David O. Selznick
Nome orixinal | (en) David Selznick |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 10 de maio de 1902 Pittsburgh (Estados Unidos de América) |
Morte | 22 de xuño de 1965 (63 anos) Hollywood (Estados Unidos de América) |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Forest Lawn Memorial Park |
Relixión | Xudaísmo |
Educación | Universidade Columbia |
Actividade | |
Ocupación | produtor de cinema, produtor delegado, director de cinema, emprendedor, guionista, produtor |
Período de actividade | 1923 - |
Partido político | Partido Republicano |
Obra | |
Arquivos en |
|
Familia | |
Cónxuxe | Jennifer Jones (1949–1965) Irene Mayer Selznick (1930–1948) |
Fillos | L. Jeffrey Selznick () Irene Mayer Selznick Daniel Selznick () Irene Mayer Selznick |
Pai | Lewis J. Selznick |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
David O. Selznick, nado en Pittsburgh (Pensilvania) o 10 de maio de 1902 e finado en Hollywood (California) o 22 de xuño de 1965 foi un produtor cinematográfico estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Selznick naceu nunha familia de orixe xudía, fillo do inmigrante lituano e distribuidor de filmes mudos Lewis J. Selznick e de Florence A. Sachs. Engadiu o "O" ao seu nome para distinguirse dun tío seu co mesmo nome.[1]
Estudou na Universidade de Columbia e traballou como aprendiz co seu pai ata a súa bancarrota en 1923. Tres anos despois marchou a Hollywood e grazas aos contactos do seu pai conseguiu un traballo como axudante na Metro-Goldwyn-Mayer. Deixou este estudio por Paramount Pictures en 1928, e en 1931 entrou na RKO como xefe de produción.
Durante a súa etapa na RKO traballou en moitos filmes, como King Kong (1933) e deulle a George Cukor a súa primeira oportunidade como director. En 1933 volveu á MGM, onde o seu sogro, Louis B. Mayer, era un executivo. Mayer deulle a Selznick unha unidade de produción paralela á do poderoso Irving Thalberg, que tiña problemas de saúde. Esta unidade participou en filmes como Cea ás oito (1933), David Copperfield (1935), Anna Karenina (1935) e A Tale of Two Cities (1935).
A pesar do seu éxito cos grandes estudios, Selznick formou a súa propia produtora independente, Selznick International Pictures, en 1935 e distribuía os seus filmes a través de United Artists. Os seus éxitos continuaron con clásicos coma The Garden of Allah (1936), The Prisoner of Zenda (1937), Naceu unha estrela (1937), Nothing Sacred (1937), The Adventures of Tom Sawyer (1938), The Young in Heart (1938), Made for Each Other (1939), Intermezzo (1939) e Foise co vento (1939).
En 1939 e 1940 os seus filmes Foise co vento e Rebecca gañaron o Oscar ao mellor filme. Tras este último pechou a compañía e tomouse un tempo ata que en 1944 formou The Selznick Studio e volveu á produción co grande éxito Since You Went Away, que tamén escribiu, e filmes de Alfred Hitchcock coma Spellbound (1945) e The Paradine Case (1947). Tamén produciu The Third Man (1949) ou Duel in the Sun (1946), coa que sería a súa dona, Jennifer Jones.
Máis tarde escribiu "parei de facer filmes en 1948 porque estaba canso. Estivera producindo durante vinte anos… ademais, era claro que o negocio do cinema estaba nunha terrible loita coa televisión e outras formas novas de diversión, e pensei que era un bo tempo para parar e estudar obxectivamente os obvios cambios do gusto do público… Certamente non tiña intención de apartarme da produción durante nove anos."[2] Selznick pasou a maior parte da década seguinte promovendo a carreira da súa segunda esposa, Jennifer Jones. A súa última produción, Adeus ás armas (1957) foi pobremente recibida.
En 1954 atreveuse coa televisión, con Light's Diamond Jubilee, que fixo historia por ser emitido simultaneamente nas catro emisoras: CBS, NBC, ABC e DuMont.
Faleceu en 1965.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título |
---|---|
1934 | Viva Villa! |
1935 | David Copperfield |
1936 | A Tale of Two Cities |
1937 | Naceu unha estrela |
1939 | Foise co vento |
1940 | Rebecca |
1944 | Since You Went Away |
1945 | Spellbound |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Selznick, David O. (2000). Behlmer, Rudy, ed. Memo from David O. Selznick. Nova York: Modern Library. ISBN 0-375-75531-4.
- ↑ Memo from David O. Selznick, p. 423.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: David O. Selznick |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Selznick, David O. (1972). Behlmer, Rudy, ed. Memo from David O. Selznick. Nova York: Modern Library. ISBN 0-375-75531-4.
- Thomson, David (1992). Showman: The Life of David O. Selznick. Nova York. ISBN 0-394-56833-8.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- David O. Selznick na IMDb (en inglés).