Florentino Pérez
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2021.) |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
(2024) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Florentino Pérez Rodríguez 8 de marzo de 1947 (77 anos) Madrid, España |
17º Presidente do Real Madrid Real Madrid CF | |
1 de xuño de 2009 – ← Ramón Calderón | |
15º Presidente do Real Madrid Real Madrid CF | |
17 de xullo de 2000 – 27 de febreiro de 2006 ← Lorenzo Sanz – Ramón Calderón → | |
Presidente Grupo ACS (pt) | |
1997 – | |
Concelleiro de Madrid | |
1979 – 1982 | |
Datos persoais | |
Residencia | Madrid |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Universidade Politécnica de Madrid - enxeñaría |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | empresario, enxeñeiro civil, político, dirixente deportivo |
Partido político | Partido Reformista Democrático (1982–1986) Unión de Centro Democrático (1979–1982) |
Deporte | fútbol |
Participou en | |
26 de outubro de 2020 | quinto aniversario de El Español |
Familia | |
Cónxuxe | María Ángeles Sandoval (1970–2012), morte do cónxuxe |
Pais | Eduardo Pérez e Soledad Rodríguez |
Sitio web | florentinoperez.com |
Florentino Pérez Rodríguez, nado en Madrid o 8 de marzo de 1947, é un enxeñeiro de camiños, empresario español, presidente da empresa construtora ACS e actual presidente do Real Madrid.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Política e empresa
[editar | editar a fonte]Enxeñeiro titulado pola Universidade Politécnica de Madrid. Exerceu como profesor de Fundamentos Físicos das Técnicas. En 1976 pasou a ser delegado de Servizos de Saneamento e Medio Ambiente do Concello de Madrid.
Ingresou en Unión de Centro Democrático en 1979, sendo elixido concelleiro por Madrid e Director xeral de Infraestruturas de Transporte do Ministerio de Transportes, Turismo e Comunicacións. En 1981 pasou a ser subsecretario do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Cesou en 1982 tras a derrota de UCD nas eleccións xenerais.
Real Madrid
[editar | editar a fonte]O 19 de febreiro de 1995 disputoulle a presidencia do Real Madrid a Ramón Mendoza, quen o derrotou nas eleccións por unha estreita marxe. No 2000 presentouse de novo ás eleccións á presidencia do Real Madrid, derrotando por 16.469 votos contra 13.302 ao daquela presidente Lorenzo Sanz. Foi reelixido en 2004 co 94,2% dos votos.
O 1 de xuño de 2009, Pérez é investido como novo presidente do club ao non presentarse ningún candidato, xa que días antes, Juan Onieva e Eduardo García retiraran as súas candidaturas. Un día despois, o 2 de xuño, presenta a súa primeira fichaxe, o ex-adestrador do Villareal CF Manuel Pellegrini.
Predecesor: Lorenzo Sanz |
Presidente do Real Madrid 2000-2006 |
Sucesor: Fernando Martín Álvarez |
Predecesor: Vicente Boluda |
Presidente do Real Madrid 2009-Actualidade |
Sucesor: No cargo |