Saltar ao contido

Guillermo Morán García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGuillermo Morán García
Biografía
Nacemento1919 Editar o valor en Wikidata
Mieres, España Editar o valor en Wikidata
Morte20 de abril de 1949 Editar o valor en Wikidata (29/30 anos)
Chavaga, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Outros nomesAsturiano Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis, mineiro Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata
Participou en
24 de abril de 1942Congreso de Ferradillo Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsMario Morán García Editar o valor en Wikidata

Los de la sierra: 5353

Guillermo Morán García, Asturiano, nado en Rebollada (Mieres) en 1919 e finado en Chavaga (Monforte de Lemos) o 20 de abril de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mineiro e comunista, loitou na Guerra Civil no batallón Sangre de Octubre co seu irmán Mario. Logo da execución do seu pai ao final da guerra, os dous irmáns mataron o xuíz municipal de Ribera de Arriba e fuxiron ao monte onde organizaron un grupo de fuxitivos coñecidos como Os Moranes. En xaneiro de 1940 co seu irmán Mario e 16 fuxitivos máis de Asturias, pasou a Portugal pola rexión de Porto, e regresou a España na primavera de 1941.

Participou en abril de 1942 no Congreso de Ferradillo que deu lugar á creación da Federación de Guerrillas de León-Galicia. Partidario da liña rupturista na Federación, integrouse na II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (Destacamento Santiago Carrillo) baixo as ordes de Evaristo González Pérez. Pola delación de Jesús Costoya, o 20 de abril de 1949 o seu grupo foi rodeado en dúas casas nas aforas da aldea do Piricallo na parroquia de Chavaga (Monforte de Lemos) por forzas da Garda Civil de Ponferrada ao mando do comandante Miguel Arricivita. Guillermo foi abatido xunto a outros tres guerrilleiros (o xefe Evaristo González Pérez, Gregorio Colmenero Fernández e Julián Acebo Alberca) e dous enlaces.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8. 
  • Serrano, Secundino (2001). Maquis. Historia de la guerrilla antifranquista. Madrid: Temas de Hoy. ISBN 84-8460-103-X. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]