David Koechner
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de agosto de 1962 (62 anos) Tipton, Estados Unidos de América (pt) |
Residencia | Os Ánxeles |
Educación | Universidade de Misuri Benedictine College (en) iO Theater (en) |
Actividade | |
Ocupación | humorista, actor de cinema, actor de dobraxe, guionista, actor de televisión, cantante |
Período de actividade | 1986 - |
|
David Michael Koechner, nado o 24 de agosto de 1962,[1] é un cómico e actor estadounidense. É coñecido polos seus papeis como Champ Kind nos filmes de Anchorman e como Todd Packer na serie de NBC The Office.
Koechner comezou na interpretación cando estudou comedia improvisada en Chicago en ImprovOlympic, baixo a dirección de Del Close, antes de unirse a Second City Northwest. Koechner trasladouse a Nova York en 1995, facendo numerosos números de comedia como parte de Saturday Night Live (1995–1996) e como cómico regular en Late Night with Conan O'Brien a mediados da década de 1990. En 1997, Koechner trasladouse ós Ánxeles e comezou a traballar de maneira continua en filmes e comedias de televisión, facendo as súas primeiras aparicións en filmes como Wag the Dog, Austin Powers: A espía que me achouchou e Man on the Moon.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Face You Know: An Interview with Anchorman's David Koechner". Paste Magazine. Consultado o 9 de setembro de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: David Koechner |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- David Koechner na IMDb (en inglés).