Saltar ao contido

Hilary Putnam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHilary Putnam

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de xullo de 1926 Editar o valor en Wikidata
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte13 de marzo de 2016 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Arlington, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemesotelioma maligno recorrente Editar o valor en Wikidata
ResidenciaMassachusetts (1961–) Editar o valor en Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de California, Os Ánxeles - filosofía (–1951)
Central High School (en) Traducir
Universidade de Pensilvania
Universidade Harvard Editar o valor en Wikidata
Director de teseHans Reichenbach Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía, filosofía da linguaxe, Filosofía da mente e lóxica matemática Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmatemático, escritor de non ficción, profesor universitario, filósofo, informático teórico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Princeton
Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Universidade Harvard
Universidade do Noroeste Editar o valor en Wikidata
Partido políticoProgressive Labor Party (en) Traducir (1968–1972) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
Obra
Obras destacables
DoutorandoPaul Benacerraf, George Boolos (pt) Traducir, Jerry Fodor (pt) Traducir, Herbert Enderton (pt) Traducir, C. Ward Henson (en) Traducir, David Frederick Isles (en) Traducir, Frank Wilson Thompson (en) Traducir, Miriam L. Lucian (en) Traducir, Stephen Louis Bloom (en) Traducir, Leslie Howard Tharp (en) Traducir, Joan Donaldson Lukas (en) Traducir, David Lewis, Norman Daniels (en) Traducir, Daniel Garber (pt) Traducir, Norbert Hornstein (en) Traducir, Elliott Sober (pt) Traducir, James F. Conant (en) Traducir, Elijah Millgram (en) Traducir, Ludger Herbert Viefhues-Bailey, Richard Jeffrey (pt) Traducir e Richard Healey (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiSamuel Putnam Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2687666 BNE: XX904689 WikiTree: Putnam-4916 Editar o valor en Wikidata

Hilary Whitehall Putnam nado en Chicago o 31 de xullo de 1926 e finado en Arlington (Massachusetts) o 13 de marzo de 2016,[1][2] foi un filósofo analítico que propuxo un realismo alternativo fronte ao realismo tradicional. Fixo importantes achegas á filosofía da mente, a filosofía da linguaxe e á filosofía da ciencia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Seu pai estivo vencellado ao Partido Comunista dos Estados Unidos, e súa nai era xudía. Estudou na Universidade de Pensilvnia, na Universidade de Harvard e na Universidade de California onde recibiu o seu doutoramento en filosofía. Un dos seus profesores foi Rudolf Carnap, artífice do positivismo lóxico que Putman sempre rexeitou.

Putnam militou contra o antisemitismo, apoio o Movemento polos dereitos civís, declarouse en contra da Guerra do Vietnam e foi membro do Partido Laboral Progresista. Converteuse ao xudaísmo.

Foi membro da Academia Estadounidense das Artes e das Ciencias, da Academia Británica e da Academia de Ciencias Morais e Políticas de Francia. Foi profesor emérito da universidade de Harvard.

Pensamento

[editar | editar a fonte]

Putnam tentou responder á pregunta de en que medida somos quen de coñecer o mundo real. Rexeita o que denomina o realismo metafísico ou realismo externo que mantén que se pode chegar a unha descrición auténtica e global de como o mundo é. Para Putnam a verdade é un xeito de coherencia entre as nosas crenzas entre si e coas nosas experiencias. Pero experiencias que son internas ao noso sistema de crenzas.

Marcaba tamén distancias co relativismo pois unha cousa é non poder chegar a unha descrición incontaminada do real e outra que calquera esquema conceptual poida ser válido. Nunca un enunciado e a súa negación poden ter o mesmo valor de verdade, e ha de estar subordinado á nosa práctica (amosando unha clara influencia de William James). Seguindo unha certa evolución no seu pensameno chega a afirmar que as nosas experiencias son, de entrada, encontros directos coa realidade.

Putnam sostiña que é posible unha fundamentación racional para a ética e amosábase a prol dunha ética universal, insistindo en non confundir pluralismo con relativismo. Unha verdade merecedora de tal nome ten que estar no mundo e someterse á discusión pública. Non todo vale pero a democracia é unha condición irrenunciable para o debate sobre a verdade. Defendía, xa que logo, un pragmatismo que marca distancias co escepticismo moral e co dogmatismo.

Putman foi célebre pola formulación de ideas como a realizabilidade múltiple, o isomorfismo funcional, o experimento da terra xemelga, o argumento da indispensabilidade, o cerebro na cubeta...

  • Reason Truth and History. Cambridge, 1981
  • Realism with a human face. Cambridge, 1990
  • Renewing filosophy. Cambridge, 1994
  • Pragmatism: an open questión. Oxford 1995
  • Ethics without ontology. Cambridge 2004