Fotografía en branco e negro
A fotografía en branco e negro caracterízase pola ausencia de cor, isto é debido á súa natureza química, que se compón de haluros de prata.
Proceso
[editar | editar a fonte]Nun primeiro paso, nunha cámara escura ou fotográfica exponse a película a unha determinada cantidade de luz para obter unha imaxe latente, que non se pode ver ata que se revela con líquidos especiais e que, opcionalmente, se pasa por un baño de paro. Feito isto, xa temos a imaxe, pero aínda falta un paso, a fixación. A fixación realízase para "fixar a imaxe", para que esta sexa quimicamente estable e non reaccione á luz nin a outros axentes exteriores.
Para que unha fotografía en branco e negro se considere boa debe entrar no que se coñece como sistema de zonas, que a grandes trazos é que a fotografía teña toda a gama de grises, dende o branco máis branco ata o negro máis negro. O sistema de zonas é unha técnica máis do branco e negro, do fotógrafo Ansel Adams.