Gran Premio de Italia de 1977
Tipo | Gran Premio de Italia |
---|---|
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1977 |
Distancia do evento | 52 |
Localización e Datas | |
Localización | Circuíto de Monza (Monza) 45°37′14″N 9°17′22″L / 45.620555555556, 9.2894444444444 |
Lonxitude | 5,793 km |
País | Italia |
Data | 11 de setembro de 1977 |
Competición | |
Primeiro posto | Mario Andretti |
Pole position | James Hunt |
Volta máis rápida | Mario Andretti |
O Gran Premio de Italia de 1977 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada no Autodromo Nazionale Monza o 11 de setembro de 1977. Foi a décimo cuarta proba da tempada de 1977, o 46º Gran Premio de Italia e o 43º que se celebrou en Monza.
Resumo da carreira
[editar | editar a fonte]O feito de que Ferrari correra en casa non impediu que fora James Hunt, quen lograra a pole, mentres que Carlos Reutemann animou aos afeccionados locais ao comezar o segundo por diante de Jody Scheckter terceiro Mario Andretti cuarto e Niki Lauda quinto. Scheckter conseguiu o liderado cun comezo brillante, seguido por Clay Regazzoni, James Hunt, Mario Andretti, Carlos Reutemann, Niki Lauda e Jochen Mass. Pero Regazzoni non tiña ritmo e pronto perdeu postos, mentres Mario Andretti estaba avanzando, pasando a Hunt na segunda volta, e a Scheckter unhas voltas despois, para tomar o liderado. Hunt perdeu posicións con problemas de freos a medida que avanzaba a carreira, e Scheckter retirouse cando o seu motor fallou, deixando a Reutemann e Niki Lauda segundo e terceiro. Lauda pronto pasou a Reutemann, que tivo que retirarse cando trompeou a causa dunha mancha de aceite na pista deixada polo coche do debutante Bruno Giacomelli, deixando terceiro a Alan Jones. A carreira rematou nesa orde; con Andretti logrando a vitoria sobre Lauda, e Jones, quen logrou o seu segundo podio en tres carreiras .
Clasificación
[editar | editar a fonte]Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 8 mellores resultados das primeiras 9 roldas e os 7 mellores resultados das últimas 8 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.
Carreira anterior: Gran Premio dos Países Baixos de 1977 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1977 |
Carreira seguinte: Gran Premio dos Estados Unidos de 1977 |
Carreira anterior: Gran Premio de Italia de 1976 |
Gran Premio de Italia | Carreira seguinte: Gran Premio de Italia de 1978 |
Notas
[editar | editar a fonte]- Foi a última participación do equipo BRM, co piloto belga Teddy Pilette ao volante. Non se clasificou para a carreira.
- Ao terminar segundo, Ferrari gañou o Campionato de Construtores a falta de tres carreiras.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Italia de 1977 |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2014. Consultado o 2008-01-27.