estudou as enerxías envolvidas na separación destes sales, o que hoxe se coñece como electroquímica.
En 1812 casou cunha viúva rica, logo dunha viaxe por varios países europeos, inventou a lámpada que leva o seu nome, empregada para evitar as explosións de grisú nas minas. En 1813 publica Elements of agricultural chemistry in a course of lectures for the board of agriculture.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Humphry Davy |
A Galicitas posúe citas sobre: Humphry Davy |