Copa de Europa 1985-86
Tipo | Liga de Campións da UEFA |
---|---|
Deporte | fútbol |
Organizador | União das Federações Europeias de Futebol (pt) |
Número de participantes | 31 |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Intervalo de tempo | 18 de setembro de 1985 – 7 de maio de 1986 |
Número de edición | 31 |
Competición | |
Primeiro posto | CSA Steaua București (República Socialista de Romanía) |
Datos estatísticos | |
Partidos | 59 |
Goles | 167 |
Gol | Torbjörn Nilsson (pt) ↔ IFK Göteborg (7) |
Outro | |
Páxina web oficial | uefa.com… |
A tempada 1985-86 da Copa de Europa de fútbol organizada pola UEFA disputouse entre outubro de 1985 e maio de 1986, e nel participaron 31 equipos de 30 países. Nesta 31ª edición da Copa de Europa o equipo romanés do Steaua acadou o seu primeiro e único título continental, vencendo na final disputada no estadio Sánchez Pizjuán de Sevilla ao FC Barcelona.
Esta foi a primeira tempada na que o fútbol inglés foi afastado das competicións europeas por mor da sanción imposta pola UEFA tralos feitos acontecidos en Bruxelas na final anterior, e que se coñecen como a Traxedia de Heysel.
Dezaseisavos de final
[editar | editar a fonte]Equipo Local Ida | Resultado | Equipo Visitante Ida | Ida | Volta |
---|---|---|---|---|
Górnik Zabrze | 2 - 6 | Bayern Munich | 1 - 2 | 1 - 4 |
Dinamo Berlín | 1 - 4 | FK Austria Viena | 0 - 2 | 1 - 2 |
RSC Anderlecht[1] | Pasa. | - | - | |
Rabat Ajax FC | 0 - 10 | AC Omonia | 0 - 5 | 0 - 5 |
Budapest Honvéd FC | 5 - 1 | Shamrock Rovers FC | 2 - 0 | 3 - 1 |
Vejle BK | 2 - 5 | Steaua de Bucarest | 1 - 1 | 1 - 4 |
Zenit Leningrado | 4 - 0 | Vålerenga IF | 2 - 0 | 2 - 0 |
Kuusysi | 4 - 2 | FK Sarajevo | 2 - 1 | 2 - 1 |
Linfield FC | 3 - 4 | Servette FC | 2 - 2 | 1 - 2 |
ÍA Akranes | 2 - 7 | Aberdeen FC | 1 - 3 | 1 - 4 |
IFK Göteborg | 5 - 3 | Trakia Plovdiv | 3 - 2 | 2 - 1 |
Girondins de Bordeaux | 2 - 3 | Fenerbahçe SK | 2 - 3 | 0 - 0 |
TJ Sparta ČKD Praha | 2 - 2(v) | FC Barcelona | 1 - 2 | 1 - 0 |
FC Porto | 2 - 0 | Ajax Ámsterdan | 2 - 0 | 0 - 0 |
Hellas Verona FC | 5 - 2 | PAOK Salónica FC | 3 - 1 | 2 - 1 |
Jeunesse Esch | 1 - 9 | Juventus FC | 0 - 5 | 1 - 4 |
Roldas seguintes
[editar | editar a fonte]Oitavos de final | Cuartos de final | Semifinais | Final | |||||||||||||||
23 de outubro - 7 de novembro | 5 de marzo - 19 de marzo | 2 de abril - 16 de abril | 7 de maio (Sevilla) | |||||||||||||||
Bayern Munich | 4 | 3 | ||||||||||||||||
FK Austria Viena | 2 | 3 | ||||||||||||||||
Bayern Munich | 2 | 0 | ||||||||||||||||
RSC Anderlecht | 1 | 2 | ||||||||||||||||
RSC Anderlecht | 1 | 3 | ||||||||||||||||
AC Omonia | 0 | 1 | ||||||||||||||||
RSC Anderlecht | 1 | 0 | ||||||||||||||||
Steaua Bucarest | 0 | 3 | ||||||||||||||||
Honvéd FC | 1 | 1 | ||||||||||||||||
Steaua Bucarest | 0 | 4 | ||||||||||||||||
Steaua Bucarest | 0 | 1 | ||||||||||||||||
Kuusysi | 0 | 0 | ||||||||||||||||
Zenit Leningrado | 2 | 1 | ||||||||||||||||
Kuusysi (pr) | 1 | 3 | ||||||||||||||||
Steaua B. (p) | 0 (2) | |||||||||||||||||
FC Barcelona | 0 (0) | |||||||||||||||||
