Antonio Fernández Angueira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de xullo de 1975 (49 anos) A Ponte, España |
Alcalde de Padrón | |
2011 – 2023 ← Camilo Forján Seoane – Anxo Rey Arca → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Padrón |
Ocupación | avogado, político |
Partido político | Partido Popular |
Membro de |
Antonio Fernández Angueira, nado na Ponte (Iria Flavia, Padrón) o 4 de xullo de 1975, é un avogado e político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Avogado de profesión, especializado en Dereito tributario e financeiro, abriu o seu primeiro despacho no Milladoiro en 2003, e posteriormente outros bufetes con outros socios en Padrón e A Estrada. Nas eleccións municipais de 2007 foi candidato na lista do PPdeG de Padrón encabezada por Jesús Villamor Calvo e foi elixido concelleiro, sendo o portavoz na oposición. Nas municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde como cabeza da lista máis votada. En xuño de 2012 estableceu un pacto de goberno cos concelleiros do Partido Galeguista, ata que estes racharon o pacto en marzo de 2014, polo que volveu gobernar en minoría. Nas eleccións municipais de 2015 volveu ser elixido alcalde como cabeza da lista máis votada e gobernou en minoría ata marzo de 2017, cando volveu establecer un pacto de goberno cos concelleiros do Partido Galeguista.
En decembro de 2017 os membros do PG inetgráronse no PPdeG[1], polo que concurriron xuntos baixo as siglas populares nas municipais de 2019 e volveu a acadar a alcaldía[2], nesta ocasión con maioría absoluta. Nas municipais de 2023 foi derrotado polo PSdeG e perdeu a alcaldía en favor do candidato socialista Anxo Arca.
Predecesor: Camilo Forján Seoane |
Alcalde de Padrón 2011 - 2023 |
Sucesor: Anxo Arca |