Década de 1980
Aparencia
(Redirección desde «Anos 80»)
Segundo milenio | |||||
Século XX | |||||
| |||||
|
A década de 1980 foi o período de tempo que transcorreu de 1 de xaneiro de 1980 ata 31 de decembro de 1989.
No mundo, foi unha época en que se atoparon grandes mudanzas en varios aspectos do cotián, na saúde, nas ciencias e na economía. No escenario económico, ocorreu unha exuberancia significativa, decorrente da circulación de riquezas ocorrida coa migración dalgunhas industrias para pequenos países asiáticos.
1980
- Artigo principal: 1980.
- Manifestacións masivas en Galicia contra o Estatuto do aldraxe imposto pola UCD de Madrid recortando o autogoberno do Estatuto dos dezaseis.
- 21 de decembro referendo que refrenda o Estatuto de Autonomía de Galicia cunha baixa participación do corpo electoral.
Arte e cultura
- 3 de maio, constitución da Asociación de Escritores en Lingua Galega en Santiago de Compostela.
- Cara a Times Square, novela en galego de Camilo Gonsar.
1981
- Artigo principal: 1981.
- 1 de xaneiro, Grecia ingresa na CE, converténdose no décimo membro desta organización.
- 2 de xaneiro, Peter Sutcliffe, o Destripador de Yorkshire, é arrestado.
- 21 de febreiro - Lanzamento do observatorio espacial Hinotori.
- 23 de febreiro, intento marrado de golpe de estado do tenente coronel Tejero en España, máis coñecido como o 23-F.
- 28 de abril publícase a Lei Orgánica 1/1981, do 6 de abril pola que se aproba o Estatuto de Autonomía para Galicia
- 1 de maio, morre a primeira vítima da intoxicación por aceite de colza desnaturalizado, a intoxicación alimentaria máis grave de tódolos tempos, con máis de 20 000 afectados.
- 16 de xullo - Mahathir bin Mohamad convértese en primeiro ministro de Malaisia.
- 1 de novembro - Proclámase a independencia de Antiga e Barbuda.
1982
- Artigo principal: 1982.
- 1 de xaneiro, Javier Pérez de Cuéllar asume o cargo de secretario xeral das Nacións Unidas.
- 4 de xaneiro, o periódico coruñés La Voz de Galicia cumpre cen anos.
- 11 de xaneiro, promulgación do Estatuto de Autonomía de Cantabria e de Asturias.
- 14 de marzo, en California (Estados Unidos), Metallica da o seu primeiro concerto.
- 14 de abril, nace La Voz de la Escuela, suplemento escolar semanal de La Voz de Galicia.
- 30 de maio, España convértese en membro número dezaseis da Organización do Atlántico Norte OTAN.
- 10 de agosto, aprobado o estatuto de autonomía das Illas Canarias.
1983
- Artigo principal: 1983.
- 1 de xaneiro - Historia de Internet: ARPANET deixa o protocolo NPC e adopta o TCP/IP.
- 4 de xaneiro, Vaga de atentados contra as posicións soviéticas en Cabul. 30 oficiais afgáns asasinados polos seus propios soldados.
- 22 de xaneiro - 1983 - España: No hospital de Bellvitge de Barcelona realízase o primeiro trasplante de fígado do país.
- 23 de xaneiro
- Emítese por primeira vez a serie de televisión The A Team.
- O tenista sueco Björn Borg, pentacampeón de Wimbledon, explica as razóns da súa retirada da alta competición.
- 24 de xaneiro - O tenista estadounidense John McEnroe vence ó checo Ivan Lendl e proclámase campión do (Tennis Masters Cup) de Nova York.
- 25 de xaneiro
- Xoán Paulo II promulga o novo Código de Dereito Canónico.
- Deteñen ó nazi Klaus Barbie, o "Carniceiro de Lión", en Bolivia.
