Saltar ao contido

Brevirostres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brevirostres
Rango fósil: Cretáceo tardío - Actual
(desde hai 83,5 millóns de anos)

Alligator mississippiensis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Reptilia
Orde: Crocodilia
(sen clasif.): Brevirostres (clado)
von Zittel, 1890

Brevirostres é un clado de crocodilianos que inclúe os aligatóridos (aligátores e caimáns) e os crocodiloides. Os Brevirostres son crocodilianos con fociños curtos, e distínguense dos gaviais, os cales teñen fociños longos e delgados. Defínese filoxeneticamente como o último antepasado común de Alligator mississippiensis e Crocodylus niloticus e todos os seus descendentes.[1] O seguinte cladograma mostra as relacións filoxenéticas de Brevirostres segundo Brochu (1997):[2]

Crocodylia 

Gavialoidea

Borealosuchus

Pristichampsus

 Brevirostres 

Alligatoroidea

Crocodyloidea

O nome Brevirostres foi acuñado por primeira vez por Karl Alfred von Zittel en 1890. Von Zittel considerou que Gavialis, o gavial, estaba estreitamente relacionado con Tomistoma, o falso gavial, e excluíu ambos do grupo. Tomistoma, como o seu nome implica, tradicionalmente non era considerado moi emparentado con Gavialis, senón clasificado como un crocodílido. Dentro desa clasificación, todos os membros de Brevirostres son brevirrostrinos, ou de fociño curto. Porén, análises moleculares recentes apoian a clasificación de Zittel e sitúan Tomistoma como un parente relativamente próximo de Gavialis. Se esta clasificación se acepta, Brevirostres poderá considerarse un sinónimo júnior de Crocodylia. Se Brevirostres se define como o últio antepasado común de todos os brevirrostrinos, incluíndo Tomistoma, e todos os seus descendentes, os descendentes do antepasado común incluirían o gavial, e, por tanto, todos os crocodilianos.[3]

  1. Brochu, C. A. (2003). "Phylogenetic approaches toward crocodylian history" (PDF). Annual Review of Earth and Planetary Sciences 31: 357–97. doi:10.1146/annurev.earth.31.100901.141308. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de abril de 2015. Consultado o 06 de agosto de 2017. 
  2. Brochu, C.A. (1997). "A review of "Leidyosuchus" (Crocodyliformes, Eusuchia) from the Cretaceous through Eocene of North America". Journal of Vertebrate Paleontology 17 (4): 679–697. JSTOR 4523857. doi:10.1080/02724634.1997.10011017. 
  3. Brochu, C.A. (1999). "Phylogenetics, taxonomy, and historical biogeography of Alligatoroidea". Memoir (Society of Vertebrate Paleontology) 6: 9–100. doi:10.2307/3889340. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.