Servette FC | 0 | 0 | ||||||||||||||||
Aberdeen FC | 0 | 1 | ||||||||||||||||
Aberdeen FC | 2 | 0 | ||||||||||||||||
IFK Göteborg (v) | 2 | 0 | ||||||||||||||||
IFK Göteborg | 4 | 1 | ||||||||||||||||
Fenerbahçe SK | 0 | 2 | ||||||||||||||||
IFK Göteborg | 3 | 0 (4) | ||||||||||||||||
FC Barcelona (p) | 0 | 3 (5) | ||||||||||||||||
FC Barcelona (v) | 2 | 1 | ||||||||||||||||
FC Porto | 0 | 3 | ||||||||||||||||
FC Barcelona | 1 | 1 | ||||||||||||||||
Juventus FC | 0 | 1 | ||||||||||||||||
Hellas Verona FC | 0 | 0 | ||||||||||||||||
Juventus FC | 0 | 1 |
Final
[editar | editar a fonte]Competición | Copa de Europa | ||
Tempada | 1985-86 | ||
Estadio | Estadio Sánchez Pizjuán (Sevilla) | ||
Capacidade | 70.000 | ||
Campión | Steaua de Bucarest | ||
Finalista | FC Barcelona | ||
Resultado | 0 - 0 (2-0 nos penaltis) | ||
|
A final da Copa de Europa na súa edición 1985-86 disputouse o 7 de maio de 1986 no Estadio Ramón Sánchez Pizjuán, ao cal acudiron 70.000 persoas, maioritariamente seareiros do FC Barcelona. Era a 1ª vez que este recinto acollía este evento.
A esta final chegaron o FC Barcelona e o Steaua de Bucarest. O conxunto catalán chegaba á súa 2ª final, en tanto que o equipo romanés debutaba nunha máxima final continental. Non obstante, nin uns nin outros tiñan este trofeo no seu palmarés, de xeito que nesta final nacería un campión inédito.
Os adestradores dos dous equipos eran Emerich Jenei (Steaua B.) e Terry Venables (FC Barcelona). Ningún deles tiña no seu palmarés ningún título europeo, e ámbolos dous debutaban nunha final.
O elixido para arbitrar esta final da Copa de Europa foi o francés Michel Vautrot.
O FC Barcelona chegaba á final despois de eliminar o Sparta de Praga en dezaseisavos de final, ó FC Porto en oitavos de final, á Juventus FC en cuartos, e ó IFK Göteborg nas semifinais. Tanto a eliminatoria de cuartos fronte á Juventus FC como a de semifinais fronte ó IFK Göteborg foron de infarto, e aínda son moi recordadas pola afección culé. Pola súa banda, o Steaua de Bucarest tivo que eliminar o Vejle BK dinamarqués en dezaseisavos de final, ó Honvéd FC húngaro en oitavos de final, ó FC Lahti Kuusysy finés en cuartos, e ó RSC Anderlecht belga en semifinais.
O encontro non foi bonito no tocante ó xogo que practicaron os dous equipos, o cal beneficiou ó Steaua de Bucarest, que sobre o papel era o menos favorito dos dous. O encontro chegou ós 90 minutos co resultado inicial de táboas, 0-0. Na prórroga tampouco houbo goles, e polo tanto houbo que ir ós lanzamentos dende o punto de penalti. Entón foi cando chegou o momento do xogador do encontro, o porteiro romanés Helmut Duckadam, que detivo tódolos lanzamentos do FC Barcelona, e permitiu que o Steaua de Bucarest (que anotou 2 dos seus lanzamentos) acadase a vitoria.
Este triunfo supuxo a primeira e única Copa de Europa da historia do Steaua de Bucarest.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O RSC Anderlecht clasificóuse directamente para oitavos de final por sorteo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web da UEFA (en inglés)