Saltar ao contido

El Heraldo Gallego (1874)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Heraldo Gallego

Editar o valor en Wikidata
LocalidadeOurense
Na rede
Galiciana: 3905
editar datos en Wikidata ]

El Heraldo Gallego foi un periódico galego que apareceu en Ourense entre 1874 e 1880.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Subtitulado Semanario de Ciencias, Artes y Literatura, o seu primeiro número saíu á rúa o 1 de xaneiro de 1874. Despois cambiou o seu subtítulo a Revista Ilustrada. Edición de interesas generales. Inicialmente tivo unha periodicidade semanal, para pasar en 1876 a bisemanal e un ano despois a quincenal; en 1880 volveu ser bisemanal. Fundado e dirixido por Valentín Lamas Carvajal, nel colaboraron, entre outros, Alfredo Vicenti, Aureliano Pereira, Juan Antonio Saco y Arce, Filomena Dato, Arturo Vázquez Núñez, José Pérez Ballesteros, Teodosio Vesteiro Torres, Antonio de la Iglesia, Ramón Barros Sivelo, Félix Moreno Astray, Ricardo Novoa, Camilo Placer e José María Hermida. Tratou sobre todo temas literarios, históricos, debates eruditos, cuestións arqueolóxicas e culturais. En 1878 fundiuse con El Avisador Orensano e fíxose diario. Cesou a súa publicación o 23 de outubro de 1880, cando levaba 408 números publicados.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]