Saltar ao contido

Conversa:Éibar

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

¿Alguén pode confirmar se é "Éibar" ou "Eibar" (con ou sen til)? No texto utilízanse indisfintamente as dúas formas. Pedro --Lameiro 22:02, 24 setembro 2007 (UTC)

Sen ser experto: entendo que debe ser "Éibar - Eibar": vexo que pondes primeiro o nome en galego e depois na lingua orixinal, en este caso o basco. Como en galego dise "éibar" pois xa está ... pero xa diredes, non son experto nin na galipedia nin no galego.--Quatrinauta 22:05, 24 setembro 2007 (UTC)

Untitled

[editar a fonte]
    • Pero ¿de onde quitas que "Como en galego dise "éibar" pois xa está"?
    • O autor do artigo escribe nun momento (non o lera antes da primeira pregunta) que: "Hoxe en día utilízanse as formas Éibar e Eibar (esta última oficial tanto en euskera como en galego)". De aí deduzo que en vasco serían oficiais as dúas formas e en galego sen acento. Fago notar que en eu.wikipedia.org o escriben sen acento [1].
    • Outra pregunta: no texto di "O val do Deva foi territorio Calistio á chegada dos romanos á península (o euskera falado neste lugar é a variante vizcaína que coincide, aproximadamente, coa ocupación territorial dos Caristios)". ¿como é: "calistio" ou "caristio"?
    • E unha última pregunta: no texto escribe unhas veces "armero" e outras "armeiro". No VOLGa só admite "armeiro" como sustantivo e non lle vexo forma ó adxectivo. ¿Alguén lle sabe a solución?
    • Pedro --Lameiro 22:43, 24 setembro 2007 (UTC)


Ooops! confundín o que eu creía coa realidade, asi que retiro o de Como en galego dise "éibar" .... aínda estou acostumado á Inciclopedia. Borrei o de arriba (decídeme si non se pode facer, repóñoo).--Quatrinauta 19:23, 25 setembro 2007 (UTC)

ó meu entender, en vasco escríbese sen til, pero acentúase no E, polo que en galego, para manter a acentuación, debe escribirse Éibar, polo que o nome do artigo debera ser Éibar - Eibar, e no resto do artigo utilizar Éibar. Respecto ó de armeiro, no diccionario de xerais non ten entrada propia como adxectivo, pero si o emprega como exemplo. Armero non aparece en ningún caso. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 18:30, 19 xullo 2008 (UTC)

  • Non acabo de concordar, na Enciclopedia Galega Universal de Ir Indo aparece Eibar [2].--Arco de Rayne 18:52, 19 xullo 2008 (UTC)
    • Corrixido armeros e calislios por armeiros e caristios (seguindo no segundo caso a entrada da RAE). Queda só o tema de Eibar con ou sen til, no que non me atrevo a meter baza, pero coa referncia da EGU sen til, creo que a decisión debe estar clara. Pedro --Lameiro (conversa) 19:18, 19 xullo 2008 (UTC)

Entendo que é a referencia primaria. Sexa pois. Lamento dar traballiño ós administradores, pois agora hai que desfacer o feito. En calquera caso, vaime custar pronunciar o nome da cidade en agudo a partir de agora. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 19:22, 19 xullo 2008 (UTC)

Segundo a RAG, é Éibar (con til ) (Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para eibarrés.). --Norrin (Fálame) 18 de marzo de 2014 ás 14:31 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)

[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Éibar. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 8 de setembro de 2018 ás 13:03 (UTC)[responder]