Saltar ao contido

Belmopán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBelmopán
Belmopan (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

EpónimoRio Belize (pt) Traducir e Rio Mopan (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 17°15′00″N 88°46′03″O / 17.25, -88.7675
EstadoBelize
DistritoDistrito de Cayo Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación17.222 (2013) Editar o valor en Wikidata (525,38 hab./km²)
Xeografía
Superficie32.780.000 m² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRio Belize (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude76 m Editar o valor en Wikidata
Creación1 de agosto de 1970 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoSimeon López (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Prefixo telefónico8 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Taipei (2019–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webbelmopancityonline.com Editar o valor en Wikidata

Belmopán (oficialmente en inglés Belmopan), é a capital do país centroamericano de Belize. Cunha poboación estimada de 14 590 habitantes en 2006, é unha das capitais de estado máis pequenas do mundo.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O nome da cidade é un acrónimo dos ríos Belize e o seu afluente o Mopán, que practicamente se unen ao pé da capital.

Belmopán foi edificada logo de que Belize City, situada na costa caribeña, fose destruída de feito por un Ciclón tropical en 1961. En 1962 elixiuse a localización da nova cidade nun planalto próximo ao val do río Belize, a unha altitude de só 76 metros, a 82 km cara ao interior da antiga capital. Para a elección do lugar tívose en conta que estivese ao abrigo de furacáns e que as temperaturas eran máis suaves que no litoral.

O goberno foi desprazado para Belmopán en 1970, mais, nos primeiros tempos, a poboación de Belize City non o seguiu, pois a creación da nova cidade ex nihilo pareceu utópica. Felizmente, numerosos países decidiron colocar a súa embaixada en Belmopán, o que animou un tanto a vida da pequena cidade[1]. Hoxe en día, hai instaladas en Belmopán arredor de 200 empresas, feito facilitado pola creación dunha zona industrial de máis de 80 ha, a fin de atraer poboación.

Sitios a ver

[editar | editar a fonte]

Tendo en conta o pequeno tamaño e a pouca idade de Belmopán, a cidade non posúe un verdadeiro patrimonio arquitectónico e cultural. Pódese salientar o edificio da Asemblea Nacional inspirado en templos maias. Téntase atraer o turismo creando vastos espazos verdes.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  1. Guide Lonely Planet Guatemala et Belize, 1998