- 2 de febreiro - Retómanse en Xenebra as negociacións soviético-estadounidenses START, referidas á redución do armamento estratéxico
- 3 de febreiro - O Papa Xoán Paulo II presenta o novo Código de dereito canónico.
- 6 de febreiro - Trasládase a Klaus Barbie ao forte de Montcluc (Francia), para ser xulgado como autor dos crimes cometidos por forzas alemás baixo o seu mando na segunda guerra mundial.
- 7 de febreiro:
- Realízase o primeiro transplante de páncreas en España.
- Irán leva a cabo unha grande ofensiva contra Iraq.
- Ábrense as portas do remodelado "Palacio de El Pardo" (Madrid), destinado no futuro á residencia de Xefes de Estado estranxeiros en visita a España.
- 13 de febreiro - Morren sesenta e catro xoves italianos no incendio dun cine en Turín.
- 14 de febreiro - Ariel Sharon dimite como Ministro de Defensa de Israel, acusado de instiga-la matanza nos campos de palestinos de Sabra e Chatila (Beirut).
- 16 de febreiro
- A poboación de Sagunto (Valencia) inicia unha folga xeral na defensa da continuidade dos Altos Fornos do Mediterráneo.
- Detidos en España os presuntos implicados na matanza de Boloña, que tivo lugar o 2 de agosto de 1980.
- 18 de febreiro
- Matanza de Wah Mee: Morren 13 persoas tiroteadas en Seattle, Estados Unidos.
- A dimisión de Landelino Lavilla como presidente de UCD prevese como indicio da fin dese partido.
- "Venres Negro" en Venezuela: Logo dun século de estabilidade económica, o Banco Central anuncia a desvalorización do bolívar venezolano, dando comezo a unha prolongada crise económica no país petroleiro.
- 20 de febreiro
- Sanguentos disturbios nas eleccións celebradas no estado federado de Assam (India).
- Lanzamento do observatorio espacial xaponés Tenma.
- 22 de febreiro
- Finaliza en Alxer a reunión do Consello Nacional Palestino, coa reelección de Iaser Arafat como presidente da OLP.
- José María Ruiz-Mateos declara nunha rolda de prensa que "Rumasa non precisa diñeiro do estado para subsistir".
- 23 de febreiro - Nacionalización de Rumasa por parte do goberno español de Felipe González.
- 24 de febreiro - O Goberno español aproba o proxecto de incompatibilidades para os altos cargos.
- 25 de febreiro - Apróbanse en España os Estatutos de Autonomía de Baleares,[1] Castela e León[2], Estremadura[3] e Madrid.[4]
- 28 de febreiro - Lánzase por primeira vez ao mercado o CD.
- 7 de marzo - Comézase a transmitir, en Estados Unidos a canle TNN, logo renomeada Spike TV.
- 8 de marzo - O presidente estadounidense Ronald Reagan chama á Unión Soviética "imperio do mal".
- 9 de marzo - A Canle 8 de Televisa cambia a súa orientación ao converterse en canle cultural. 2 anos máis tarde cambia a súa frecuencia á Canle 9.
- 22 de marzo - Nomeado presidente de Israel o laborista Haim Herzog.
- 23 de marzo - Ronald Reagan anuncia o Sistema Estratéxico de Defensa, coñecido como Guerra das Galaxias (Pola película Star Wars).
- 31 de marzo - Colombia - Un terremoto destrúe a cidade de Popayán.
- 18 de abril
- Bombardeo da embaixada estadounidense en Beirut , (Líbano).
- Comeza a transmisión de Disney Channel en Estados Unidos.
- 23 de abril- Si La Vie Est Cadeau, de Corinne Hermès, gaña por Luxemburgo a XXVIII Edición de Eurovisión celebrada en Múnic.
- 6 de maio - A revista alemá Stern publica os Diarios de Hitler. Máis tarde descubrirase que son falsificacións.
- 8 de maio - Eleccións municipais en España (2ª lexislatura).
