Día da Hixiene Menstrual
Día da Hixiene Menstrual | |
---|---|
Datos da festa | |
Organizador | WASH United |
Na rede | |
menstrualhygieneday.org/ | |
O Día da Hixiene Menstrual é unha iniciativa que se celebra o 28 de maio co obxectivo de acabar coa pobreza menstrual, concienciar sobre a hixiene e a mala xestión menstrual, así como cambiar as percepcións negativas ou estigmas arredor da menstruación. O proxecto foi iniciado pola ONG alemá WASH United en 2013. A data refírese á duración media do ciclo menstrual (28 días) e do sangrado (5 días) e comezou a celebrarse en 2014.[1] Nesta data évanse a cabo actividades conxuntas con asociacións e empresas membros da coalición WASH United [2] e celébrase a nivel mundial con obradoiros, seminarios, discursos, campañas nos medios, proxeccións audiovisuais, marchas e exposicións.[3] En 2018, catrocentas organizacións participaron na xornada a nivel mundial [4] e en 2019 houbo 726 eventos en 74 países.[5]
A Organización Mundial da Saúde define o Día da Hixiene Menstrual como unha oportunidade para integrar medidas relacionadas co manexo da menstruación en programas e políticas a nivel global, nacional e local.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "World Menstrual Hygiene Day 2020: Date, Theme, Significance and Quotes for the Occasion". News-18 (en inglés). 28 de maio de 2020. Consultado o 15 de maio de 2021.
- ↑ "Menstruation misery for schoolgirls as sanitation woes hit hopes for the future" (en inglés). 28 de maio de 2014. Consultado o 16 de maio de 2021.
- ↑ "Menstrual Hygiene Day on 28th May: History, theme and significance" (en inglés). 27 de maio de 2019. Consultado o 15 de maio de 2021.
- ↑ The Lancet Child & Adolescent Health (2018-06). "Normalising menstruation, empowering girls". The Lancet Child & Adolescent Health (en inglés) 2 (6): 379. doi:10.1016/S2352-4642(18)30143-3.
- ↑ Fondo de Poboación das Nacións Unidas, ed. (28 de maio de 2020). "Nueve cosas que usted debe saber sobre los períodos y la pandemia". Sitio web do Fondo de Poboación das Nacións Unidas. Consultado o 4 de xullo de 2021.
A manera de ejemplo, el Día de la Higiene Menstrual del año pasado se produjeron 726 eventos sobre el terreno en 74 países, marco en que las personas abogaron por el fin de los tabúes y estigmas menstruales.
- ↑ "Menstrual Hygiene Day". Sitio web da OMS (en inglés). Organización Mundial da Saúde. 28 de maio de 2018. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2018. Consultado o 15 de maio de 2021.