Saltar ao contido

Cleonice Berardinelli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCleonice Berardinelli
Biografía
Nacemento28 de agosto de 1916 Editar o valor en Wikidata
Río de Xaneiro, Brasil Editar o valor en Wikidata
Morte31 de xaneiro de 2023 Editar o valor en Wikidata (106 anos)
Actividade
Campo de traballoCiencia da literatura e Literatura portuguesa Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónprofesora universitaria, especialista en literatura Editar o valor en Wikidata
EmpregadorPontificia Universidade Católica de Río de Xaneiro
Universidade Federal do Río de Xaneiro Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

Musicbrainz: 9807f59b-89e9-46e7-af8f-20ba86b33855 Editar o valor en Wikidata


Cleonice Seroa da Mota Berardinelli (en grafía antiga Cleonice Serôa da Motta Berardinelli) ComSEGCSE • ComIH • GCIH, nada no Río de Xaneiro o 28 de agosto de 1916 e finada o 31 de xaneiro de 2023, foi unha profesora universitaria brasileira, especialista en literatura portuguesa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Graduada en Letras Neolatinas pola Universidade de São Paulo (1938), foi profesora na Universidade Federal de Río de Janeiro (1959), cunha tese titulada Poesia e Poética de Fernando Pessoa.

Especialista en Camões e Fernando Pessoa, foi profesora emérita da Universidade Federal de Río de Janeiro e da Pontificia Universidade Católica de Río de Janeiro, investigadora 1-C do Consello Nacional de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico, consultora ad hoc da Coordenação de Aperfeiçoamento de Pessoal de Nivel Superior (CAPES) e consultora ad hoc da Fundação Carlos Chagas Filho de Amparo á Pesquisa do Estado do Río de Janeiro.

O 21 de setembro de 1966 foi nomeada comandante da Ordem do Infante D. Henrique, de Portugal. O 8 de xuño de 2016 foi elevado á Gran Cruz da mesma Orde.[1]

Foi a correspondente académica brasileira da Academia das Ciências de Lisboa, Classe de Letras, desde o 27 de novembro de 1975. [2]

O 26 de novembro de 1987 foi nomeada comandante da Orde Militar de Sant'Iago da Espada, Portugal. O 21 de xullo de 2006 foi elevado á Gran Cruz da mesma Orde.[1]

O 16 de decembro de 2009 foi elixida para ocupar a cadeira número 8 da Academia Brasileira de Letras.[3]

Foi nomeada doutora honoris causa por diversas universidades.[4]

Obras seleccionadas

[editar | editar a fonte]
  • Estudos camonianos. Río de Xaneiro, Nova Fronteira, ed. revista e ampliada, 2000 (edición orixinal: Rio de Xaneiro, MEC - Departamento de Assuntos Culturais, 1973, con prefacio de Maximiano de Carvalho e Silva).
  • Obras em prosa: Fernando Pessoa. Organización, introdución e notas de Cleonice Berardinelli. Río de Xaneiro, Nova Aguilar, 1986.
  • A passagem das horas de Álvaro de Campos. Edición crítica de Cleonice Berardinelli. Nota previa de Ivo Castro. Lisboa, Imprensa Nacional-Casa da Moeda, 1988.
  • Poemas de Álvaro de Campos. Edición crítica de Cleonice Berardinelli. Lisboa, Imprensa Nacional-Casa da Moeda, 1990.
  • Fernando Pessoa: outra vez te revejo... Río de Xaneiro, Lacerda, 2004.
  • Fernando Pessoa: antologia poética, Editora Casa da Palavra, 2012.
  1. 1,0 1,1 "Cidadãos Estrangeiros Agraciados com Ordens Portuguesas". Resultado da busca de "Cleonice Serôa da Motta Berardinelli". Consultado o 2018-02-18. 
  2. Académicos correspondentes brasileiros da Classe de Letras da Academia das Ciências de Lisboa
  3. Folha Online (16 de dezembro de 2009). "ABL elege professora Cleonice Berardinelli para a cadeira número 8". Consultado o 17 de decembro de 2009. 
  4. "Cleonice Berardinelli". Academia Brasileira de Letras (en portugués). Consultado o 2023-01-12. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]