- 9 de maio - O papa Xoán Paulo II retira a condena a Galileo Galilei.
- 25 de maio - Estrea do filme O regreso do Jedi nos Estados Unidos.
- 30 de maio - Fundación do Parlamento das Canarias
- 9 de xuño - Vitoria esmagadora do partido conservador de Margaret Thatcher nas eleccións británicas.
- 24 de xuño - Suicidio na Habana do expresidente cubano Osvaldo Dorticós
- 18 de agosto - O furacán Alicia golpea a costa de Texas, causando a morte de 22 persoas e cuantiosos danos materiais.
- 26 de agosto - Inundacións en Euskadi, Navarra e Burgos, causando 39 falecidos.
- 30 de agosto - Asasinato do intendente de Santiago de Chile, xeneral (R) Carol Urzúa, xunto cos seus dous escoltas. O atentado na súa contra reivindicouno o Movemento de Esquerda Revolucionaria.
- 1 de setembro - Cazas soviéticos derriban por erro a un avión comercial surcoreano con 269 pasaxeiros. (Ver Voo 007 de Korean Air)
- 10 de setembro - Inicio de emisións de "Televisió de Catalunya" (TV3)
- 23 de setembro - Na Arxentina, un operario comete un erro durante a reconfiguración dun panel de combustible, causando un accidente de criticidade, nun reactor experimental.
- 27 de setembro - Richard Stallman anuncia o desernrrolo do sistema operativo GNU.
- 3 de outubro - Xapón: entra en erupción o monte Oyama, destrúe 400 casas, incendia zona boscosa e unha lagoa.
- 5 de outubro - Descobremento do Asteroide 9007 James Bond
- 13 de outubro - O municipio murciano de Los Alcázares independízase dos municipios de San Javier e Torre Pacheco.
- 29 de outubro - Un terremoto en Turquía produce a morte de 1.330 persoas.
- 30 de outubro - Primeiras eleccións democráticas na Arxentina tras sete anos de ditadura militar.
- 15 de novembro - A parte turca de Chipre declárase independente.
- 17 de novembro:
- Fundación do Exército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN).
- O Presidente Luis Alberto Monge proclama a Neutralidade Perpetua, activa e non armada de Costa Rica. Que resultaría ser unha máscara política, ante os intereses geopolíticos estadounideses na area, polo ascenso do sandinismo en Nicaragua
- 27 de novembro: - Accidente aéreo en Madrid, dun avión Boeing 747 da aeroliña Avianca, que estaba a cubrir o voo Charles de Gaulle París - El Dorado Bogotá.
- 10 de decembro - Raúl Alfonsín asume a presidencia da Arxentina.
- 17 de decembro:
- 21 de decembro: - España gaña por 12 goles a 1 a Malta no estadio Benito Villamarín de Sevilla para a clasificación da Eurocopa de 1984.
- 31 de decembro:
- Brunei obtén a independencia do Reino Unido.
- Explosión de dúas bombas en Francia. Unha, nun tren de París, mata a 3 persoas e fere a outras 19. A outra, nunha estación de Marsella, mata a 2 e fere a 34.
1984
- Artigo principal: 1984.
- 1 de xaneiro: Independencia de Brunei.
- 1 de xaneiro: AT&T é dividida en 24 unidades independentes.
- 2 de xaneiro: Cinco barcos iraníes son atacados e destruídos pola Armada iraquí no Golfo Pérsico.
- 4 de xaneiro: Israel bombardea o Líbano causando máis de 100 mortos e 400 feridos na rexión de Baalbek.
- 5 de xaneiro: Richard Stallman comeza o proxecto GNU.
- 7 de xaneiro: Brunei convértese no sexto membro da Asociación de Nacións do Sueste Asiático (ASEAN).
- 10 de xaneiro: Os Estados Unidos e o Vaticano establecen completas relacións diplomáticas.
