Saltar ao contido

Harbin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaHarbin
哈尔滨 (zh) Editar o valor en Wikidata
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 45°45′00″N 126°38′00″L / 45.75, 126.6333
EstadoRepública Popular da China
Provincias da República Popular da ChinaHeilongjiang Editar o valor en Wikidata
Capital de
Pinkiang (en) Traducir
Heilongjiang (1954–) Editar o valor en Wikidata
CapitalSongbei District (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación10.635.971 (2010) Editar o valor en Wikidata (200,39 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie53.076,48 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude150 m-118 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
FundadorNikolay Sviyagin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Creación1898 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoSun Zhe (en) Traducir (2018–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoQ106967276 Traducir , Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal150000 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico0451 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Bucheon (pt) Traducir
Aarhus
Varsovia Editar o valor en Wikidata../... 27+

Páxina webharbin.gov.cn Editar o valor en Wikidata

Harbin (chinés simplificado: 哈尔滨; chinés tradicional: 哈爾濱; pinyin: Hā'ĕrbīn) é unha cidade chinesa, capital da provincia de Heilongjiang, no norte de Manchuria, na beira sur do río Songhua, afluente do Amur. Ten unha poboación de máis de nove millóns de habitantes (2003) nunha área de 53.775 Km².

A cidade moderna de Harbin naceu en 1898 coa construción do ferrocarril que unía a cidade rusa de Vladivostok con Dalian. Na actualidade é un importante centro industrial e nó de comunicacións.

Durante a guerra civil rusa en 1918 os membros do exército branco tomaron a cidade. Harbin converteuse nun dos puntos cunha maior comunidade xudía, creada polos emigrantes rusos que se estableceron alí.

En febreiro de 1932 as tropas xaponesas ocuparon a cidade. O exército soviético reconquistouna en agosto de 1945. Logo dun breve período baixo control do Kuomintang, a cidade pasou a mans do Exército de Liberación Popular en abril de 1946.

Praza Hongbo
Igrexa de Santa Sofía

A influencia rusa aínda está presente na cidade, mesmo na gastronomía da zona. Outra mostra desta influencia está nas tendas. Harbin é o único punto no que os chineses poden adquirir produtos tan típicos rusos como o vodka ou as bonecas matriuskas.

A cidade é coñecida como "a Moscova de Oriente", xa que gran parte da súa arquitectura é de influencia rusa. Destaca a Igrexa ortodoxa de Santa Sofía, construída entre 1923 e 1932. Na actualidade converteuse nun museo que mostra as diferentes influencias sufridas pola arquitectura de Harbin. Algúns habitantes da cidade consideraban que o templo alteraba o feng shui local, polo que se recolleron doazóns económicas para a construción dun mosteiro budista, o Templo de Ji Le.

Condicionada polo clima, Harbin é unha cidade volcada nos deportes de inverno. Desde 1985 celébrase o "Festival Internacional de neve e xeo", que inclúe actividades que van desde o esquí alpino ata a talla de esculturas en xeo. A cidade optou á organización dos Xogos Olímpicos de Inverno do ano 2010, concedidos finalmente a Vancouver (Canadá).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]