Heriberto Herrera
(1967) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Heriberto Herrera Udrizar 24 de abril de 1926 Guarambaré, Paraguai (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 26 de xullo de 1996 (70 anos) Asunción, Paraguai | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1947 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Paraguai España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1953 | Campeonato Sul-Americano de Futebol de 1953 (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Heriberto Herrera Udrizar, nado en Guarambaré o 24 de abril de 1926 e finado en Asunción o 26 de xullo de 1996, foi un futbolista e adestrador paraguaio. Xogaba de defensa e foi internacional coas seleccións do Paraguai e España.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como futbolista
[editar | editar a fonte]Nado na cidade paraguaia de Guarambaré era fillo dun español. Comezou a xogar ao fútbol no Teniente Fariña, antes de fichar en 1947 polo Club Nacional, no que xogou ata 1953.[2] As súas grande actuacións no Campionato Suramericano que gañou Paraguai, agradaron ao emisario do Atlético de Madrid presente no Perú, e este tramitou a súa contratación, xunto á dos seus compañeiros Adolfo Riquelme e Atilio López.[2] Militou no club madrileño ata 1959.
Seleccións nacionais
[editar | editar a fonte]Foi internacional coa selección de Paraguai, coa que gañou a Copa América de 1953 contra o Brasil, sendo elixido mellor xogador do torneo. En 1957 xogou un partido coa selección española, correspondente á clasificación para o Mundial de 1958, enfrontándose a Suíza no Santiago Bernabéu.
Como adestrador
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira como adestrador en 1959, inmediatamente despois de colgar as botas. O seu primeiro equipo foi o Rayo Vallecano, ao que chegou nas derradeiras xornadas da tempada 1958/59, co equipo como último clasificado da Segunda División. Conseguiu sacar o equipo dos postos de descenso directo e acadar a promoción de permanencia, e a continuación conseguiu a salvación ao derrotar ao Celta Turista. Entre as tempadas 1960/61 e 1962/63 conseguiu tres ascensos consecutivos á Primeira División con tres equipos diferentes: Tenerife, Valladolid e Espanyol.[2]
Tralos seus éxitos en Segunda deu o salto á Primeira, collendo en 1963 as rendas do Elche. Na súa única campaña co equipo verde e branco, acadou o quinto posto da liga, o mellor resultado da historia do club.[2]
A continuación marchou a Italia, para asinar como novo adestrador da Juventus, á que dirixiu entre 1964 e 1969. Gañou a Serie A na tempada 1966/67 e unha Copa de Italia na tempada 1964/65, nos dous casos xusto por diante do Inter de Milán de Helenio Herrera, adestrador co que foi comparado durante toda a súa carreira debido ao parecido dos seus nomes.[2]
Ademais levou o equipo piemontés á final da Copa de Feiras na tempada 1964/65 e ás semifinais da Copa de Europa 1967/68, onde caeu contra o Benfica de Otto Glória. Deixou o club en 1969 despois de 1962 partidos, sendo na actualidade o cuarto adestrador con máis partidos na historia da Juventus.[3]
A continuación foi contratado polo Inter de Milán, ao que levou ao segundo posto da Serie A na tempada 1969/70. Pasou logo polos bancos da Sampdoria e a Atalanta, antes de regresar en 1975 a España, onde adestrou varios equipos, entre eles o Valencia e por segunda vez o Elche.
Morreu en Asunción en 1996.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Como xogador
[editar | editar a fonte]- Paraguai
- Copa América (1): 1953.
Como adestrador
[editar | editar a fonte]- Juventus
- Serie A (1): 1966/67.
- Copa Italia (1): 1964/65.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Players Appearing for Two or More Countries". rsssf.com (en inglés). Consultado o 14 de marzo de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Martín, Agustín (7 de abril de 2014). "Heriberto Herrera: el otro H.H.". As (en castelán). Consultado o 14 de marzo de 2022.
- ↑ "Did you know that...". bianconeri.tripod.com (en inglés). Consultado o 14 de marzo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do adestrador en BDFutbol (en castelán).
- Nados en 1926
- Finados en 1996
- Defensas de fútbol
- Futbolistas de Paraguai
- Futbolistas de España
- Xogadores do Club Nacional
- Xogadores do Atlético de Madrid
- Xogadores da selección de fútbol de Paraguai
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Adestradores de fútbol de Paraguai
- Adestradores de fútbol de España
- Adestradores do Rayo Vallecano
- Adestradores do CD Tenerife
- Adestradores do Granada CF
- Adestradores do Real Valladolid
- Adestradores do RCD Espanyol
- Adestradores do Elche CF
- Adestradores do Juventus FC
- Adestradores do Inter de Milán
- Adestradores do UC Sampdoria
- Adestradores do Atalanta BC
- Adestradores do Valencia CF
- Adestradores da UD Las Palmas