Saltar ao contido

Espiña escapular

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Espiña escapular
Acromion e espiña escapular
Latín spina scapulae
Gray tema #50 203

A espiña escapular é unha formación ósea situada na superficie posterior da omoplata ou escápula. Ten un traxecto oblicuo, ascendente cara a fóra. Separa a fosa supraespiñal da fosa infraespiñal. En orixe é unha pequena superficie ósea triangular que presta inserción ao músculo trapecio. Vai ascendendo e facéndose maior, ata formar o acromio.

Estrutura

[editar | editar a fonte]

Superficies

[editar | editar a fonte]

A escápula ten dúas superficies:

  • O bordo anterior continúase co resto da escápula
  • O bordo posterior é libre e presenta dous labios e un suco. O labio superior serve para a inserción do músculo trapecio e pode posuír un pequeno tubérculo. O labio inferior permite a inserción do músculo deltoide. O suco é subcutáneo e non ten apenas relevancia funcional.
  • O bordo lateral é o máis pequeno dos tres e se continúa a través do acromio. Forma parte dos límites do burato supraescapular.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.