Figo
Figo común | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Figos maduros in situ. | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Ficus carica L., Sp. Pl., 2: 1059, 1753 [1] |
O figo é un froito obtido da figueira (Ficus carica). Dende o punto de vista botánico o figo non é un froito senón unha infrutescencia (ou sexa un conxunto de froitos). Existen máis de 750 especies de figos diferentes entre as que hai comestíbeis e non comestíbeis.
Esta froita podería provir de Asia Occidental, aínda que posteriormente se distribuíu por todo o Mediterráneo, chegando a Galiza. Sábese que o ser humano xa o coñecía e recollía antes do ano 9000 a. C.
Os figos miden 6 ou 7 cm de longo e 4,5 a 5,5 cm de diámetro. Son moi estacionais e pódense atopar doadamente nos meses de agosto e setembro no hemisferio norte, coma no caso de Galiza; e de febreiro a marzo no hemisferio sur. Algunhas figueiras producen dúas colleitas ao ano.
É un cultivo común en Galiza dende hai séculos, especialmente no sur, que deu lugar a infinidade de topónimos: A Figueira, Figueiras, Figueiredo, Figueiró, Figueiroa, Figueiroá etc.
Formación do figo
[editar | editar a fonte]Polinización
[editar | editar a fonte]A polinización efectúana especies de insectos himenópteros ou pequenas avésporas dun xeito moi peculiar, nun caso típico de simbiose/mutualismo. Existe unha especie de avéspora axeitada a cada especie de figueira. Blastophaga psenes poliniza o figo común. A femia penetra ao sicono por un buraco natural apical chamado ostíolo, pon os seus ovos e alí morre despois de o polinizar. Cando as crías nacen, os machos fecundan as femias que aínda están no ovario e morren dentro, nunca saen. As avespiñas femias fecundadas saen polo ostíolo levando con elas o pole das flores masculinas.
Moitas figueiras bravas son de dous tipos, un feminino e outro hermafrodita, por exemplo o figo comunmente chamado "turco" ou "grego" (variedade Smirna ou Zmir). Para efectuar a súa polinización usouse desde miles de anos o método chamado caprificación que consiste en pendurar pólas de figueiras con figos masculinos, chamados figos de cabras por non seren comestíbeis, preto das figueiras de froito para que as avésporas femia vaian dunha a outra planta e efectúen a súa polinización e frutificación.[1]
Pola contra, a maioría das variedades de consumo humano non necesitan deste método, xa que son partenoxenéticas e sempre dan froito en ausencia de polinizador.
Floración
[editar | editar a fonte]Nas figueiras a organización floral é bastante complexa. Nun principio pensouse que estas árbores non tiñan flores, mais despois fíxose patente que as flores ficaban agochadas no interior dun receptáculo a xeito de pera que ten unha apertura apical (ostíolo). Estas flores orixinarán uns aquenios miúdos arrodeados dun mesocarpo carnoso e que son os verdadeiros froitos (ou sexa drupéolas) da figueira. Ao conxunto dáselle o nome de sicono e constitúe o figo que é, logo, un falso froito .
Está cuberto dunha carapela magra que dá cor ao seu exterior e segundo a variedade pode ser de diferentes cores e tamaños, que van do verde, morado ou negro. A polpa con alto contido enerxético é carnosa e de intenso sabor doce.
Produción
[editar | editar a fonte]A produción mundial de 2011 segundo a FAO foi de 1 100 000 de toneladas; a primeira produtora foi Turquía (254.000 Tm), seguida de Exipto (185.000 Tm) e Alxeria (124.000 Tm), Irán, Marrocos, Siria, Estados Unidos, España (30260 Tm)[2]
A maiores colleitas danse en Chipre (25.600 Kg/ha), Uzbekistán, Colombia. En Turquía a produción de figos aumentou das 205.000 Tm en 2008 a 254.000 Tm en 2011. As rexións de Aydın, Esmirna e mais de Muğla, coñecida anteriormente coma antiga rexión de Caria, son as de maior produción en Turquía.
