Saltar ao contido

Emmylou Harris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEmmylou Harris

(2005) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de abril de 1947 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Birmingham, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónGar-Field Senior High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoComposición musical, canción e artes escénicas Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncantante de country, guitarrista, cantautora, artista discográfico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1969 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica country, Americana (pt) Traducir, folk, Bluegrass, country alternativo (pt) Traducir, Gospel e world music Editar o valor en Wikidata
TesituraSoprano Editar o valor en Wikidata

InstrumentoGuitarra, Gibson J-200 (en) Traducir, Gibson Country Western (en) Traducir e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoJubilee Records
Rhino Entertainment Company
Warner Music Group
Nonesuch
Asylum Records
Reprise Records
Elektra Records Editar o valor en Wikidata
Participou en
xullo de 2023Calgary Folk Music Festival 2023 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxePaul Kennerley (1985–1993)
Brian Ahern (1977–1984) Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webemmylouharris.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0004994 Facebook: EmmylouHarris Twitter: EmmylouSongbird MySpace: emmylouharris Youtube: UCmKL0KeYMQ_ZkCBX5xSz22Q BNE: XX964987 Souncloud: emmylouharrisofficial Spotify: 5s6TJEuHTr9GR894wc6VfP iTunes: 146974 Last fm: Emmylou+Harris Musicbrainz: 35ef61ca-43db-4772-ba27-0489e9ebcb69 Songkick: 337767 Discogs: 83609 Allmusic: mn0000159699 WikiTree: Harris-21686 Deezer: 3545 Genius: Emmylou-harris Editar o valor en Wikidata

Emmylou Harris, nada en Birmingham (Alabama) o 2 de abril de 1947, é unha cantante e compositora estadounidense de country, folk e música alternativa. A súa voz de soprano converteun nunha das cantantes máis diferentes da música popular dos Estados Unidos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nada nunha familia de militares,[1] Harris pasou a infancia e a adolescencia mudándose por cidades de Alabama, Carolina do Norte e Virixinia. Mentres estudaba teatro na Universidade de Carolina do Norte, aprendeu a tocar a música de Bob Dylan e Joan Baez. Deseguido, mudouse a Nova York, para dedicarse só á música. Traballou como camareira e actuou en clubs de música folk.[2] En 1969 casou co compsitor Tom Slocum e ese mesmo ano lanzou o seu primeiro álbum, Gliding Bird, do que despois renegou.

Divorciada pouco despois e cunha filla que criar, Harris volveu á casa dos pais, nese momento donos dunha facenda preto de Washington, D.C.[1][2][3] Posteriormente formou un trío e volveu tocar. En 1971, cando actuaban nun pequeno club, foron descubertos pro Chris Hillman, antigo membro de The Byrds, que nesa época estaba na banda de country rock Flying Burrito Brothers. Hillman presentou a Emmylou a Gram Parsons, que precisaba dunha cantante. Así participou en dous discos de Parsons, G.P. (1972) e Grievous Angel (1973) e nunha xira en que realizaron preciosos dúos. Coa morte de Parsons en 1973,[4] Emmylou regresou a Washington e formou a Hot Band, con quen finalmente gravou o seu primeiro disco para unha grande discográfica, o aclamado Pieces of the Sky, en 1975. O álbum foi producido por Brian Ahern, con quen casou despois.

Con Hot Band, en varias formacións, Harris gravou a maioría dos seus discos seguintes ata Brand New Dance, de 1990. A banda revelou os músicos Ricky Skaggs, famoso nos círculos bluegrass e Rodney Crowell,[5] compositor que tivo unha importancia transcendental na música country, alén de contar con nomes famosos, como James Burton, o lendario guitarrista de Elvis Presley.

Coa fin de Hot Band, Emmylou formou a acústica The Nash Ramblers, con quen gravou o álbum ao vivo At The Ryman, en 1993. A esa altura, Harris xa era dona de gran prestixio nos medios musicais e xa vendera millóns de discos, mais en lugar de parar, procuraba novos camiños e en 1995 lanxou o seminal Wrecking Ball. Producido por Daniel Lanois, que xa traballara con Bob Dylan, U2 e Peter Gabriel; o disco é o resultado de moita ousadía e experimentación, con climas etéreos e ausencia de fórmulas fáciles. En 2000 publicou o premiado Red Dirt Girl, que gañou o Grammy ao mellor disco de folk contemporáneo, e que foi o primeiro que só tiña composicións propias dende The Ballad of Sally Rose, de 1985.

Discografía

[editar | editar a fonte]

A pesar de ser situada como referencia no xénero country, Harris transitou tamén polo folk, o country alternativo, o rock e, ocasionalmente o pop. Sempre interesada nas raíces da música estadounidense, os seus discos case sempre conteñen antigas cancións folclóricas, cancións gospel e bluegrass. Ademais de compor, Harris gravou música de case todos os grandes compositores de música popular, de Bob Dylan a Lennon-McCartney, pasando por Bruce Springsteen, Hank Williams, Steve Earle, Louvin Brothers, Neil Young ou Johnny Cash.

Outra característica dela é a dispoñibilidade para participar en proxectos doutros artistas. Con iso, gravou con nomes tan dispares como Sheryl Crow, Ralph Stanley, Marianne Faithfull, Roy Rogers, Beck, Dave Matthews, Bob Dylan e John Denver.

  1. 1,0 1,1 "Maj. Walter Rutland "Bucky" Harris, USMC Ret.". Military Officers Association of America. Arquivado dende o orixinal o 1 de novembro de 2016. Consultado o 12 de xullo de 2021. 
  2. 2,0 2,1 Arrington, Carl (15 de novembro de 1982). "Singer Emmylou Harris and Producer Brian Ahern Make (and Record) Beautiful Music Together". People 18 (20). Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2016. Consultado o 7 de agosto de 2013. 
  3. "Charlie Rose Show" 25 de xuño de 2008
  4. "Emmylou Harris From a Deeper Well 2004". BBC. Arquivado dende o orixinal (Video) o 28 de xuño de 2018. Consultado o 10 de xullo de 2018. 
  5. "The Hot Band". Emmylou.net. 3 de abril de 1975. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2014. Consultado o 15 de xullo de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • In the Country of Country: A Journey to the Roots of American Music, Nicholas Dawidoff, Vintage Books, 1998. ISBN 0-679-41567-X
  • Emmylou Harris: Angel in Disguise, Jim Brown, Fox Music Books, 2004. ISBN 1-894997-03-4
  • Fong-Torres, Ben. (1998). "Emmylou Harris". In The Encyclopedia of Country Music. Paul Kingsbury, Editor. New York: Oxford University Press. p. 230

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]