Saltar ao contido

Daniel Ricciardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDaniel Ricciardo

(2024) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Daniel Joseph Ricciardo Editar o valor en Wikidata
1 de xullo de 1989 Editar o valor en Wikidata (35 anos)
Perth, Australia Editar o valor en Wikidata
EducaciónNewman College, Perth (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura180 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaAustralia Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo
competición de Fórmula 1 Editar o valor en Wikidata
PatrocinadorRed Bull GmbH Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo Vehículo empregado
2011-2011Hispania Racing F1 Team
2012-2013Scuderia Toro Rosso
2014-2018Red Bull Racing
2019-2020Renault F1 Team
2021-McLaren
2023-2024Scuderia Alpha Tauri Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webdanielricciardo.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm3912020 Facebook: DanielRicciardo Twitter: danielricciardo Instagram: danielricciardo Youtube: UC23P0g2Vt4o6qt5dglgOGKQ Editar o valor en Wikidata

Daniel Joseph Ricciardo, nado en Perth, Australia Occidental, o 1 de xullo de 1989 é un piloto de carreiras australiano que actualmente compite na Fórmula 1 como terceiro pilotode Red Bull Racing. Gañou o Campionato británico de Fórmula Tres de 2009. Logo de que Mark Webber anunciara a súa retirada da Fórmula Un, Ricciardo foi confirmado como o seu substituto en Infiniti Red Bull Racing para 2014.[1] Na súa primeira tempada con Red Bull, Ricciardo terminou terceiro no campionato logrando as súas tres primeiras vitorias na Fórmula Un, no Canadá,[2] Hungría,[3] e Bélxica.[4]

Despois de dous anos sen vitorias, Ricciardo regresou ao máis alto do podio no Gran Premio de Malaisia de 2016, acabando por acadar o terceiro posto no campionato por segunda vez en tres anos no Gran Premio de México de 2016.[5][6] Desde entón sumou vitorias no Gran Premio de Acerbaixán en 2017 e nos grandes premios de China e Mónaco en 2018. Despois de 2018, Ricciardo asinou con Renault e competiu con eles nas tempadas 2019 e 2020. Asinou con McLaren para as tempadas 2021 e 2022 de Fórmula Un xunto a Lando Norris. Obtivo a súa única vitoria con McLaren no Gran Premio de Italia de 2021. Logo da tempada 2021, Ricciardo foi nomeado Membro da Orde de Australia nos 2022 Australia Day Honours. Deixou McLaren a finais de 2022 e converteuse no terceiro piloto de Red Bull para o Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2023. Substituíu o saínte Nyck de Vries en AlphaTauri despois da décima rolda da tempada, cedido por Red Bull Racing, e segue correndo para o equipo, que cambiou o seu nome a RB Formula One Team na tempada 2024.

Ricciardo comezou no karting á idade de nove anos. En 2005, participou no campionato de Fórmula Ford de Australia Occidental cun coche Van Diemen, terminando oitavo na clasificación.[7] Ao final da tempada Ricciardo participou nunha carreira en Sandown Raceway do campionato nacional da Fórmula Ford, pero obtendo resultados pouco interesantes debido a antigüidade do coche.[8] Ao ano seguinte gañou a oportunidade de participar na Fórmula BMW Asia con Eurasia Motorsport. Obtén dúas vitorias, ámbalas dúas no circuíto Bira, e tamén marca a pole position no circuíto de Zhuhai. Rematou terceiro na clasificación final con 231 puntos, 59 menos que o primeiro, Earl Bamber.

En agosto dese ano tomou parte, grazas a Motaworld Racing, nunha carreira do Campionato de Fórmula BMW. Na primeira carreira retírase, mentres que na segunda carreira chegou oitavo. Ao final da tempada participará nas Finais da Formúla BMW World con Fortec Motorsport onde termina quinto a 14 segundos do gañador Christian Vietoris.

Fórmula Renault

[editar | editar a fonte]

No 2007 o Australiano pasa á Fórmula Renault con RP Motorsport que participa tanto no Campionato de Europa como no campionato italiano. Terminou sexto no campionato italiano con 196 puntos e conseguiu un podio na carreira de Valencia, pero non sumou puntos en catro carreiras da tempada do campionato europeo.

