Saltar ao contido

Guitiriz

Modelo:Xeografía políticaGuitiriz
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°10′55″N 7°53′43″O / 43.181944444444, -7.8952777777778
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo Editar o valor en Wikidata
CapitalGuitiriz Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación5.194 (2023) Editar o valor en Wikidata (17,67 hab./km²)
Xentilicioguitiricense Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie294 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude445 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataMarisol Morandeira Morandeira Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Guitiriz Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27300 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE27022 Editar o valor en Wikidata

Páxina webconcellodeguitiriz.com Editar o valor en Wikidata

Guitiriz é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE a súa poboación no 2014 era de 5.564 habitantes (5.972 no 2006, 6.041 no 2005, 6.086 no 2004, 6.131 no 2003). O xentilicio é guitiricense ou guitiricés.[1]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O topónimo Guitiriz ten orixe xermánica. Vén do nome do rei suevo Witerico, a quen se lle atribúe a fundación do lugar no século VI.[2]

A pegada de poboamentos humanos máis antigos é o sitio arqueolóxico de Pena Xiboi, (8000-5000 a. C.), situado na aldea de Tolda, na parroquia de Parga, preto do muíño da Ruxida. Foi declarado Ben de Interese Cultural, e a carón del hai un cruceiro colocado polos veciños xunto cunha placa conmemorativa en memoria dos seus antepasados.

Da cultura megalítica abundan monumentos fúnebres, como as mámoas, medorras ou modias, destacando as modias do Castro no Buriz, a modorra da Agra Branca en Santa Locaia de Parga, e a medorra do Cotarro nas Negradas.

A cultura castrexa deixou unha forte pegada, atopándose no cumio do monte a meirande parte dos restos achados. Destacan dous poboados: o castro de Belote, en Lagostelle, de planta circular, ten un foxo duns 5 metros de ancho, e é o que conserva maior número de murallas entre os castros de Guitiriz; e o castro das Quenllas do Forno, situado no lugar do Forno, na parroquia do Buriz. Este último ten planta completamente circular, presenta grandes e profundos foxos e consérvanse tres murallas que o bordean, agás polo norte.

No século XIV a totalidade da comarca da Terra Chá, incluíndo Guitiriz e a súa capital, Vilalba, pasaron a ser parte dos dominios de Fernán Peres de Andrade, de cuxa familia serían os primeiros condes de Vilalba durante o reinado dos Reis Católicos.

En 1840 creouse o concello de Trasparga, asumindo os de Parga e Guitiriz, desaparecendo o de Baamonde, creados en 1835. En 1945 o concello de Trasparga pasou a denominarse concello de Guitiriz, con capitalidade nesa mesma vila.

Sábese que no século XIX o camiño que se dirixía desde Guitiriz cara a Curtis podía ser obxectivo de bandidos ou asaltadores, por iso, no reinado de Isabel II (1833-1868) construíuse na vila guitiricense un edificio para os viaxeiros poderen facer un alto na viaxe se anoitecese. Dita construción serviu tamén para cobrar a portaxe.[3]

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Climatoloxía
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano
Temperatura mínima (°C) 2.7 4.9 7.4 9.2 11.2 14.1 16.7 17.2 14.8 12.6 10.3 8.9 11.4
Temperatura máxima (°C) 10 12 14 15 18 21 23 24 22 18 13 11 17.4
Precipacións totais (mm) 128 102 79 85 80 42 30 35 68 110 114 135 1008
Humidade (%) 76 76 73 75 77 77 79 78 78 78 78 77 77
Precipitacións (≥ 1 mm) 14 14 12 13 11 7 5 6 8 12 14 15 131
Horas de sol 108 112 155 167 191 220 240 240 179 150 107 93 1966
Fonte: Aemet Agencia Estatal de Meterología[4]

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Entre a arquitectura relixiosa son salientables as igrexas do Sagrado Corazón de María de Lagostelle, a de San Xoán de Lagostelle, a de Santo Estevo de Parga e a de Santa María de Labrada, así como as capelas de San Alberte e de Bascuas (esta última adicada a museo).[5]

Hai tres pazos destacables, o do Marqués de Camarasa, o da Pontella e o de Casanova.

Unha ruta homologada de sendeirismo, PR-G 99 "Ruta da Auga", lineal, duns 20 km, vai da Ponte de Santo Alberte ata o Balneario de Pardiñas. Achegándose ata a Fonte de Valdobín e o Balneario de Guitiriz.

[editar | editar a fonte]

San Alberte e San Salvador considéranse avogosos contra a rabia, e a eles acoden as persoas mordidas por cans supostamente doentes. Venéranse nas parroquias de San Breixo de Parga e San Salvador de Parga, respectivamente [6].

Poboación

[editar | editar a fonte]
Censo total 2014 5.564 habitantes
Menores de 15 anos 495 (8.9 %)
Entre 15 e 64 anos 3.344 (60.1 %)
Maiores de 65 anos 1.725 (31 %)
Evolución da poboación dende 1857.
Evolución da poboación de Guitiriz   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
10.028 10.275 11.476 7.633 6.086 5.896 5.727 5.658 5.603 5.564 5.520 5.495 5.512 5.505 5.484 5.490 5.455
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Guitiriz.

Lugares de Guitiriz

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Guitiriz vexa: Lugares de Guitiriz.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Guitiriz

Becín (San Xiao) | O Buriz (San Pedro) | Labrada (Santa María) | Lagostelle (San Xoán) | Mariz (Santa Eulalia) | As Negradas (San Vicenzo) | Parga (Santo Estevo) | Pedrafita (San Mamede) | Pígara (San Pedro) | Roca (San Xiao) | San Breixo de Parga (San Breixo) | San Salvador de Parga (San Salvador) | Santa Cruz de Parga (Santa Cruz) | Santa Locaia de Parga (Santa Locaia) | Santa Mariña de Lagostelle (Santa Mariña) | Trasparga (Santiago) | Vilar (Santa María) | Os Vilares (San Vicenzo)

  1. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 49. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  2. Concello de Guitiriz (ed.). "Guitiriz, Historia". Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2013. Consultado o 15 de agosto de 2013. 
  3. Pérez López & Seijas Iglesias 2006, pp. 193-194.
  4. Valores medios medidos en el observatorio de Guitiriz (1971-2000)[Ligazón morta] Data: 4-6-2011.
  5. "ConcellodeGuitiriz.com/monumentos". Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2013. Consultado o 04 de xullo de 2013. 
  6. Jesús Rodríguez López, 99.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.