Bomb City
Bomb City | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Bomb City |
Director | Jameson Brooks |
Produtor | |
Guión | |
Intérpretes | |
Música | |
Fotografía | Jake Wilganowski |
Montaxe |
|
Estudio | |
Distribuidora | Gravitas Ventures[1] |
Estrea | 31 de marzo de 2017 no Dallas International Film Festival 9 de febreiro de 2018 en Hollywood |
Duración | 99 minutos |
Orixe | Estados Unido |
Recadación | $59,329[2] |
Na rede | |
Bomb City é un filme americano de 2017 dirixido por Jameson Brooks e co-escrito por Jameson Brooks e Sheldon R. Chick. O filme baséase na morte de Brian Deneke, un homicidio que revelou o enfrontamento cultural existente entre os estadounidense locais e a comunidade punk de Amarillo, Texas, e o resultado do subseguinte xuízo que expón un debate sobre a xustiza no sistema xudicial americano. O título do filme fai referencia a un dos alcumes da cidade de Amarillo, polas súas instalacións de armas nucleares.[3]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Brian é un adolescente de Amarillo, Texas, seguidor da música punk. Na cidade, sendo conservadora, alberga moitos mozos que asisten a concertos de punk, enfrontándose habitualmente cos mozos dun equipo de fútbol do instituto local: The Tascosa rebels. Os dous grupos acaban leando nun aparcadoiro unha noite, acabando na morte de Brian Deneke atropelado por un coche. Mentres tanto vaise vendo o xuízo, e mostrando o veredicto final de non culpábel.[4]
Elenco
[editar | editar a fonte]- Dave Davis como Brian[5]
- Glenn Morshower como Cameron Wilson[6]
- Logan Huffman como Ricky[4]
- Lorelei Linklater como Rome
- Maemae Renfrow como Jade
- Dominic Ryan Gabriel como Jason[7]
- Henry Knotts como King
- Eddie Hassell como Oles
- Luke Shelton como Cody Cates
Produción
[editar | editar a fonte]O filme era o primeiro filme dirixido por Jameson Brooks. Brooks escribiu o guión cun amigo oriundo de Amarillo, Sheldon Chick, e Chick produciu o filme con Major Dodge.[3][8] As escenas para o filme foron rodadas en Dallas, Amarillo, Rockwall e Denton, Texas. A fotografía foi dirixida por Jake Wilganowski.[3]
Estrea
[editar | editar a fonte]Bomb City foi vista por primeira vez no Festival de Cine Internacional de Dallas a pincipios de 2017. O filme foi visto de novo o 23 de xaneiro de 2018 no Centro Globe-News de Artes de Amarillo.[8] Despois de exposión, o filme entón expúxose en 17 cidades.[3]
O filme foi lanzado dixitalmente o 9 de febreiro de 2018. O DVD e Blu-Ray é do 12 de abril de 2018.[3]
Recepción
[editar | editar a fonte]Na páxina de Rotten Tomatoes, o filme tiña un índice de aprobación do 75% baseado en doce opinións, cunha nota media de 6.1/10.[9] En Metacritic, o filme tiña unha puntuación media de 65 sobre 100, baseada en cinco críticas, describindo "xeralmente opinións favorábeis".[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Bomb City". Box Office Mojo. Consultado o 13 de febreiro de 2018.
- ↑ "Bomb City (2018) - Box Office Mojo".
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Anarchy in Amarillo: 'Bomb City' revisits the punks vs. jocks feud". 1 de febreiro de 2018.
- ↑ 4,0 4,1 "Bomb City". 9 de febreiro de 2018.
- ↑ "Film Review: 'Bomb City'". o de febreiro de 2018.
- ↑ "What the Killing of a Punk in Texas Says About America". 13 de decembro de 2017.
- ↑ "'Bomb City': Film Review". 8 de febreiro de 2018.
- ↑ 8,0 8,1 "Bomb City Retells the Tensions Behind the Killing of a Texas Punk". 9 de febreiro de 2018.
- ↑ "BOMB CITY".
- ↑ "Bomb City".