Continuou na fórmula Renault en 2008, competindo tanto na serie europea como na do oeste de Europa. A final de ano, o novo piloto conseguiu o seu primeiro título europeo na Copa de Europa occidental e terminou segundo na Eurocup tras o finlandés Valtteri Bottas.

Fórmula 3

[editar | editar a fonte]

A mediados de 2008 Ricciardo debuta na Fórmula 3 nunha carreira celebrada en Nürburgring, co equipo SG Formula Fórmula 3 Euroseries, conseguindo un oitavo posto na cualificación e un sexto posto na carreira logo de problemas técnicos de James Jakes e Vietoris.[9]

Ricciardo pasa ao Campionato británico de Fórmula 3 de 2009 con Carlin Motorsport.[10] Gaña o campionato, o último australiano que o gañara foi David Brabham en 1989. Do mesmo xeito que o seu predecesor, pilotou un automóbil propulsado por Volkswagen. Gañou con 87 puntos de marxe sobre Walter Grubmüller.

Ricciardo, sempre co equipo Carlin, participou no Gran Premio de Macau.[11] Ricciardo é segundo máis rápido (e o novato máis rápido) por detrás de Marcus Ericsson na primeira cualificación, a continuación, é quinto na segunda rolda para determinar a grella da clasificación. Logo dun sexto lugar na carreira de cualificación Ricciardo viuse obrigado a retirarse logo de chocar contra o muro na curva San Francisco. Continua cunha picada antes de golpear a curva Esses Solitarias, causando un grande accidente ao bloquear o circuíto o que eliminou outros sete competidores.

World Series by Renault

[editar | editar a fonte]

Debuta nas World Series by Renault en 2009 con Charles Pic como compañeiro no Tech 1 Racing na carreira celebrada no Autódromo Internacional do Algarve. Retirouse na primeira carreira e chegou 15º na 2ª carreira.

O 30 de outubro de 2009 firma co equipo Tech 1 para competir na World Series by Renault de 2010. O seu compañeiro de equipo é Brendon Hartley ata que é substituído despois da carreira de Hungaroring.[12] Esa tempada logra terminar subcampión a 2 puntos do campionato absoluto. Para a tempada seguinte repite na competición, alternándo o seu asento na F1, no entanto logra terminar 5º no campionato a pesar de non disputar 4 carreiras polo motivo anterior.

Fórmula 1

[editar | editar a fonte]

Ricciardo fai o seu debut cun monopraza de F1 logo de ser seleccionado para o programa de novos pilotos de Red Bull Racing nun test que se celebrou en Xerez do 1 ao 3 de decembro de 2009.[13] No último día marcou o mellor tempo, foi o único que rodou nun 1:17.[14]

Posteriormente, Ricciardo (xunto con Hartley) é designado como piloto de probas do equipo austríaco e da Scuderia Toro Rosso para a tempada de 2010,[15] participando nos adestramentos libres do venres.

HRT (2011)

[editar | editar a fonte]

O 30 de xuño de 2011, confírmase a súa fichaxe como piloto oficial de Hispania polo resto da tempada, substituíndo a Narain Karthikeyan.[16]

Toro Rosso (2012-2013)

[editar | editar a fonte]
Ricciardo pilotando un Toro Rosso no Gran Premio de Malaisia de 2012.

O 14 de decembro de 2011, confirmouse que Ricciardo podería pilotar un Scuderia Touro Rosso para a tempada 2012, xunto co francés Jean-Eric Vergne.[17]

Ricciardo no Gran Premio dos Estados Unidos de 2012

No Gran Premio de Australia de 2012 o 18 de marzo de 2012, Ricciardo logrou superar ao seu compañeiro de equipo Vergne na última volta para chegar á meta no noveno lugar, acadando os seus dous primeiros puntos no Campionato do Mundo.

En condicións de mollado en Malaisia terminou 12º, logo de ser dos primeiros en cambiar a pneumáticos lisos. En Bahrain clasificouse sexto, pero deixouse caer durante a carreira e terminou 15º. No Gran Premio de Mónaco de 2012 sufriu a súa única retirada da tempada, logo de saír desde a 15ª posición.

