Saltar ao contido

F.C. København

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
FC København
NomeFootball Club København
Alcume(s)Byens Hold, Løverne
Fundación1992
EstadioParken
Copenhaguen, Dinamarca
Inauguración1992
Capacidade38.065
PresidenteDinamarca Hans Munk Nielsen
LigaSuperliga danesa
2023–243.º
Na rede
https://fck.dk/
Facebook: FCKobenhavn Twitter: fckobenhavn Instagram: fc_kobenhavn Youtube: UCgJOiX4YYaOtZAiArRPixxw TikTok: fc_kobenhavn Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

O F.C. København (FCK) é un club de fútbol da capital de Dinamarca, Copenhaguen. Actualmente disputa a Superliga danesa.

O club fundouse o 1 de xullo de 1992 a partir da fusión dos dous clubs históricos da capital danesa: o Kjøbenhavns Boldklub (club máis antigo do país) e Boldklubben 1903 (campión de liga en sete ocasións). O novo club retivo a licenza do Kjøbenhavns para disputar a SAS Ligaen, xogando os seus partidos no flamante e moderno Parken Stadium.

Os primeiros anos tras a creación do club foron bos, conseguindo gañar o campionato de liga de Dinamarca na súa primeira participación, en 1993, e logrando o subcampionato e a Copa de Dinamarca en 1994. Con todo, o resto da década de 1990 viuse superado polos seus dous grandes rivais, o Odense BK e o Brøndby IF.

Tivo que agardar até 2001 para conseguir unha nova liga, que lograría ata tres veces máis, en 2003, 2004 e 2006, sumando así un total de cinco ligas no seu curto período de existencia, ás que hai que engadir tres Copas, unha Copa da Liga e tres Supercopas.

Tras o título de liga de 2006, conseguiu clasificarse por primeira vez na súa historia para a fase final da Liga de Campións da UEFA 2006-07, tras derrotar ao Ajax Ámsterdan na última rolda de clasificación.

No ano 2010 logra clasificarse para a UEFA Champions League novamente.

2001: A mascota do FCK lucindo o uniforme do club.
  • Uniforme titular: Camiseta branca, pantalón branco, medias brancas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta negra, pantalón negro, medias negras.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]