- 24 de xaneiro: Ponse á venda o primeiro Apple Macintosh.
- 13 de febreiro: Konstantin Chernenko sucede a Yuri Andropov como secretario xeral do Partido Comunista da URSS.
- 28 de xuño: Polémico e violento traslado a Galiza e enterramento dos restos de Castelao en San Domingos de Bonaval.
- 11 de xullo - Aprobouse a Lei de Creación da Compañía de Radio-Televisión de Galicia.[5]
- 12 de xullo: Nace Victoria Anna Sánchez Perea, resultado da primeira fecundación in vitro en España, no Instituto Universitario Dexeus de Barcelona[6].
- 19 de xullo: Data do derradeiro avistamento do barco pesqueiro galego Montrove no caladoiro canario-sahariano. Desapareceron 16 persoas.[7] A maioría dos tripulantes procedía do concello de Bueu.[8]
- 16 de agosto: Lanzamento do satélite científico AMPTE.
1985
- Artigo principal: 1985.
- Último achegamento do Cometa Halley preto da Terra.
- 11 de marzo: Mikhail Gorbachev é elixido presidente da Unión Soviética.
- 1 de xuño: inaugúrase a Casa das Ciencias, museo interactivo integrado dentro dos Museos Científicos Coruñeses [9].
- 12 de xullo: o Consello de Europa outorga a Santiago de Compostela o Premio Europa 1985 polo seu compromiso europeo.
- 24 de xullo: inaugúrase a TVG.
- 25 de xullo: comeza a emitir a TVG.
- 26 de novembro: Rodolfo Neri Vela convértese no primeiro astronauta mexicano.
- 4 de decembro: a UNESCO declara Santiago de Compostela Patrimonio da Humanidade.
1986
- Artigo principal: 1986.
- 1 de xaneiro - Ingreso de España e Portugal na CEE.
- 1 de xaneiro - Entrada en vigor do IVE en España.
- 2 de xaneiro - O Goberno italiano autoriza a construción dunha ponte entre Sicilia e a península, a traverso do Estreito de Messina.
- 28 de xaneiro - O transbordador espacial Challenger explota despois de engalar do Centro Espacial Kennedy, Florida, matando os seus 7 tripulantes.
- 12 de marzo - Celébrase unha consulta por Referendo pola permanencia de España na OTAN, obtendo os seguintes resultados: votos a favor 52,49 %, votos en contra 39,87 %, votos en branco 6,53 % e nulos 1,11 % dos votos emitidos.
- 26 de abril: na central nuclear de Chernóbil, Ucraína, prodúcese a maior catástrofe nuclear da historia. Á 01:23 a. m. no reactor número 4 prodúcese unha explosión por mor dunha proba de seguridade, realizada de forma incorrecta sumada á inseguridade dos reactores RBMK, ceibando toneladas de combustíbel nuclear á atmosfera, polo que en días posteriores debeuse evacuar aos habitantes da cidade de Pripyat e os seus arredores. Naquel entón, Ucraína era parte da Unión Soviética.
- 26 de abril: en Suacilandia é coroado rei Mswati III.
1987
- Artigo principal: 1987.
- 13 de abril - Portugal e a República Popular da China asinan un acordo para a devolución de Macau en 1999.
- 11 de maio - Primeiro transplante de corazón e pulmón, en Baltimore, Maryland, Estados Unidos.
- 4 de xullo - Unha corte en Lión sentenza ao nazi Klaus Barbie á prisión perpetua.
- 23 de outubro - O Consello de Europa declara Primeiro Itinerario Cultural Europeo ó Camiño de Santiago.
- 5 de decembro - O cargueiro Cason, con 1.100 toneladas de produtos tóxicos, sofre un accidente nas costas de Fisterra.
- 8 de decembro - Conflito Israel-Palestina: comeza a primeira Intifada na Cisxordania e na Franxa de Gaza.
