Arquitas de Tarento
Nome orixinal | (grc) Ἀρχύτας ὁ Ταραντίνος |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (grc) Ἀρχύτας c. 430 a. C. Taranto, Italia (pt) |
Morte | c. 345 a. C. (84/85 anos) Taranto, Italia (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Matemáticas e música |
Ocupación | matemático, musicólogo, enxeñeiro, filósofo, físico, político |
Período de actividade | (Con vida en: século IV a. C. ) |
Movemento | Pitagóricos e Presocráticos |
Profesores | Filolao |
Alumnos | Eudoxo de Cnido |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Arquitas de Tarento (en grego antigo: Ἀρχύτας ὁ Ταραντίνος), nado en Tarento arredor de 430 a. C. e finado en 360 a. C. foi un filósofo, matemático, astrónomo, estadista e xeneral contemporáneo de Platón.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Arquitas naceu en Tarento (Magna Grecia, hoxe Italia) entre os anos 435 e 410 a. C. Fillo de Hestieo, segundo Aristóxenes, ou de Mneságoras, segundo Dióxenes Laercio.[1] Foi comandante en tres guerras, e strategos de Tarento durante sete anos, o que indica o seu prestixio social xa que a lei prohibía a reelección máis dun ano. Conduciu unha reforma política en Tarento mediante a que chegou a ser a cidade máis rica e poboada da Magna Grecia. A través da construción de memoriais, templos e outros edificios deulle lustre á cidade. Axudou a dar novos impulsos ao comercio ao buscar asociacións con Istria, Grecia e África.
Arquitas de Tarento pertenceu aos Pitagóricos, alumno da escola de Filolao. Foi amigo de Platón, ao que coñeceu durante a primeira viaxe que este realizou ao sur de Italia e a Sicilia en 388 e 387 a. C., tras a morte de Sócrates. Na súa Carta Sétima, Platón asegura que Arquitas tratou de rescatalo nas súas dificultades con Dionisio II de Siracusa mediante unha carta de recomendación e enviando un barco a Sicilia en 361 a. C. Para algúns autores foi o mestre pitagórico de Platón e para outros o seu discípulo.
Ensinou matemáticas a Eudoxo de Cnido, sendo á súa vez mestre de Menecmo.[2] Foi a primeira persoa en lograr unha boa aproximación ao problema da duplicación do cubo, e un dos primeiros que, tras Pitágoras, traballou no coñecemento conxunto da Aritmética, Xeometría, Astronomía e Música, o Cuadrivio, así como da Acústica, acoutando as matemáticas a disciplinas técnicas, coas cales se cre inventou a polea, o parafuso e unha especie de mecanismo articulado con ás, similar a un paxaro, ao que logrou facer voar preto de 300 metros grazas ao impulso dun núcleo de vapor comprimido. Segundo Aristóteles foi o inventor do axóuxere.[3] Outros tamén aseguran a súa influencia directa sobre Euclides.
Segundo conta Horacio nunha das súas odas, Arquitas faleceu nun naufraxio nas costas de Puglia entre os anos 360 e 350 a. C. Horacio escribiu que o seu corpo permaneceu sen sepultura na beira ata que un navegante botou area encima, pois doutra forma vagaría neste lado da lagoa Estixia durante cen anos.
Cráter na lúa
[editar | editar a fonte]O cráter Archytas da Lúa foi nomeado na súa honra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «Archytas (Stanford Encyclopedia of Philosophy)» (en inglés). 25 de xullo de 2007
- ↑ Ruiz, Ángel (2002). "3". Historia y filosofía de las Matémáticas (en castelán). San Xosé: EUNED. ISBN 978-9968-31-287-5.
- ↑ Política V 6 (1340b)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arquitas de Tarento |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dióxenes Laercio: Vidas, opinións e sentenzas dos filósofos máis ilustres; VIII, 79 - 83: Arquitas.
- Arquitas: fragmentos e testemuños, con tradución e prólogo de Claudio R. Varela.
- Texto bilingüe castelán - grego; documento de Word, en Internet Archive, que require o tipo de letra Palatino Lynotype.
- Varela, Claudio R. (2012). "Arquitas de Tarento. Fragmentos y Testimonios" (PDF). Hybris: revista de filosofía 3 (2): 76–100. ISSN 0718-8382. Texto castelán - grego.
- Fragmentos da obra de Arquitas.
- Hermann Alexander Diels: Fragmentos dos presocráticos (Die Fragmente der Vorsokratiker). A primeira edición fíxose en 1903 en Berlín, e foi dirixida polo propio Diels. A partir da 5ª, substituiría a Diels Walther Kranz.
- FARAH CALDERÓN, Walter: Entre a mentira e a verdade pitagórica: o caso de Arquitas de Tarento.