Eco
Nota: Esta páxina é sobre o fenómeno físico. Se procura outros significados da mesma expresión, consulte Eco (homónimos).
O eco ou resón é un fenómeno físico que ten lugar cando un son regresa ao lugar onde foi emitido tras rebotar nalgún obstáculo.[1] Para que se dea este fenómeno, debe existir un obstáculo a máis de 17 metros de distancia do lugar onde se emiten as ondas sonoras; o obstáculo ten que ser feito dun material puído e denso que non absorba o son, por exemplo, metais ou rochas. O verbo é ecoar ou resoar.[1][2][3]
O ser humano detecta dous sons que estean separados por 0,1 segundos, ou sexa, para a velocidade do son no ar (340 m/s), ese tempo representa 34 metros. Así, se o obstáculo estiver a menos de 17 metros non detectamos a diferenza entre o son emitido orixinariamente e o son que recibimos e, dese modo, o eco non acontece a pesar da onda ter sido reflectida.
En procesamento de sinal de son e acústica, un eco é unha reflexión de son que chega ao ouvinte pouco tempo despois do son directo. Exemplos típicos son o eco producido no fondo dunha escaleira, por un edificio, ou nunha sala, polas paredes. Un eco verdadeiro é unha única reflexión da fonte de son. O intervalo de tempo é a distancia extra dividida pola velocidade do son.
Chámase reverberación ao feito de chegaren tantas reflexións ao ouvinte que non pode distinguir unhas das outras.
A intensidade dun eco é frecuentemente medida en dB con relación á onda transmitida directamente.
Algúns ecos poden ser desexábeis (como no radar ou sonar) e outros indesexábeis (como sucede ás veces nos sistemas telefónicos).
Acepcións relacionadas
[editar | editar a fonte]En sentido figurado, un eco é un son que se percibe confuso e apagado, como un rumor. Tamén é unha noticia vaga e imprecisa acerca dun suceso ou situación, como "O eco dun accidente".[4] Tamén en sentido figurado, "ter eco" é unha serie de efectos que algo causa sobre unha persoa ou cousa, como ter repercusión.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "eco". Dicionario de Real Academia Galega. Consultado o 2024-09-21.
- ↑ "resoar". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-09-21.
- ↑ "Significado de ecoar no Dicionário Estraviz". estraviz.org. Consultado o 2024-09-21.
- ↑ Relacionado con esta acepción, houbo diversos xornais cuxo título inclúe a palabra "eco", como "El Eco de Arosa".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Vexa a entrada do Galizionario acerca de Eco |
----
Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |