Saltar ao contido

Casa de Pedro Román

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa de Pedro Román
Edificio
LocalizaciónVigo, Galiza
Coordenadas42°14′20″N 8°43′31″O / 42.238761, -8.725353
Construción
Inicio1889
Equipo
Arquitecto(s)Jenaro de la Fuente Domínguez
editar datos en Wikidata ]

A Casa de Pedro Román, ou Edificio Ferro, é unha construción localizada nas rúas de Joaquín Yáñez e Fermín Penzol, na Cidade Vella de Vigo. Trátase dun dos edificios históricos máis importantes da cidade. Actualmente acolle, trala súa rehabilitación, a Biblioteca Pública Central de Vigo. Anteriormente acolleu durante moito tempo os Almacenes Ferro, que acabaron dando nome alternativo ao edificio, popularmente referido na cidade hoxe coma "Edificio Ferro".

O edificio foi construído por Jenaro de la Fuente Domínguez, baixo iniciativa de Pedro Román, coa finalidade de servir na súa planta baixa como comercio, e coma sede do Casino de Vigo, no primeiro andar.

Construción e estilo

[editar | editar a fonte]

Para a súa realización, o arquitecto reedificou unha construción anterior[1] e reformou por completo a fachada oeste, que dá á rúa Joaquín Yañez, antes rúa Imperial. Esta fachada distínguese polo seu eclecticismo clasicista, típico de Jenaro de la Fuente, onde cada andar ten unha decoración propia, dentro dun mesmo esquema compositivo, con pilastras elevadas sobre plintos e soportando voluminosas arquitrabes. A necesidade de luz para os comercios da planta baixa, ou para a sala de baile do Casino, obrigaron a abrir grandes vans que lle dan ao edificio un ar diáfano, amplo e luminoso, contrastando coa fachada sur, maciza e sen grandes vans.[1] Hoxe en día este salón de baile, que salienta pola súa amplitude e elegante decoración, é a sala de lectura principal da Biblioteca Pública Central de Vigo.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Garrido Rodríguez, Jaime, 2000, A Arquitectura da Pedra en Vigo, Vigo, Construcciones Conde, pp. 192.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]