O 31 de outubro de 2012, Toro Rosso anunciou a renovación do contrato de Ricciardo para a tempada 2013.[18]

Red Bull (2014 - 2018)

[editar | editar a fonte]

O 2 de setembro de 2013 Ricciardo revelouse como o substituto de Mark Webber en Red Bull, será o compañeiro de Sebastian Vettel, que é o actual campión do mundo.

Renault (2019–2020)

[editar | editar a fonte]

O 3 de agosto de 2018, o equipo Renault anunciou a fichaxe de Ricciardo por dúas tempadas, a partir de 2019, con Nico Hülkenberg como compañeiro de equipo. Daniel afirmou que "Probablemente foi unha das decisións máis difíciles da miña carreira ata agora. Pero pensei que era hora de probar algo diferente, un novo reto" e tamén que "(...) Sei que sempre que Renault estivo no deporte, dalgún xeito, gañou. Espero poder axudalos nesta viaxe e tamén contribuír dentro e fóra das pistas".[19]

McLaren (2021–2022)

[editar | editar a fonte]

O 14 de maio de 2020, McLaren anunciou que Ricciardo competiría polo equipo a partir da tempada 2021, xunto a Lando Norris.[20] Ricciardo asinou un contrato de tres anos co equipo británico.[21]

O 12 de setembro de 2021, Ricciardo volveu gañar na Fórmula 1 no Gran Premio de Italia e puxo fin á racha de McLaren de non gañar na Fórmula 1 desde o Gran Premio do Brasil de 2012 e taménlogrou o dobrete do equipo con Lando Norris, en segundo lugar, algo que non acontecera dende o Gran Premio do Canadá de 2010.[22]

O 24 de agosto de 2022, McLaren anunciou que Ricciardo deixaría o equipo ao final da tempada 2022, despois de que o seu contrato se rescinda de común acordo.[23][24]

Terceiro piloto de Red Bull (2023-)

[editar | editar a fonte]

Despois de non poder conseguir un asento de Fórmula Un para a tempada 2023, Ricciardo volveu unirse á Red Bull Racing como terceiro piloto.[25]

Cedido a AlphaTauri (2023–)

[editar | editar a fonte]

Nyck de Vries foi substituído do seu asento en AlphaTauri despois do Gran Premio do reino Unido de 2023.[26] O mesmo día que Ricciardo pilotaba o Red Bull RB19 nas probas de pneumáticos de Pirelli, anunciouse que ocuparía o asento vacante, facendo o seu regreso ao equipo AlphaTauri e á Fórmula Un para o Gran Premio de Hungría de 2023. Está preparado para correr xunto a Yuki Tsunoda.[27]

Resumo e resultados

[editar | editar a fonte]

Resumo da súa carreira

[editar | editar a fonte]
Tempada Series Equipo Carreiras Gañadas Poles Volta rápida Podios Puntos Pos. Final
2005 Western Australian Formula Ford Championship Privado 3 0 0 ? 0 74
2006 Formula BMW Asia Eurasia Motorsport 19 2 3 3 12 231
Formula BMW UK Motaworld Racing 2 0 0 0 0 3 20º
Formula BMW World Final Fortec Motorsport 1 0 0 0 0 N/A
2007 Formula Renault 2.0 Italy RP Motorsport 14 0 0 0 0 196
Eurocup Formula Renault 2.0 4 0 0 0 0 0 NC
2008 Formula Renault 2.0 WEC SG Formula 15 8 9 7 11 192
Eurocup Formula Renault 2.0 18 6 5 5 7 136
Formula 3 Euro Series 2 0 0 0 0 N/A NC†
Masters of Formula 3 1 0 0 0 0 N/A NC
2009 British Formula 3 Championship Carlin Motorsport 20 7 6 5 13 275
Masters of Formula 3 1 0 0 0 0 N/A NC
Formula Renault 3.5 Series Tech 1 Racing 2 0 0 0 0 0 34º
Macau Grand Prix Carlin 1 0 0 0 0 N/A NC
2010 Formula Renault 3.5 Series Tech 1 Racing 16 4 8 5 8 136
Fórmula 1 Scuderia Toro Rosso Piloto de probas
2011 Formula Renault 3.5 Series ISR 12 1 2 3 6 144
Fórmula 1 Scuderia Toro Rosso Piloto de probas
HRT F1 Team 11 0 0 0 0 0 27º
2012 Fórmula 1 Scuderia Toro Rosso 20 0 0 0 0 10 18º
2013 Fórmula 1 Scuderia Toro Rosso 19 0 0 0 0 20 14º
2014 Fórmula 1 Infiniti Red Bull Racing 19 3 0 1 8 238
2015 Fórmula 1 Infiniti Red Bull Racing 19 0 0 3 2 92
2016 Fórmula 1 Red Bull Racing 21 1 1 4 8 256
2017 Fórmula 1 Red Bull Racing 20 1 0 1 9 200
2018 Fórmula 1 Aston Martin Red Bull Racing 21 2 2 4 2 170
2019 Fórmula 1 Renault F1 Team 21 0 0 0 0 54
2020 Fórmula 1 Renault F1 Team 17 0 0 2 2 119
2021 Fórmula 1 McLaren F1 Team 22 1 0 1 1 115
2022 Fórmula 1 McLaren F1 Team 22 0 0 0 0 37 11º
2023 Fórmula 1 AlphaTauri AT04 8 0 0 0 0 6 17º
2024 Fórmula 1 RB-Honda RBPT 18 0 0 1 0 12* 14º*