- 20 de decembro - O buque Doña Paz afúndese após chocar contra un petroleiro, ocasionando 4.341 vítimas mortais, facendo desta traxedia a maior catástrofe marítima en tempo de paz.
1988
- Artigo principal: 1988.
- Chano Piñeiro inicia a rodaxe da longametraxe galega Sempre Xonxa.
- Acordo entre Irán e Iraq para o intercambio de prisioneiros e a retirada de tropas ás fronteiras existentes antes da guerra nun prazo máximo de 15 días.
- Augusto Pinochet é derrotado no plebiscito celebrado en Chile e perde o poder que ostentaba dende o seu golpe de Estado de 1973.
- Aterraxe do transbordador espacial norteamericano "Discovery" na base aérea de Edwards (deserto de Mojave), culminando con éxito a primeira misión da NASA dende o fatal accidente do Challenger no 1986.
- Fúndase Galiza Nova, organización das mocidades do BNG.
- 29 de febreiro - Un documento nazi implica a Kurt Waldheim, exsecretario xeral das Nacións Unidas, en deportacións durante a segunda guerra mundial.
- 10 de marzo - Presentación pública da Frente Popular Galega.
- 12 de marzo - Aparece Diario de Galicia.
- 17 de marzo - Un Boeing 727 colombiano da compañía Avianca colide co montañas na fronteira coa Venezuela, matando 143 persoas.
- 17 a 20 de marzo - Guerra de Independencia de Eritrea: A Fronte de Libertación Popular da Eritrea derrota o exército etíope e entra na cidade de Afabet.
- 30 de abril - Abertura da Expo'88 en Brisbane, Queensland, Australia.
- 28 de maio - Constitúese en Melide a Asociación de Gaiteiros Galegos. Ocupa a presidencia Ricardo Portela.[10]
- 20 de agosto - Final da Guerra Irán-Iraq: estimase en 1 millón a soma dos mortos dos dous bandos.
1989
- Artigo principal: 1989.
- 1 de xaneiro - Entra en vigor o Protocolo de Montreal, ratificado por 29 países e a CE, para protexer a capa de ozono.
- 1 de xaneiro - Israel deporta 15 palestinos dos territorios ocupados cara ao sur do Líbano acusados de participar na revolta palestina.
- 20 de xaneiro - Toma de posesión de George Herbert Walker Bush como 41º presidente dos Estados Unidos.
- 4 de xuño - República Popular da China, masacre na praza de Tiananmen, en Pequín.
- 9 de novembro - A República Democrática Alemá (RDA) decide a apertura das súas fronteiras a Occidente. Cae o muro de Berlín.
- 25 de novembro - Estréase o filme Sempre Xonxa, fito da cinematografía en galego.
- 17 de decembro - Nas eleccións autonómicas, o Partido Popular de Galicia consegue a maioría absoluta, e o seu candidato Manuel Fraga Iribarne convértese en presidente da Xunta de Galicia, cargo que desempeñaría durante 16 anos.
- ↑ BOE (en castelán).
- ↑ BOE (en castelán).
- ↑ BOE (en castelán).
- ↑ BOE (en castelán).
- ↑ "Texto da creación da CRTVG (PDF)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de outubro de 2010. Consultado o 29 de xuño de 2021.
- ↑ Oriol Fernández (9 de xullo de 2009). "La primera niña probeta cumple 25 años". ElMundo (en español). Consultado o 29 de xuño de 2021.
- ↑ Antonio Cendan (7 de octubro de 2010). "La enigmática desaparición del pesquero gallego “Montrove”" (en español). Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2021. Consultado o 29 de xuño de 2021.
- ↑ Lola Galán (20 de xaneiro 1985). "La desaparición de un pesquero como todos los demás". ElPais (en español). Consultado o 29 de xullo de 2021.
- ↑ Calendario 2014 MUNCYT.
- ↑ "25 anos da Asociación de Gaiteiros Galegos". Aturuxo (14). 01/2015.