Firmware
Firmware é un bloque de instrucións de programa para propósitos específicos, gravado nunha memoria tipo ROM, que estabelece a lóxica de máis baixo nivel que controla os circuítos electrónicos dun dispositivo de calquera tipo. Ao estar integrado na electrónica do dispositivo é en parte hardware, mais tamén é software, xa que proporciona lóxica e disponse nalgún tipo de linguaxe de programación. Funcionalmente, o firmware é o intermediario (interface) entre as ordes externas que recibe o dispositivo e a súa electrónica, xa que é o encargado de controlar a esta última para executar correctamente ditas ordes externas.
Encontramos Firmware en memorias ROM dos sistemas de diversos dispositivos periféricos, como en monitores de vídeo, unidades de disco, impresoras etc., mais tamén nos propios microprocesadores, chips de memoria principal e en xeral en calquera circuíto integrado.
Moitos dos Firmwares almacenados en ROM están protexidos por Dereitos de Autor.
O programa BIOS dun ordenador é un firmware cuxo propósito é activar unha máquina desde o seu acendido e preparar o contorno para a instalación dun Sistema Operativo complexo, así como responder a outros eventos externos (botóns de pulsación humana) e ao intercambio de ordes entre distintos compoñentes do ordenador.
Nun microprocesador o firmware é o que recibe as instrucións dos programas e as executa na complexa circuitaría do mesmo, emitindo ordes a outros dispositivos do sistema.