Resultados completos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 Pos. Puntos
2011 Scuderia Toro Rosso Toro Rosso STR6 Ferrari 056 2.4 V8 AUS
PP
MAL
PP
CHN
PP
TUR
PP
ESP
PP
MON
PP
CAN
PP
EUR
PP
27º 0
Hispania Racing F1 Team Hispania F111 Cosworth CA2011 V8 RU
19
ALE
19
HUN
18
BEL
Ret
ITA
NC
SIN
19
XPN
22
COR
19
IND
18
ABU
Ret
BRA
20
2012 Scuderia Toro Rosso STR7 Ferrari Tipo 056 2´4 V8 AUS
9
MAL
12
CHN
17
BAH
15
ESP
13
MON
Ret
CAN
14
EUR
11
RU
13
ALE
13
HUN
15
BEL
9
ITA
12
SIN
9
XPN
10
COR
9
IND
13
ABU
10
USA
12
BRA
13
18º 10
2013 Scuderia Toro Rosso STR8 Ferrari Tipo 056 2´4 V8 AUS
Ret
MAL
18†
CHN
7
BAH
16
ESP
10
MON
Ret
CAN
15
RU
8
ALE
12
HUN
13
BEL
10
ITA
7
SIN
Ret
COR
19†
XPN
13
IND
10
ABU
16
USA
11
BRA
10
14º 20
2014 Infiniti Red Bull Racing Red Bull RB10 Renault Energy F1-2014 1.6 V6 t AUS
DSC
MAL
Ret
BAH
4
CHN
4
ESP
3
MON
3
CAN
1
AUT
8
RU
3
ALE
6
HUN
1
BEL
1
ITA
5
SIN
3
XPN
4
RUS
7
USA
3
BRA
Ret
ABU
4
238
2015 Infiniti Red Bull Racing Red Bull RB11 Renault Energy F1-2015 1.6 V6 t AUS
6
MAL
10
CHN
9
BHR
6
ESP
7
MON
5
CAN
13
AUT
10
RU
Ret
HUN
3
BEL
Ret
ITA
8
SIN
2
XPN
15
RUS
15
USA
10
MEX
5
BRA
11
ABU
6
92
2016 Red Bull Racing Red Bull RB12 TAG Heuer 1.6 V6 t AUS
4
BHR
4
CHN
4
RUS
11
ESP
4
MON
2
CAN
7
EUR
7
AUT
5
GBR
4
HUN
3
ALE
2
BEL
2
ITA
5
SIN
2
MAL
1
XPN
6
USA
3
MEX
3
BRA
8
ABU
5
256
2017 Red Bull Racing Red Bull RB13 TAG Heuer 1.6 V6 t AUS
Ret
CHN
4
BHR
5
RUS
Ret
ESP
3
MON
3
CAN
3
ACE
1
AUT
3
GBR
5
HUN
Ret
BEL
3
ITA
4
SIN
2
MAL
3
XPN
3
USA
