Harriet Brooks
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xullo de 1876 Exeter, Canadá (en) |
Morte | 17 de abril de 1933 (56 anos) Montreal, Canadá |
Residencia | Canadá |
Educación | Universidade McGill Bryn Mawr College Newnham College (en) |
Director de tese | Ernest Rutherford |
Actividade | |
Campo de traballo | Física nuclear |
Ocupación | física, científico nuclear |
Empregador | Barnard College |
Interesada en | Física nuclear |
Descrito pola fonte | The Matter of Everything (en) Q125459804 |
Harriet Brooks, nada en Exeter o 2 de xullo de 1876 e finada o 17 de abril de 1933, foi a primeira muller física nuclear nada no Canadá. É coñecida polas súas investigacións sobre transmutacións nucleares e radioactividade .
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Harriet Brooks licenciouse en matemáticas e filosofía natural pola Universidade McGill en 1898. Foi a primeira estudante de posgrao de Ernest Rutherford (daquela profesora na Universidade McGill), con quen traballou inmediatamente despois de graduarse. Con el traballou en electricidade e magnetismo[1] para obter o seu mestrado en 1901. Foi a primeira muller da Universidade McGill en recibir un máster.
Despois de obter este título e de novo baixo a dirección de Rutherford, fixo unha serie de experimentos para determinar a natureza das emisións radioactivas do torio.[1] Estes experimentos constituíron a base para o desenvolvemento da ciencia nuclear. Foi unha das primeiras persoas en descubrir o radón e en intentar determinar a súa masa atómica.[2][3]
Durante un curto período tamén traballou baixo a supervisión de Marie Curie. En 1904, Brooks foi nomeada para a facultade do Barnard College . En 1907 casou con Frank Pitcher e abandonou o campo da física, xa que naqueles tempos era obrigatorio que calquera muller da universidade renunciase ao seu traballo despois de casar.[2]
Brooks é considerada unha das mulleres máis importantes da súa época.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Harriet Brooks, pionera canadiense de la física nuclear". Mujeres con ciencia (en castelán). 2018-08-09. Consultado o 2022-07-02.
- ↑ 2,0 2,1 "La desintegración nuclear; Harriet Brooks.". A hombros de gigantes. Ciencia y tecnología (en castelán). 2016-07-22. Consultado o 2022-07-02.
- ↑ Rayner-Canham, Marelene F. (1992). Harriet Brooks : pioneer nuclear scientist. Montréal [Que.] ISBN 978-0-7735-6318-6. OCLC 243564705.