Blu-ray Disc
Blu-ray (tamén coñecido por BD ou Blu-ray Disc) é un formato de disco óptico de nova xeración de 12 cm de diámetro (igual que o CD e o DVD) para vídeo de alta definición e almacenaxe de datos de alta densidade. Compite por converterse no estándar de medios ópticos sucesor do DVD. O seu rival é o HD-DVD. O disco Blu-Ray fai uso dun láser de cor violeta de 405 nanómetros, a diferenza do DVD, que usa un láser de cor vermella de 650 nanómetros. Isto permite gravar máis información nun disco do mesmo tamaño. Blu-ray obtén o seu nome da cor azul do raio láser ("blue ray" en inglés significa "raio azul"). A letra "e" da palabra orixinal "blue" foi eliminada debido a que, nalgúns países, non se pode rexistrar como un nome comercial unha palabra común. Este raio azul mostra unha lonxitude de onda curta de 405 nm e, xunto con outras técnicas, permite almacenar substancialmente máis datos que un DVD ou un CD. Blu-ray e HD-DVD comparten as mesmas dimensións e aspecto externo. Blu-ray foi desenvolvido en común por un grupo de compañías tecnolóxicas chamado Asociación de Disco Blu-ray (BDA en inglés), liderado por Sony (e pola Playstation 3), e Philips.
O Blu-ray é elaborado pola Blu-ray Disc Association ou BDA (Asociación de Discos Blu-Ray), presidida polas seguintes empresas (por orde alfabética): 20th Century Fox, Apple Computer Inc., Buena Vista Home Entertainment, Dell Inc., Hewlett-Packard Company, Hitachi LTD., LG Electronics Inc., Matsushita Electric Industrial Co. Ltd. (Panasonic), Mitsubishi Electric Corporation, Pioneer Corporation, Royal Philips Electronics, Samsung Electronics Co. Ltd., Sharp Corporation, Sony Corporation, TDK Corporation, Thomson e Warner Home Video.
Espérase que este formato sexa lanzado ó mercado o día 23 de maio de 2006.
Capacidade de almacenaxe e velocidade
[editar | editar a fonte]Unha capa de disco Blu-ray pode conter ó redor de 25 GB ou cerca de 6 horas de vídeo de alta definición, máis son, e o disco de dobre capa pode conter aproximadamente 50 GB. A velocidade de transferencia de datos é de 36 Mbit/s (54 Mbit/s para BD-ROM), pero prototipos a 2x de velocidade con 72 Mbit/s de velocidade de transferencia están en desenvolvementoo. O BD-RE (formato reescribible) estándar xa está dispoñible, así como os formatos BD-R (gravable) e o BD-ROM, como parte da versión 2.0 das especificacións do Blu-ray. O 19 de maio de 2005, TDK anunciou un prototipo de disco Blu-ray de catro capas de 100 GB. Outros discos Blu-ray con capacidades de 200 GB (oito capas) están tamén en desenvolvemento.
O disco Blu-Ray pode soportar ata 25GB de espazo a modo de capa simple. En modo de capa dobre, este espazo duplícase. Tales capacidades permitirán almacenar vídeo en alta definición (5 horas nun disco dunha capa ou "single-layered"). Soporta os formatos de compresión MPEG-2, MPEG-4 e VC-1.
Tecnoloxía
[editar | editar a fonte]O tamaño do "punto" mínimo no que un láser pode ser enfocado está limitado pola difracción, e depende da lonxitude de onda do feixe de luz e da apertura numérica da lente utilizada para enfocalo. No caso do láser azul-violeta utilizado nos discos Blu-ray, a lonxitude de onda é menor que respecto a tecnoloxías anteriores, aumentando polo tanto a apertura numérica (0.85, comparado con 0.6 para DVD). Con isto, e grazas a un sistema de lentes duais e a unha cuberta protectora máis delgada, o raio láser pódese enfocar de forma moito máis precisa na superficie do disco. Dito doutra forma, os puntos de información lexibles no disco son moito máis pequenos e, polo tanto, o mesmo espazo pode conter moita máis información. Por último, ademais das melloras na tecnoloxía óptica, os discos Blu-ray incorporan un sistema mellorado de codificación de datos que permite empaquetar aínda máis información.
Outra característica importante dos discos Blu-ray é a súa resistencia ás raiaduras e á sucidade debido a súa morfoloxía. Os discos teñen unha capa de substrato, baixo o nome comercial de Durabis, de 1,1 mm por unha cara e 1 mm pola outra, para permitir a creación de máis capas de datos e o uso dunha soa cara. Inicialmente, pensouse en crealos como cartuchos, semellantes a disquetes de ordenador, pero desbotouse a idea cando TDK descubriu un substrato que permitía evitar as raias así como facilitar a lectura con elas (aínda que agora serían moitísimo menos frecuentes) ou con sucidade. Isto provéeos dunha característica novidosa que ha ser moi agradecida polos usuarios, fartos en moitos casos de CD e DVD raiados, e supón unha vantaxe adicional fronte ó formato competidor HD-DVD.
Os discos BD veñen en diferentes formatos:
- BD-ROM: Un disco que é de só lectura .
- BD-R: Disco gravable.
- BD-RE: Disco regravable.
Diferenzas entre o Blu-ray Disc, o HD DVD e o DVD
[editar | editar a fonte]Blu-ray Disc | HD DVD | DVD | |
---|---|---|---|
Capacidade | 23.3/25/27GB(Capa sinxela) - 46.6/50/54GB(Capa Dobre) | 15GB (Capa sinxela) 30GB - (Dobre capa) | 4.7GB (Capa sinxela) 8.5GB (Dobre capa) |
Lonxitude de Onda do Raio Láser | 405 nm | 405 nm | 650nm |
Taxa de Transferencia | 54.0Mbps | 36.55Mbps | 11.1Mbps |
Formatos Soportados | MPEG-2, MPEG-4 AVC, VC-1 | MPEG-2, VC-1 (Baseado en WMV),H.264/MPEG-4 AVC | |
Resistencia a raiaduras e sucidades | Si | Non | Non |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- Gravación multinivel
- HD-DVD, a principal alternativa a este formato.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Authoritative Blu-ray Disc (BD) FAQ Arquivado 29 de xuño de 2012 en Archive.is by Hugh Bennett
- Asociación do Disco Blu-ray Arquivado 10 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine.
- Artigo de CDfreaks sobre HD DVD contra Blu-ray Arquivado 26 de abril de 2006 en Wayback Machine. - Artigo independente sobre HD DVD contra Blu-ray
- Blu-ray para PlayStation 3 Arquivado 12 de febreiro de 2006 en Wayback Machine.
- Artigo que fala sobre o engagdido de marca de auga nos discos Blu-ray
- Artigo sobre Blu-ray en Ars Technica - Informe sobre as características de seguridade de Blu-ray como vantaxes potenciais sobre HD DVD