Saltar ao contido

Fabri Ciocale

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFabri Ciocale
Biografía
Nacemento8 de setembro de 1998 Editar o valor en Wikidata (26 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de hóckey a patíns Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey a patíns Editar o valor en Wikidata

Fabrizio Martín Ciocale, nado en Buenos Aires o 8 de setembro de 1998 é un xogador de hóckey a patíns arxentino, que xoga de dianteiro no Deportivo Liceo, da OK Liga.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou na sección de hóckey a patíns do Vélez Sársfield onde militou ata 2016, momento no que fichou polo HC Liceo e se instalou en Galicia, terra de onde emigrara cara á Arxentina a súa bisavoa.[1][2] Xogou catro tempadas no filial do club coruñés, nas tres últimas compaxinando os partidos do filial co primeiro equipo, co que debutou en maio de 2018 fronte ao Igualada HC.[3]

Na tempada 2020/21 o club ampliou o seu contrato e cedeuno por unha tempada ao HC Braga portugués.[4] Despois de só 10 partidos co club luso reincorporouse ao Liceo en decembro de 2020 para reforzar o equipo de Juan Copa, líder da OK Liga.[5] Acadou finalmente o subcampionato de liga, e conquistou a Copa do Rei, despois de derrotar na final ao Fútbol Club Barcelona.[6] Uns días despois o club galego anunciou a marcha do xogador, que fichou polo Valdagno italiano.[7]

Na súa única tempada en Italia acabou sexto na liga do país e acadou as semifinais da Copa WSE, onde o seu equipo foi eliminado polo Follonica.[8] En xullo de 2022 anunciouse o seu regreso ao Liceo, que durante a súa ausencia conseguira o título de liga e estaba a atravesar a fase de renovación de xogadores máis profunda da súa historia.[9][10]

Selección arxentina

[editar | editar a fonte]

En 2017 disputou coa selección arxentina sub-20 o Campionato do Mundo sub-20, onde o seu equipo rematou cuarto. En 2019 foi convocado pola selección arxentina absoluta para competir na Copa das Nacións de Montreux, acabando subcampión.[11]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
  1. "El argentino Fabrizio Ciocale refuerza al Liceo". La Opinión A Coruña (en castelán). 17 de novembro de 2016. Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  2. Gómez Cundíns, Pablo (7 de decembro de 2019). "Fabrizio Ciocale: el Liceo como guinda de una pasión por el hockey sobre patines". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  3. "Fabrizio Ciocale debutó esta mañana con el primer equipo". Facebook (en castelán). 1 de maio de 2018. Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  4. "Renovación e cesión para Fabri Ciocale". 23 de agosto de 2020. Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  5. "Fabri Ciocale regresa ó Deportivo Liceo". 10 de decembro de 2020. Consultado o 15 de decembro de 2020. 
  6. "O Liceo gaña a décima Copa do Rei". 13 de xuño de 2021. Consultado o 18 de xuño de 2021. 
  7. "Franco Platero, Fabri Ciocale e o Liceo separan os seus camiños". Hockey Club Liceo da Coruña. 17 de xuño de 2021. Consultado o 18 de xuño de 2021. 
  8. "Il Follonica va in finale di World Skate Europe" (en italiano). 22 de abril de 2022. Consultado o 18 de marzo de 2023. 
  9. "Fabri Ciocale vuelve al Liceo". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de xullo de 2022. Consultado o 18 de marzo de 2023. 
  10. Novo, Chaly (26 de xuño de 2022). "Deportivo Liceo, un éxodo sin precedentes". El Ideal Gallego (en castelán). Consultado o 18 de marzo de 2023. 
  11. "Argentina subcampeón de la Copa de las Naciones en Montreux" (en castelán). 22 de abril de 2019. Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2019. Consultado o 15 de decembro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]