Saltar ao contido

Friends

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Friends

Actores principais e logo de Friends.
FormatoComedia
Creado porDavid Crane
Marta Kauffman
Dirixido porGary Halvorson

Kevin S. Bright Gail Mancuso

Michael Lembeck
IntérpretesJennifer Aniston
Courteney Cox
Lisa Kudrow
Matt LeBlanc
Matthew Perry
David Schwimmer
Tema de aperturaI'll Be There For You (The Rembrandts)
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Episodios236
(10 tempadas)
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Kevin S. Bright

Marta Kauffman

David Crane
Duración22 min/cap. aprox.
DistribuidorWarner Bros
Emisión orixinal
Canle de orixeNBC
Primeiro episodio22 de setembro de 1994
Derradeiro episodio6 de maio de 2004
Na rede
https://www.warnerbros.com/tv/friends
IMDB: tt0108778 Filmaffinity: 745443 Allocine: 49 Rottentomatoes: tv/friends Allmovie: v258653 Metacritic: tv/friends TV.com: shows/friends
Facebook: friends.tv Twitter: FriendsTV Instagram: friends Youtube: UCijVIIfFzspulKc7yWA2Qhg TikTok: friendstvofficial Netlix: 70153404 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Friends é unha serie de televisión estadounidense, creada por Marta Kauffman e David Crane, producida en asociación coa Warner Bros. Television, filmada nos estudios da Warner Bros. en Burbank, California, e emitida por vez primeira o 22 de setembro de 1994 na cadea NBC.[1][2]

Inmediatamente despois do éxito no seu país, comezou a súa difusión por todo o mundo con similares resultados, sendo considerado unha das mellores series na historia da televisión segundo múltiples críticas e rankings de series de televisión.[3]

A serie está composta de dez tempadas duns 24 capítulos cada unha, agás a terceira e a sexta que tiveron 25 e a última que só tivo 18.[4]

Unha vez finalizada, rodouse Joey, un spin off sobre a vida do personaxe homónimo nos Ánxeles.[5] Tamén tivo un breve cruzamento coa serie Mad About You, cando Jeamie e Lisa entraron en Central Perk e confundiron a Phoebe Buffay coa súa irmá xemelga Úrsula.[6]

Argumento

[editar | editar a fonte]

Trata sobre a vida dun grupo de mozos (Rachel, Ross, Chandler, Phoebe, Joey e Monica) residentes en Nova York, concretamente en Greenwich Village, que queren pasalo o mellor posible. Sucédense momentos tanto positivos como negativos, sempre cunha crítica cómica ós temas máis relevantes da actualidade.

