Saltar ao contido

General Electric

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A empresa non debe ser confundida con: General Electric Company plc
General Electric Company
(Traballo imaxinativo)
TipoEmpresa Pública
Fundación1892 Schenectady, Nova York Estados Unidos de América Estados Unidos
LocalizaciónFairfield, Connecticut, Estados Unidos de América Estados Unidos
FundadorCharles Coffin, Edwin Houston, Elihu Thomson, Thomas Alva Edison
Persoas claveJeffrey R. Immelt (presidente)
IndustriaTecnoloxía
ProdutosElectrónica
Locomotoras
Reactores Nucleares
Turbinas
Armamento
Electrodomésticos
Número de empregados301.000 (2011)
Na rede
https://www.ge.com/
Twitter: generalelectric Instagram: generalelectric LinkedIn: Ge Snapchat: generalelectric Youtube: UCsoB6O14wNa8-7dHMfxftgA Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

General Electric ou (GE, General Electric Company) é unha corporación multinacional estadounidense fundada en Nova York e con sede en Connecticut.[1]

A empresa opera en catro sectores:

  • enerxía
  • infraestruturas tecnolóxicas
  • capital, sector financeira
  • sector doméstico e industrial
Thomas Edison, 1878.
Edificio de General Electric en Nova York.

En 1890, Thomas Alva Edison xuntara varios dos seus negocios baixo unha corporación para formar Edison General Electric. Case ao mesmo tempo, Charles Coffin, dirixindo Thomson-Houston Electric Company, adquiriu un bo número de competidores e tivo acceso ás súas patentes clave.[1]

General Electric foi formada pola fusión en 1892 de Edison General Electric en Schenectady, Nova York, e Thomson-Houston Electric Company de Lynn, Massachusetts. Ámbalas plantas continúan operando baixo a marca de GE hoxe en día. A empresa foi fundada en Nova York, coa planta de Schenectady utilizada como sede durante moitos anos.

En 1910 a compañía comezou a produción en masa das lámpadas de filamento de tungsteno (a patente para o uso de filamentos incandescentes mercáronlla ao inventor ruso AN Lodygina en 1906).

En 1925 saca ao mercado o primeiro refrixerador para o fogar.

En 1928 abre unha emisora ​​de radio e comeza a transmisión de programas de televisión.

En 1942 proba o seu primeiro motor a reacción.

En 1947 comeza a produción masiva de lavadoras automáticas.

En 1960 a compañía produce unha metralladora M134 Minigun, un dos seus produtos emblemáticos.

GE ten unha ampla historia de traballo con turbinas no campo de xeración de enerxía. A compañía introduciu os primeiros turbocompresores durante a primeira guerra mundial, e continuou desenvolvéndoos durante o período de entreguerras, chegando a ser indispensables nos anos inmediatamente antes da segunda guerra mundial. GE tamén traballou con deseños de Frank Whittle durante a guerra, introducindo os motores de reacción de Whittle nos Estados Unidos durante os anos 1940. Isto conduciu á fundación de GE Aviation, que é actualmente un dos maiores fabricantes de motores no mundo, só por detrás de Rolls-Royce plc de Gran Bretaña, que abriu o camiño no deseño e a fabricación de motores. En 2002, GE mercou os activos de enerxía eólica de Enron durante a liquidación por creba.[2][3]

Actividades

[editar | editar a fonte]
Tren GE (GE U25B) en 1972 en Bellingham, Washington.

Actualmente, a empresa conta con 6 unidades de negocio:

  • GE Energy fabrica equipos de tratamento de auga e equipos de purificación de auga para a xeración de enerxía, distribución segura e fiable de electricidade, equipos de gas, incluíndo turbinas.
  • GE Healthcare fabrica equipos médicos.
  • GE Transportation fabrica locomotoras para mercancías e pasaxeiros, sinalización ferroviaria, motores diésel para ferrocarril e mariños, así como os sistemas de propulsión para camións mineiros e perforadoras.
  • GE Aviation produce motores a reacción, turbinas de gas para o seu uso na construción naval, así como avións.
  • GE Capital inclúe GE Money Bank e GE Servizos de Aviación Comercial.
  • Home & Business Solutions, incluíndo GE Iluminación, Intelligent Platforms, produce aparatos de iluminación e sistema de alimentación ininterrompida.
  1. 1,0 1,1 "Thomas Edison e a GE" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2017. Consultado o 20 de febreiro de 2017. 
  2. "Herança em Pesquisa" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2017. Consultado o 20 de febreiro de 2017. 
  3. "La marca que cambió el mundo. GE". Banzai (en castelán). Consultado o 20 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]