Bundesdruckerei
Bundesdruckerei GmbH | |
---|---|
Sede central en Berlín. | |
Fundación | 1879 |
Localización | Berlín, Alemaña |
Persoas clave | Ulrich Hamann (CEO) |
Beneficio | 292.1 millóns de € (2007) |
Número de empregados | 1,317 (2007) |
Na rede | |
https://www.bundesdruckerei.de/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Bundesdruckerei (en alemán, Imprenta Federal) é un fabricante xermano de billetes de euro, selos, cartóns de identidade, pasaportes, visados, permisos de conducir, e permisos de circulación de vehículos.
Fundouse como Reichsdruckerei ("Imprenta do Reich") en 1879, mantendo ese nome até 1945. En 1951, adoptou o nome actual de Bundesdruckerei. A compañía foi privatizada en 1994, expandindo o nicho de negocio a varios campos realacionados coa seguranza. En 2009 volveríase converter en empresa pública.
En setembro de 2014, o Bundesdruckerei logrou unha vitoria nun caso ante Tribunal de Xustiza da Unión Europea ao obter unha cuestión preduxicial contra cidade de Dortmund con relación ao pago do salario mínimo alemán ante un contrato para dixitalizar documentos pero cuxa licitación logo era subarrendada a unha empresa con sede en Polonia, polo que non era de aplicación a lei do salario mínimo xermano.[1]
No 2015, o Bundesdruckerei gañou a licitación da Organización de Aviación Civil Internacional para subministrar o servizo da súa base de datos de pasaportes electrónicos (International Civil Aviation Organization Public Key Directory).[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Case C-549/13 Bundesdruckerei GmbH v. Stadt Dortmund, 18 de setembro de 2014
- ↑ "Bundesdruckerei macht das Reisen weltweit sicherer". Bundesdruckerei GmbH. Xullo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2020. Consultado o 15 de xuño de 2020.