Protagonistas

[editar | editar a fonte]
Jennifer Aniston en 2009.
  • Rachel Karen Green (Jennifer Aniston): É a menor do grupo, e amiga de Monica desde a infancia. Filla do doutor Leonard Green e Sandra Green (actualmente divorciados), pasou a súa nenez sendo consentida, por ser filla de pais ricos. Ten dúas irmás, Jill e Amy, tan consentidas coma ela. Na primeira tempada, decide abandonar o seu prometido Barry Fraber no altar xa que no último intre decátase de que realmente non o quere. Desta forma, deixa atrás a súa boa vida para dedicarse a traballar para gañar o seu soldo. Aínda así, ás veces sáelle a nena consentida que leva no seu interior. Comezou traballando no Central Perk mais pouco a pouco conseguiu introducirse no mundo da moda, a súa verdadeira paixón. É zoupona e torpe, e incapaz de concentrarse en algo que non lle interese. Ademais ten o defecto de cambiar todos os regalos que lle dan. Tivo diferentes mozos ('cameos') dentro da serie, entre os que destaca Bruce Willis, porén o seu amor verdadeiro foi sempre Ross, co que casou e logo divorciouse para máis tarde ter unha filla, Emma, e permanecer xuntos.
Courtney Cox en 1995.
  • Monica Geller (Courteney Cox): de nome completo Monica Elizabeth Geller, é irmá de Ross e vive no apartamento da súa avoa. De pequena era obesa pero adelgazou na súa adolescencia logo de dicirlle Chandler que estaba gorda. Perdeu os seus quilos, pero non a paixón pola comida converténdose nunha chef profesional que traballou en distintos restaurantes ao longo da serie. Monica caracterízase pola súa obsesión coa orde e a limpeza, é capaz de perder o control se un almofadón non está no lugar correcto. Tamén é sumamente competitiva e eficiente en todo o que fai. Todo o que teña relación con puntos, marcas ou superación, tómao como algo persoal, e só pensa en gañar a calquera prezo. A maioría de festas ou ceas especiais realízanse no seu apartamento, xa que é unha grande anfitrioa, non só polas súas grandes cualidades como cociñeira senón porque "compite" consigo para facelo cada vez mellor, a pesar disto as súas festas non adoitan ser as máis animadas. Na sétima temporada casa con Chandler Bing, co que acaba adoptando xemelgos, unha nena chamada Erica, pola nai biolóxica dos nenos e un neno chamado Jack polo pai de Monica e Ross.
Lisa Kudrow en 2010.
  • Phoebe Buffay (Lisa Kudrow): É a máis distraída do grupo. Tamén é quen tivo a infancia máis dura. A súa nai biolóxica abandonounas a ela e á súa irmá xemelga, Ursula, con quen non se fala, e a súa nai adoptiva (Lily) suicidouse cando elas eran adolescentes. Ademais, o seu pai biolóxico tamén as abandonou e o seu padrasto foi a prisión, polo que acabou vivindo na rúa. Posteriormente, ao descubrir quen era a súa verdadeira nai quixo coñecela pero esta está un pouco tola e é un pouco rara, cousas que non dubida en mostrar. Phoebe é un pouco atolada e rara e non dubida en demostralo. Considera normais cousas que os demais ven de tolos. A pesar de ter que vivir na rúa roubando e deambulando, é moi inocente, e sobre todo, moi cariñosa cos seus amigos. É vexetariana, e ama todo ser vivente e mesmo seres inertes. A pesar disto, é unha grande amiga e está sempre aí cando os seus amigos a necesitan. Exerceu de nai de alugueiro porque o seu medio irmán, Frank Buffay Jr., non podía ter fillos coa súa muller Alice Knight, moito maior ca el. A principios da quinta temporada, Phoebe deu a luz aos trixemelgos: Frank Jr. Jr., Leslie e Chandler. Phoebe gáñase a vida coma masaxista, pero goza compoñendo cancións e tocándoas acompañada da súa guitarra no Central Perk, aínda que as súas cancións non son moi boas. Na décima temporada casa con Mike Hannigan (Paul Rudd).
Matt LeBlanc en 2015, durante un concerto de Taylor Swift.
  • Joey Tribbiani (Matt LeBlanc): O seu nome completo é Joseph Francis Tribianni. Provén dunha familia italoamericana. É o menos intelixente do grupo e sempre tarda en entender todo o que lle din. Gaña a vida como actor protagonizando anuncios publicitarios, obras de teatro e, sobre todo, telenovelas, pasando polo seu maior éxito Days of our lives (Días da nosa vida). É fanático dos Knicks e considera inimigo a todo aquel que non estea de acordo con el. É tamén, dos tres mozos, o que máis sabe de mulleres, tendo numerosos romances ao longo da serie. Gústanlle os 'ligues' dunha noite, deitándose con calquera muller que lle atraia. Do mesmo xeito que Monica, adora a comida, aínda que el non é tan refinado á hora para comer, xa que come todo o que atopa, estea caducado, podrecido ou tirado polo chan. Os sándwiches son a súa comida preferida e odia compartila. Namórase de Rachel Green, porén a súa relación non dura máis dunha semana debido a que descubriron que con Rachel era maior o sentimento de amizade que a atracción que había entre eles, ao contrario do que pasou con Monica e Chandler. Posteriormente LeBlanc protagonizou unha serie co mesmo personaxe chamada Joey.
Matthew Perry, finado en 2023, fotografado en 2007.
  • Chandler Bing (Matthew Perry): O seu nome completo é Chandler Muriel Bing. Foi o compañeiro de habitación de Ross durante a universidade e é o actual marido de Mónica. É o sarcástico do grupo. Esta forma de ser naceulle como unha resposta ó trauma que lle causou a separación da súa nai e o seu pai (Morgan Fairchild), porque este (Kathleen Turner) era homosexual. Dende aquela, seu pai traballa nas Vegas protagonizando un show para travestis chamado "Viva las Gaygas". Desde entón, usa o sarcasmo e a ironía para rir de todos e de todo, coma un mecanismo de defensa. Ten a tendencia a crer que todo o mundo o considera gay (pola influencia paterna), atributo que el se esforza en negar constantemente. De feito, e para que non se poña en dúbida a súa virilidade, sempre intenta facer "cousas de homes", aínda que non lle apetezan en absoluto. Odia o Día de Acción de Grazas, xa que foi nese día cando se decatou de que o seu pai se entendía co criado e seus pais lle comunicaron o seu divorcio. Desde entón, todos os días de acción de grazas pásaos de mal humor e négase a comer pavo. Tamén odia o seu traballo, que consiste en "análise estatística e reconfiguración de datos", ao que termina renunciando para dedicarse ao que de verdade lle gusta: a publicidade. Na sétima temporada contrae matrimonio con Mónica Geller, coa que acaba adoptando dous xemelgos.
David Schwimmer en 2010.
  • Ross Geller (David Schwimmer): O seu nome completo é Ross Eustace Geller. É o irmán maior de Monica. É doutor en paleontoloxía. Empezou traballando nun museo pero tivo que deixalo por un ataque de ira. Nas últimas tempadas é profesor na Universidade de Nova York, NYU. É o máis culto e intelixente, calidade que demostra sempre que pode, aínda que corrixindo a alguén ou achegando coñecementos cando ninguén lle preguntou. Non pode evitar falar como un pedante, polo que ás veces as súas conversas son simplemente aburridas. Divorciouse de Carol, a súa esposa, ó decatarse de que era lesbiana (ela tampouco o sabía, descubriuno máis tarde), pero nese momento ela estaba embarazada do seu fillo, Ben. Desde entón, dáselle fatal ligar coas mozas (Carol foi a súa primeira noiva). Volveu casar cunha inglesa chamada Emily Waltham pero divorciouse dela por dicir "Tómote a ti, Rachel" no altar no canto de "Tómote a ti, Emily". Casou unha terceira vez con Rachel durante unha borracheira en Las Vegas e de novo divorciouse. Cando Rachel decidiu mudarse a Francia decatouse de que a quería de verdade e foi buscala ao aeroporto. Ao regresar sen Rachel, escoitou unha mensaxe dela dicindo que o quería. Nese mesmo capítulo, Rachel volve e reconcílianse. Como é doutorado en paleontoloxía, gústalle que a xente lle chame "doutor". A miúdo comete o erro de crer que todos teñen tanto interese como el sobre os dinosauros.