Propiedades nutritivas
[editar | editar a fonte]- kJ=280
- carbohidratos = 63,87 g
- azucres = 47,92 g
- fibra = 9,8 g
- graxas = 0,93 g
- proteínas = 3,30 g
- vitB1_mg = 0.085
- vitB2_mg = 0.082
- vitB3_mg = 0.619
- vitB5_mg = 0.434
- vitB6_mg = 0.106
- vitB9_ug = 9
- vitC_mg = 1.2
- calcio_mg = 162
- ferro_mg = 2.03
- magnesio_mg = 68
- fósforo_mg = 67
- potasio_mg = 680
- cinc_mg = 0.55
- fonte_usda = 1
As especies comestíbeis son moi dixestivas porque conteñen unha substancia chamada cradina que é un fermento dixestivo e alto contido en fibra mellorando o tránsito intestinal por iso tamén é utilizado como laxante; ácidos orgánicos como o ácido cítrico, málico e acético; sales como potasio, magnesio e calcio, e vitaminas A, B1, B2, B3 e C. Contén un 80% de auga e altos contidos en hidratos de carbono como a sacarosa, frutosa e glicosa. Os froitos non maduros resultan tóxicos para o estómago.
Composición por cada 100 g de figo fresco
[editar | editar a fonte]
Figo (froita) | |||
auga: 80 g | fibras: 2,5 a 3,3 g | valor enerxético: 65,7-74 kcal | graxas: 300 mg |
carbohidratos: 12-16 g | proteínas: 750 mg | cinsas: 0,6 g | |
Oligoelementos | |||
potasio: 232–235 mg | calcio: 38 mg | magnesio: 17–20 mg | ferro: 0,37 mg |
sodio: 1 mg | |||
Vitaminas | |||
provitamina A: 25 µg | vitamina B1: 60 µg | vitamina B2: 50 µg | vitamina B3: 420 µg |
vitamina C: 2-2,3 mg |
O figo seco
[editar | editar a fonte]O figo pódese desecar para se converter en "figo seco" ou "figo paso". O froito que non se consome na tempada asóllase en secadoiros semellantes aos da uva pasa, podéndose conservar máis tempo para utilizalo na elaboración de diversas sobremesas, incluso xeados. En Galiza foi común nas sobremesas invernais, especialmente coma doce de Nadal.
O figo paso fórmase esmagando coa man o figo fresco e colocándoo sobre canizos delourándoo durante días virándoo un par de veces para evaporar a meirande parte da súa auga. Neste proceso debe haber temperaturas superiores a 30 °C nos momentos de máis asollado e non haber días anubrados. O figo seco ten, a respecto do fico fresco, moito máis calcio e hidratos de carbono e, polo tanto, máis calorías e moita menos auga. Pódese atopar todo o ano xa que ao conter un alto grao de azucres que actúan coma conservantes naturais e ao estar desecado mantense en perfecto estado durante longo tempo.
Gastronomía
[editar | editar a fonte]En Galiza adoita consumirse fresco (finais do verán) ou paso (no inverno). Pódese facer unha bebida alcohólica composta de augardente denominada "licor de figo". Na gastronomía é variada a súa utilidade, desde acompañamento en contraste con algúns pratos salgados como carne asada ou de caza, ou en pratos doces para realizar diferentes sobremesas coma marmeladas e repostaría (bombóns recheos de figos). Co froito paso faise en España o pan de higo" (figo desecado e esmagado con améndoas.)
Notas
[editar | editar a fonte]Perdomo Molina, Antonio C. (2007) “Sobre paseros, pasiles, secaderos, tendales, tinglados y hornos: la cultura material de los higos pasados en Canarias”. Rincones del Atlántico. Nº 4. ISSN 1698-8957.[2] ("en castelán")
- ↑ Proctor, M., Yeo, P. & Lack, A. (1996). The Natural History of Pollination. Timber Press, Portland, OR. ISBN 0-88192-352-4 (En inglés)
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2013. Consultado o 24 de febreiro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Figo |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Figo |