El Perdigón
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de Zamora | |||
Capital | El Perdigón (en) | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 669 (2023) (13,06 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 51,22 km² | |||
Altitude | 732 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Santo padrón | Brais de Sebaste | |||
Organización política | ||||
• Alcalde | Pedro Domínguez Guerra | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 49720 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 49151 | |||
El Perdigón é unha poboación española da provincia de Zamora na comunidade de Castela e León. Limita ao norte con Entrala e Tardobispo, ao sur con Casaseca de Campeán, ao leste con Morales del Vino e ao oeste con San Marcial. Conta con dúas pedanías: San Marcial e Tardobispo.
Historia
[editar | editar a fonte]O seu nome podería deberse á existencia dunha gran pedra ou fito quilométrico da Vía da Prata, que pasa pola aldea.
Estivo ligado á figura do Vizconde de Garcigrande. Existen varias casas brasonadas e de belas fachadas de pedra na vila. Tivo carácter industrial, propiciado pola presenza da vía de ferrocarril que unía Zamora e Salamanca, hoxe fóra de uso. Na actualidade mantense unha fábrica de augardentes e outra de cerámica.
A igrexa parroquial de San Félix alberga no seu interior pezas interesantes como un sepulcro do chantre Pedro López de Peralta. Son moi interesantes un conxunto de táboas góticas que foron recentemente restauradas.
O 3 de febreiro celébranse as festas en honra a San Blas, que son organizadas polos quintos do pobo.
O que máis fama dá ao pobo son as adegas, que son as máis coñecidas e numerosas da comarca. Algunhas delas ademais están abertas ao público, servindo como bares ou restaurantes.
Demografía
[editar | editar a fonte]O seguinte gráfico mostra a evolución da poboación de El Perdigón:
Evolución da poboación de: El Perdigón desde 1991 ata 2007
| ||||
1991 | 1996 | 2001 | 2004 | 2007
|
905 | 773 | 785 | 780 | 780 |