Ret
MEX
Ret
BRA
6
ABU
Ret
200
2018 Red Bull Racing Red Bull RB14 TAG Heuer 1.6 V6 t AUS
4
BHR
Ret
CHN
1
ACE
Ret
ESP
5
MON
1
CAN
4
FRA
4
AUT
Ret
GBR
5
ALE
Ret
HUN
4
BEL
Ret
ITA
Ret
SIN
6
RUS
6
XPN
4
USA
Ret
MEX
Ret
BRA
4
ABU
4
170
2019 Renault F1 Team Renault R.S.19 Renault E-Tech 19 1.6 V6 t AUS
Ret
BHR
18†
CHN
7
AZE
Ret
ESP
12
MON
9
CAN
6
FRA
11
AUT
12
GBR
7
ALE
Ret
HUN
14
BEL
14
ITA
4
SIN
14
RUS
Ret
XPN
DSC
MEX
8
USA
6
BRA
6
ABU
11
54
2020 Renault DP World F1 Team Renault R.S.20 Renault E-Tech 20 1.6 V6 t AUT
Ret
EST
8
HUN
8
GBR
4
70A
14
ESP
11
BEL
4
ITA
6
TUS
4
RUS
5
EIF
3
POR
9
EMI
3
TUR
10
BAH
7
SAK
5
ABU
7
119
2021 McLaren F1 Team McLaren MCL35M Mercedes M12 E Performance V6 t BHR
7
EMI
6
POR
9
ESP
6
MON
12
ACE
9
FRA
6
EST
13
AUT
7
GBR
5
HUN
11
BEL
4‡
NED
11
ITA
1
+1
RUS
4
TUR
13
USA
5
MEX
12
BRA
Ret
QAT
12
SAU
5
ABU
12
115
2022 McLaren F1 Team McLaren MCL36 Mercedes F1 M13 E Performance 1.6 V6 t BHR
14
SAU
Ret
AUS
6
EMI
186
MIA
13
ESP
12
MON
13
ACE
8
CAN
11
GBR
13
AUT
9
FRA
9
HUN
15
BEL
15
NED
17
ITA
Ret
SIN
5
XAP
11
USA
16
MEX
7
BRA
Ret
ABU
9
11º 37
2023 Scuderia AlphaTauri AlphaTauri AT04 Honda RBPTH001 1.6 V6 t BHR
SAU
AUS
ACE
MIA
EMI
MON
ESP
CAN
AUT
GBR
HUN
13
BEL
16
NED
ITA
SIN
XAP
QAT
USA
15
MEX
7
BRA
13
LVG
14
ABU
11
17º 6
2024 RB Formula One Team RB VCARB 01 Honda RBPTH002 1.6 V6 t BHR
13
SAU
16
AUS
12
XAP
Ret
CHN
Ret
MIA
154
EMI
13
MON
12
CAN
8
ESP
15
AUT
9
GBR
13
HUN
12
BEL
10
NED
12
ITA
13
ACE
13
SIN
18
USA
MEX
BRA
LVG
QAT
ABU
13º* 12*