Personaxes secundarias

[editar | editar a fonte]

Tamén pasaron pola serie un gran número de actores convidados: Robin Williams, Bruce Willis, Brad Pitt, George Clooney, Jean-Claude Van Damme, Hugh Laurie, Charlie Sheen, Sean Penn, Christina Applegate, Charlton Heston, Ben Stiller, Julia Roberts, Reese Witherspoon, Dakota Fanning, Sasha Alexander, Paget Brewster, Ellen Pompeo, Danny DeVito, Gary Oldman, John Bennett Perry, Winona Ryder...

A historia comeza con catro amigos (Chandler, Monica, Phoebe e Joey) conversando nunha cafetería chamada Central Perk. A medida que transcorre o inicio do capítulo piloto aparece o quinto personaxe (Ross) e posteriormente a sexta (Rachel). Este encontro dentro da cafetería marca o comezo dunha comedia baseada na amizade, os triunfos e caídas, o amor, o pasado e o futuro dun grupo de amigos na cidade de Nova York.

Rachel vén de abandonar no altar ao que ía ser o seu esposo e escapou da súa vida de nena rica para entrar nun mundo onde deberá facerse cargo das súas propias necesidades, buscando o apoio da súa única amiga na cidade, Monica. Decide quedar na casa dela e comezar unha vida normal. Ross, que sempre estivera namorado dela atopa unha nova oportunidade tralo seu matrimonio errado cunha lesbiana. O seu intento non é inútil; con todo, entre comezos e rupturas Ross e Rachel terán que esperar dez anos para estar xuntos definitivamente, pasando polas súas vidas dúas rupturas, unha reconciliación, unha voda e unha filla.

A pesar de estar latente durante toda a serie o amor entre Ross e Rachel, este non rouba protagonismo ó verdadeiro sentido desenfreado da serie onde cada un pode presentar un matiz completo de citas, noivados e matrimonios. Outra parella que si logrou concretar dun xeito máis rápido e ordinario a súa relación foron Chandler e Monica quen tras pasar desenganos e amores rotos atoparon que a parella perfecta eran eles mesmos e logo dun tempo escondendo a súa relación, finalmente esta saíu á luz e casaron.

O toque máis puramente humorístico outórganllo Phoebe e Joey quen na serie deixan entrever moitas veces que podería xurdir un romance entre eles, e inclusive hai casos onde Phoebe di que terminarían xuntos. Finalmente isto non sucede, Phoebe termina felizmente casada con Mike e Joey parte rumbo a Hollywood a realizar o seu soño de converterse nunha verdadeira estrela.

Notas

  1. "Friends". 1994-09-22. Consultado o 2023-10-29. 
  2. "NBC; Friends". web.archive.org. Archived from the original on 03 de agosto de 2014. Consultado o 2023-10-29. 
  3. Bentley, Jean (2019-09-22). "‘Friends’ at 25: How the Comedy Created a New Generation of Prolific Showrunners". The Hollywood Reporter (en inglés). Consultado o 2023-10-29. 
  4. "List of Friends episodes" (en inglés). 2023-10-14. 
  5. "Joey". 2004-09-09. Consultado o 2023-10-29. 
  6. "Mad About You meets FRIENDS". Consultado o 2023-10-29. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]