Congreso Nacional Africano
Congreso Nacional Africano | |
---|---|
Tipo | partido político |
Ideoloxía | Nacionalismo africano e Socialdemocracia |
Data de fundación | 8 de xaneiro de 1912 |
Fundador(es) | John Langalibalele Dube |
Presidente/a | Cyril Ramaphosa (2017-) |
Secretario/a | Ace Magashule |
Nº de membros | 896.000 (2018) |
Sede | Luthuli House |
País | Suráfrica |
Na rede | |
https://www.anc1912.org.za/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Congreso Nacional Africano (CNA, en inglés African National Congress, ANC ) é un partido surafricano que se fundou o 8 de xaneiro de 1912 en Bloemfontein co nome de Congreso Nacional Nativo Surafricano co obxectivo de defender os dereitos da maioría negra, entre os fundadores salienta o poeta Sol Plaatje e John Dube o seu primeiro presidente pero o seu dirixente máis coñecido foi Nelson Mandela. En 1923 mudou ao seu actual nome e a partir de 1948 tivo un papel destacado na loita contra o apartheid. Desde o establecemento da democracia en 1994 é o partido do goberno, apoiado nunha alianza tripartita na que tamén entran o Congreso de Sindicatos de Suráfrica (Congress of South African Trade Unions - COSATU) e o Partido Comunista de Suráfrica (South African Communist Party- SACP). Forma parte da Internacional Socialista.
Algúns líderes
[editar | editar a fonte]- Nelson Mandela
- Oliver Tambo
- Walter Sisulu
- Albert Lutuli
- Thabo Mbeki
- John Dube
- Cyril Ramaphosa
- Jacob Zuma
- Jessie Duarte