* Tempada en curso

  1. "F1: Australian Daniel Ricciardo named as successor to Mark Webber driving for team Red Bull in 2014". Australian Broadcasting Corporation. Consultado o 3 de setembro de 2013. 
  2. Benson, Andrew (8 de xuño de 2014). "Ricciardo wins ahead of Rosberg, Hamilton retires". BBC Sport (BBC). Consultado o 21 de decembro de 2014. 
  3. Johnson, Daniel (27 de xullo de 2014). "Lewis Hamilton beats Nico Rosberg to third at Hungarian GP in thrilling battle as Daniel Ricciardo claims victory". The Daily Telegraph (Telegraph Media Group). Consultado o 29 de xullo de 2014. 
  4. "Daniel Ricciardo Q&A: Great to taste winner's champagne again!". Formula1.com (Formula One Administration). 24 de agosto de 2014. Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2015. Consultado o 21 de decembro de 2014. 
  5. "Daniel Ricciardo Wins Malaysian Grand Prix in a Red Bull Sweep". New York Times. Consultado o 2 de outubro de 2016. 
  6. "How Daniel Ricciardo ended up finishing third in the Mexican Grand Prix". Fox Sports AU. Consultado o 30 de outubro de 2016. 
  7. "2005 Western Australian Formula Ford Championship Final Pointscore". formulaford1600.com.au. Australian Formula Ford State Racing. Arquivado dende o orixinal o 19-08-2006. Consultado o 30-01-2010. 
  8. "Betta Electrical Sandown 500 - Rd 9 2005 V8 Supercar Series Sandown International Motor Raceway 2005 Australian Formula Ford Championship Qualifying". National Software. AVESCO; Melbourne University Car Club Inc. 10-09-2005. Arquivado dende o orixinal o 18-03-2012. Consultado o 30-01-2010. 
  9. English, Steven (xullo d e2008). "Hülkenberg is 'Ring Leader". Autosport 193 (5): 58–59. 
  10. "Carlin confirms Red Bull duo". crash.net. 02-01-2009. Arquivado dende o orixinal o 10-09-2012. Consultado o 03-02-2009. 
  11. "West Australian Daniel Ricciardo expected to make major moves pre-Christmas". news.com.au. 26-09-2009. Arquivado dende o orixinal o 29-09-2009. Consultado o 09-10-2009. 
  12. O'Leary, Jamie (30-10-2009). "Ricciardo joins Hartley at Tech 1". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 09-11-2009. 
  13. Beer, Matt; Noble, Jonathan (09-11-2009). "Red Bull to give Ricciardo first F1 test". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 10-11-2009. 
  14. O'Leary, Jamie (03-12-2009). "Ricciardo ends Jerez test on top". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 03-12-2009. 
  15. Noble, Jonathan (26-01-2010). "Ricciardo, Hartley to be Red Bull reserves". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 27-01-2010. 
  16. "Ricciardo, piloto de Hispania Racing". hispaniaracing.com. 30-01-2010. Consultado o 30-01-2010. 
  17. Elizalde, Pablo (2011-12-14). "Ricciardo, Vergne to race for Toro Rosso in 2012 Formula 1 season". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 2011-12-14. 
  18. "Ricciardo and Vergne get another year". AUSmotive.com (AUSmotive.com). 2012-11-31. Consultado o 2011-11-01. 
  19. "Renault assina com Ricciardo, mantém Hülkenberg e fecha dupla de pilotos para temporada 2019". Grande Prêmio. 3 de agosto de 2018. Consultado o 23 de xaneiro de 2019. 
  20. "McLaren swoop for Daniel Ricciardo as Carlos Sainz replacement for 2021". formula1.com. 14 de maio de 2020. Consultado o 14 de maio de 2020. 
  21. "F1: Ricciardo cita contrato de três anos como prova de 'crença' na McLaren". motorsport.uol.com.br. 19 de febreiro de 2021. Consultado o 19 de febreiro de 2021. 
  22. "GP da Itália: com Ricciardo, Mclaren vence pela 1ª vez desde 2012; Verstappen e Hamilton batem". Globoesporte.com. 12 de setembro de 2021. Consultado o 12 de setembro de 2021. 
  23. "F1: Ricciardo anuncia saída da McLaren ao final da temporada 2022 e abre caminho para Piastri". motorsport.uol.com.br. 24 de agosto de 2022. Consultado o 24 de agosto de 2022. 
  24. "Daniel Ricciardo and McLaren to part ways after 2022 F1 season". www.motorsport.com (en inglés). Consultado o 2022-08-24. 
  25. "Red Bull confirm Ricciardo to return as third driver in 2023". Formula 1 (en inglés). 23 de novembro de 2022. Consultado o 23 de novembro de 2022. 
  26. Cleeren, Filip (11 de xullo de 2023). "AlphaTauri F1 set to replace De Vries for remainder of 2023". motorsport.com. Consultado o 11 de xullo de 2023. 
  27. "SCUDERIA ALPHATAURI WELCOMES BACK DANIEL RICCIARDO". Scuderia AlphaTauri. 11 de xullo de 2023. Consultado o 11 de xullo de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]